Fundación Biomédica Galicia Sur

OBXECTIVO

A Fundación Biomédica Galicia Sur ten por obxectivo impulsa-la investigación, a docencia e máis a formación, el desenvolvemento científico-tecnolóxico e máis a innovación no ámbito sanitario galego.


ÁREA DE ACCIÓN

A Fundación serve de apoio e máis de asesoramento para los profesionais e investigadores dos centros da Área Sanitaria de Vigo, da Área Sanitaria Pontevedra e do Salnés e máis da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, así como do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo.

Servizos:

  • Captación e xestión de axudas: O principal obxectivo da captación de fondos e xestión de axudas á investigación é ofrecer o apoio necesario ao persoal investigador da nosa área na identificación do financiamento ao que poden optar, así como na xestión posterior dos mesmos en todos as suas fases.
  • Estudios clínicos: Desde a Unidade de Xestión de Estudos Clínicos traballamos para facilitar a implementación destes estudos tanto para o promotor como para o equipo de investigación tratando de reducir os tempos de inicio e optimizar os tempos de execución.
  • Proxectos internacionais: A Oficina Internacional de Proxectos ten como obxectivo proporcionar información, asesoramento e asistencia aos investigadores da nosa zona.
    Queremos estimular e aumentar a participación de grupos de investigación en convocatorias internacionais co fin de apoiar a investigación de calidade, promover relacións internacionais e multisectoriales, ademais de contribuír ao financiamento e ao retorno económico.
  • Innovación e transferencia: A innovación sanitaria en Galicia ten como peza clave os nosos profesionais sanitarios e os nosos investigadores. Por iso, a Unidade de Innovación e Transferencia Tecnolóxica ten como misión principal apoiar a innovación e xeración de novas tecnoloxías dentro da nosa área.

SERVICIO DE APOIO METODOXÓGICO E ESTADÍSTICO

O Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, en colaboración coa Fundación Biomédica Galicia Sur, ofrece o Servizo de Apoio Metodolóxico e Estadístico necesario dirixido a todos os investigadores e grupos de investigación que o soliciten, en relación coa su tarea investigadora.

Apoio estadístico

Soporte estadístico completo en proxectos de investigación.

Servizos:

  • Cálculo do tamaño da mostra para os diferentes tipos de estudos: estudos de intervención (ensaios experimentais, clínicos) ou estudos de observación (cohortes, casos e controis ou estudos transversais).
  • Deseño das variables en estudo e deseño da base de datos.
  • Análise descritiva e preparatoria da análise univariante e bivariante.
  • Análise multivariante con técnicas de regresión: Regresión Lineal, Regresión Loxística, Curvas ROC; Regresión de Cox e análise de supervivencia.
  • Interpretación e discusión dos resultados.
Apoio metodolóxico

O obxectivo deste servizo é orientar o deseño de diferentes propostas de investigación, así como avaliar proxectos antes de envialos a axencias, organizacións e / ou empresas que financian actividades relacionadas coa investigación.

Servizos:

  • Asesoramento metodolóxico sobre o deseño e / ou elaboración de diferentes tipos de estudos, estudos experimentais (ensaios clínicos) ou estudos observacionais (cohortes, casos e controis, sección transversal ...).
  • Identificación de obxectivos e hipóteses de traballo na investigación biomédica.
  • Revisión e avaliación de proxectos e / ou artigos.
  • Asesoramento e revisión de proxectos de investigación para o envío a entidades financiadoras.

Contactos

Envíe por correo electrónico á secretaría técnica do IISGS a solicitude de asesoramento a secretaria@iisgaliciasur.es

Máis información: Teléfono: 986 816 080​.

Pontevedra.
Hospital Montecelo, Avda. Montecelo s/n, 36164 Pontevedra.
Página online: www.fundacionbiomedica.org

Pedro García Puig.
986 800 924.
pedro.garcia.puig@sergas.es

Marta Olivares Parada.
Teléfono: 986 800 949.
marta.olivares.parada@sergas.es

Enlace o portal da Fundación Biomédica Galicia Sur

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.