Servizo de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo (CGD) do CHUP

PRESENTACIÓN DO SERVIZO

O Servizo de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo (CGD) do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) traballa en estreita colaboración con outros servizos médicos e outros profesionais sanitarios da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés. A coordinación co persoal de enfermería e outros profesionais do hospital é esencial para o bo funcionamento do bloque cirúrxico, as consultas e a planta de hospitalización.

O núcleo central do Servizo de Cirurxía constitúeno os facultativos especialistas do servizo e o persoal de enfermería. A este núcleo engádense e intégranse periodicamente os médicos internos residentes (MIR) asignados segundo o organigrama de rotacións e sobre el articúlanse os distintos elos do circuíto asistencial do servizo.

O Servizo de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra ten como FINALIDADE achegarlle á poboación da súa cobertura unha asistencia hospitalaria e ambulatoria, especializada, integral, personalizada e de calidade na área de especialización que o compete.

A súa MISIÓN é prestar asistencia sanitaria global (consultas externas, urxencias, hospitalización e cirurxía maior ambulatoria) á poboación da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés con patoloxía cirúrxica da especialidade, incluída na carteira de servizos correspondente á especialidade de CGD nun hospital de nivel 2, así como a colaboración con atención primaria e outros servizos de atención especializada.

A asistencia nos seus aspectos diagnósticos, terapéuticos e de coidados ha de prestarse coa máxima eficacia e seguridade para o paciente, efectividade na asistencia e eficiencia na xestión dos recursos. Debe cumprir criterios de equidade e calidade total (calidade asistencial e calidade percibida), considerando os intereses dos pacientes como unha prioridade e facendo partícipes os pacientes das decisións que afectan a súa saúde.

A docencia universitaria e de posgrao, así como a formación continuada posgraduada, serán tamén fundamentais na misión do Servizo de CGD, así como o desenvolvemento de investigación clínica no ámbito da cirurxía xeral e dixestiva.

A VISIÓN do Servizo de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo é a de constituírse como unidade excelente no campo da asistencia, segundo criterios de eficiencia e calidade total, satisfacendo as necesidades e expectativas dos pacientes da forma máis segura posible; no da investigación, mediante a contribución ao desenvolvemento da cirurxía, e no da docencia, a través da formación de especialistas de cirurxía cunha sólida preparación. A actividade dirixida aos resultados, debe ter como modelo os mellores servizos cirúrxicos prestados no mundo e como obxectivo conseguir pertencer ao devandito grupo de excelencia.

A mellora continua require un especial esforzo para facilitar a formación continuada dos integrantes do Servizo de CGD e o investimento en novas tecnoloxías máis eficientes, que permitan aumentar a seguridade dos pacientes cirúrxicos, mellorar os resultados das intervencións cirúrxicas, reducir a morbimortalidade postoperatoria e aumentar a satisfacción dos pacientes.


ORGANIGRAMA DO SERVIZO DE CGD

 


PROFESIONAIS DO SERVIZO

Responsable do servizo

Dr. Alberto Parajó Calvo

Xefe de Servizo

Persoal facultativo

Facultativos especialistas de área: 23

Médicos internos residentes: 5

Persoal de enfermería

Supervisoras: Elvira Martínez Torres, Remedios Palomares Vázquez

Enfermeiras:

Técnicos en coidados auxiliares de enfermería:


LOCALIZACIÓN E CONTACTO

Secretaría: Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Hospital Montecelo, 5.ª planta
Teléfono: 986 800 116 - 986 800 054

Servizo CGD: cirurxia.pontevedra@sergas.es


CARTEIRA DE SERVIZOS

  • ACREDITACIÓN GETECCU Á UNIDADE DE CIRURXÍA COLOPROCTOLÓXICA DENTRO DA UNIDADE MULTIDISCIPLINARIA DE ENFERMIDADE INFLAMATORIA INTESTINAL DO CHUP
  • UNIDADE DE REFERENCIA NA APLICACIÓN DE CÉLULAS NAI EN FÍSTULAS DA ENFERMIDADE DE CROHN
Carteira de servizos do Servizo de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo. Diagnósticos CIE-10-ES

Cap. 01 CERTAS ENFERMIDADES INFECCIOSAS E PARASITARIAS (A00-B99)

  • A00-A09 Enfermidades infecciosas intestinais
  • B90-B94 Secuelas de enfermidades infecciosas e parasitarias

Cap. 02 NEOPLASIAS (C00-D49)

  • C15-C26 Neoplasias malignas de órganos dixestivos
  • C43-C44 Melanoma e outras neoplasias malignas de pel
  • C45-C49 Neoplasias malignas de tecidos mesoteliales e tecidos brandos
  • C50 Neoplasias malignas de mama
  • C73-C75 Neoplasias malignas de tiroides e outras glándulas endócrinas
  • C7A Tumores neuroendócrinos malignos
  • C7B Tumores neuroendócrinos secundarios
  • C76-C80 Neoplasias malignas de localizacións mal definidas, outras localizacións secundarias e localizacións non especificadas
  • C81-C96 Neoplasias malignas de tecido linfoide, hemopoiético e relacionados
  • D00-D09 Neoplasias in situ
  • D10-D36 Neoplasias benignas, excepto tumores benignos neuroendócrinos
  • D3A Tumores benignos neuroendócrinos

Cap. 04 ENFERMIDADES ENDÓCRINAS, NUTRICIONAIS E METABÓLICAS (E00-E89)

  • E00-E07 Trastornos de glándula tiroides
  • E20-E35 Trastornos doutras glándulas endócrinas
  • E36 Complicacións intraoperatorias do sistema endócrino
  • E65-E68 Sobrepeso, obesidade e outros tipos de hiperalimentación
  • E89 Complicacións e trastornos endócrinos e metabólicos posprocedemento non clasificados baixo outro concepto

Cap. 10 ENFERMIDADES DO APARELLO RESPIRATORIO (J00-J99)

  • J90 Derrame pleural, non clasificable baixo outro concepto
  • J91 Derrame pleural en afeccións clasificables baixo outro concepto
  • J93 Pneumotórax e escape de aire

Cap. 11 ENFERMIDADES DO APARELLO DIXESTIVO

  • K00-K14 Enfermidades da cavidade oral e glándulas salivais
  • K20-K31 Enfermidades do esófago, estómago e duodeno
  • K35-K38 Enfermidades do apéndice
  • K40-K46 Hernia
  • K50-K52 Enterites e colites non infecciosas
  • K55-K64 Outras enfermidades dos intestinos
  • K65-K68 Enfermidades do peritoneo e retroperitoneo
  • K70-K77 Enfermidades do fígado
  • K80-K87 Enfermidades da vesícula biliar, vías biliares e páncreas
  • K90-K95 Outras enfermidades do aparello dixestivo

Cap. 12 ENFERMIDADES DA PEL E DO TECIDO SUBCUTÁNEO (L00-L99)

  • L00-L08 Infeccións da pel e do tecido subcutáneo
  • L60-L75 Trastornos dos anexos cutáneos
  • L76 Complicacións intraoperatorias e posprocedemento da pel e do tecido subcutáneo
  • L80-L99 Outros trastornos da pel e do tecido subcutáneo

Cap. 13 ENFERMIDADES DO APARELLO MUSCULOESQUELÉTICO E DO TECIDO CONECTIVO (M00-M99)

  • M60-M79 Trastornos de partes brandas
  • M60-M63 Trastornos dos músculos
  • M70-M79 Outros trastornos de partes brandas
  • M95 Outros trastornos musculoesqueléticos e do tecido conectivo
  • M96 Complicacións e trastornos intraoperatorios e posprocedemento do aparello musculoesquelético non clasificados baixo outro concepto

Cap. 14 ENFERMIDADES DO APARELLO XENITOURINARIO (N00-N99)

  • N60-N65 Trastornos da mama
  • N99 Complicacións e trastornos intraoperatorios e posprocedemento de aparello xenitourinario non clasificados baixo outro concepto

Cap. 18 SÍNTOMAS, SIGNOS E RESULTADOS ANORMAIS DE PROBAS COMPLEMENTARIAS NON CLASIFICADOS BAIXO OUTRO CONCEPTO (R00-R99)

  • R10-R19 Síntomas e signos que afectan ao aparello dixestivo e ao abdome (R10-R19)
  • R20-R23 Síntomas e signos que afectan á pel e ao tecido celular subcutáneo (R20-R23)
  • R50-R69 Síntomas e signos xerais (R50-R69)

Cap. 19 LESIÓNS TRAUMÁTICAS, ENVELENAMENTOS E OUTRAS CONSECUENCIAS DE CAUSAS EXTERNAS (S00-T88)

  • S10-S19 Traumatismos no pescozo
  • S20-S29 Traumatismos no tórax
  • S30-S39 Traumatismos no abdome, na parte inferior das costas, na columna lumbar, na pelve e nos xenitais externos
  • T07 Traumatismos que afectan a múltiples rexións corporais
  • T14 Traumatismo de rexión anatómica non especificada
  • T15-T19 Efectos de corpo estraño que penetra a través de orificio natural
  • T20-T32 Queimaduras e corrosións
  • T20-T25 Queimaduras e corrosións da superficie externa do corpo, especificadas por localización
  • T33-T34 Conxelación
  • T79 Certas complicacións precoces de traumatismos
  • T80-T88 Complicacións de atención cirúrxica e médica non clasificadas baixo outro concepto
Carteira de servizos do Servizo de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo. Procedementos CIE-10-ES.
  • 0 Médico-cirúrxica
  • 07 Sistemas linfático e hemático
  • 07T Resección
  • 0D Sistema gastrointestinal
  • 0F Sistema hepatobiliar e páncreas
  • 0G Sistema endócrino
  • 0H Pel e mama
  • 0J Tecido subcutáneo e fascia
  • 0K Músculos
  • 8 Outros procedementos
  • X Nova tecnoloxía

ACTIVIDADE CIENTÍFICA

DOCENCIA E FORMACIÓN CONTINUADA

Os membros do Servizo de CGD realizaron cursos universitarios-másters e asistiron a diferentes cursos e congresos nacionais e internacionais de cirurxía xeral e do aparello dixestivo e das súas áreas de especialización. Están detalladas nas memorias específicas de cada unidade.

Ademais, é moi destacable a docencia impartida polo propio servizo e coa participación dos propios membros do Staff do servizo como profesores en distintas actividades de formación continuada e innovación, a que asistiron outros facultativos do propio servizo ou doutros hospitais do resto de Galicia, España e Portugal, segundo os cursos:

  • XORNADA DE CIRURXÍA COLOPROCTOLÓXICA EN DIRECTO: FÍSTULA PERIANAL. 28 de marzo 2019. Hospital Montecelo.
  • CURSO DE CIRURXÍA TRANSANAL MINIMAMENTE INVASIVA: TaTME e TAMIS. 25 e 26 abril 2019. Hospital Montecelo.
  • CURSO MET INCONTINENCIA ANAL-PATOLOXÍA SOLO PÉLVICO. 25 e 26 xuño 2019. Sede Hospital Montecelo.
  • XX CURSO DE PROCTOLOGÍA para residentes de 3.º e 4.º ano, da ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE CIRUJANOS. Do 3 ao 5 de xuño de 2019.
  • CURSO DE SUTURAS EN CIRURXÍA LAPAROSCÓPICA: constou de tres actividades docentes teórico-prácticas:
    • 30 XANEIRO 2019: Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (aulas 1 e 3 da Unidade de Docencia). Curso experimental con modelos sintéticos e veterinarios.
    • 27 OUTUBRO 2019: Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (aulas 1 e 3 da Unidade de Docencia). Curso experimental con modelos sintéticos e veterinarios.
    • 28 NOVEMBRO 2019: Centro Tecnolóxico de Formación (CTF). A Coruña. Cirurxía experimental en modelo porcino.
PARTICIPACIÓN EN CONGRESOS E REUNIÓNS CIENTÍFICAS
  • XIII SPCMIN Virtual Congress, 23-24 October 2020.
  • AECP AO VIVO. Xornadas de Outono da AECP. 29 setembro-1 outubro 2020. Autor: Dr. Parajó.
  • SPRING COLORRECTAL MEETING. Braga:
    Evaluation of the Nutricional Status of patients submitted to colorrectal cancer surgery. Autora: Dra. Barreiro.
    Anastomose coloanal manual (vídeo). Autor: Dr. Parajó.
  • WINTER COLORRECTAL MEETING. Braga:
    Acute diverticulitis: Surgery in stage IV. Autor: Dr. Parajó.
  • AEC. Sección de Coloproctología. Sesión Virtual 1: ProctoloGía 1. 28-5 2020. Autor: Dr. Parajó.
  • XXIII REUNIÓN NACIONAL DE LA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE COLOPROCTOLOGÍA. Valladolid:
    Dirección do Curso de Coloproctoloxía en Atención Primaria da AECP e relatorio 'Dolor anal'. Autor: Dr. Parajó.
    Tratamiento de las fístulas recto-uretrales e recto-vaginales. Autor: Dr. Parajó.
    Evaluation del estado nutricional de los pacientes sometidos a cirurgía colorrectal. Autora: Dra. Barreiro.
    Derivación de pacientes desde atención primaria a las unidades de coloproctología de Galicia: características clínicas y correlación diagnóstica. Autores: Dra. Vázquez, Dr. Parajó.
  • XXVII JORNADAS INTERNACIONALES DE COLOPROCTOLOGÍA. Baiona:
    Moderación de mesa e relatorio 'Colpo-rectosacropexia ventral laparoscópica'. Autor: Dr. Parajó.
  • IX CURSO DE ACTUALIZACIÓN EN CIRURGÍA DE COLON Y RECTO. Santander:
    Fístula recto-vaginal e rectouretral: abordaje endovaginal y endoanal e interposición de Permacol. Autor: Dr. Parajó.
    Colpo-rectosacropexia ventral laparoscópica. Autor: Dr. Parajó.
  • VIII JORNADA PROVINCIAL DE CROHN Y COLITIS ULCEROSA PARA PACIENTES, CUIDADORES Y PROFESIONALES:
    La cirurxga en la EII. Autora: Dra. Barreiro.
  • LXIII REUNIÓN DE LA SOCIGA:
    TATME, ¿cuál es la evidencia? Autor: Dr. Seoane.
    Preservación esfinteriana: ¿Cómo y cuáles son los límites? Autor: Dr. Parajó.
    Importancia de la anemia ferropénica y del soporte nutricional perioperatorio en la rehabilitación multimodal. Autora: Dra. Carrera.
  • REUNIÓN ÁREA SANITARIA DE LUGO, CERVO E MONFORTE: MANEXO DO CANCRO COLO-RECTAL:
    Conferencia: Cáncer de recto: pasado, presente y futuro. Autor: Dr. Parajó.
  • CURSO DE ACTUALIZACIÓN EN CIRURXÍA ESOFAGOGÁSTRICA (CHUAC, xuño 2019). Codirectora/profesora: Dra. Eshter Mariño Padín.
  • XXXIII JORNADAS DE ACTUALIZACIÓN EN CIRURGÍA (Sevilla, febreiro 2019). Moderadora: Dra. Esther Mariño Padín.
  • REUNIÓN NACIONAL DE LA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE CIRUJANOS. (Santander, novembro 2019). Moderadora: Dra. Esther Mariño Padín.
  • XXI CONGRESO SECO (Madrid, abril 2019). Moderadora: Dra. Esther Mariño Padín.
PUBLICACIÓNS
  • Impacto de la terapia con inmunonutrición oral perioperatoria en pacientes sometidos a cirurgía por cáncer colorrectal.
    Autor: Barreiro E.
    Revista Nutrición Hospitalaria 2019; 36: 999-1234.
  • Bypass gástrico con preservación de Nissen laparoscópico, una opción para pacientes con obesidad mórbida intervenidos previamente de reflujo gastroesofágico.
    Autores: García-Val T, Brox A, Mariño E, Vázquez I, Pérez-Corbal L, Parajó A.
    Bariátrica & Metabólica Ibero-Americana (2020) 10.1.11: 2761-2763.
  • President's Report of the Spanish Society of Coloproctology (AECP). Autores: da Portilla F, Parajó A, Jiménez-Rodríguez R, García-Armengol J.
    Colorrectal Dis 2020;22(5):486-487.
  • Manual GGCP de proctología para atención primaria. ISBN 978-84-09-12526-5.
    Dr. Parajó: editor e autor do capítulo "Abscesos y fístulas perianales".
    Dr. Seoane: autor do capítulo "Hemorragia dixestiva baja".
PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN

O Servizo de CGD participa nos seguintes proxectos de investigación:

  • Programa Nacional POWER AUDIT (Postoperative Outcomes Within an Enhanced Recovery After Surgery protocol).
  • Estudo multicéntrico: Rexistro Nacional de Gastrectomía Vertical.
  • Estudo das lesións esofagogástricas en candidatos a cirurxía bariátrica.
  • Eficacia do protocolo de perda de peso preoperatorio en cirurxía bariátrica: influencia do balón intragástrico.
  • Estudo de custo-efectividade do screening de atelectasia na cirurxía abdominal.
  • Estudo custo-eficiencia da cirurxía bariátrica en España.
  • Estudo TIMES 'TIMing Evaluation of Stoma Closure'. Cierre precoz vs. tardío de estoma derivativo tras cirurgía de cáncer de recto. Ensaio clínico prospectivo, aleatorizado, multicéntrico.
  • Estudo ADMIRE-II, aplicación de células nai en fístulas perianales de enfermidade de Crohn.
  • Estudo sobre a implementación dos programas de recuperación intensificada en cirurxía (GERM).
PERTENZA A XUNTAS DIRECTIVAS DE SOCIEDADES CIENTÍFICAS
  • Secretaría xeral da Asociación Española de Coloproctología. Alberto Parajó.
  • Vogalía da Sociedade de Cirurxía de Galicia. Susana Diz.
  • Coordinador do Grupo Galego de Coloproctoloxía. Alberto Parajó.
  • Vogalía do Grupo Galego de Coloproctoloxía. Erica Barreiro e Alexandra Piñeiro.
  • Vogalía da Sociedad Española de Cirurgía de la Obesidad. Esther Mariño Padín.

LIGAZÓNS RELACIONADAS

Sociedade de Cirurxía de Galicia

Grupo Galego de Coloproctoloxía

Asociación Española de Cirurxiáns

Asociación Española de Coloproctoloxía

Sociedade Española de Obesidade

European Society of Coloproctology​​​​​​

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.