Quen somos. A nosa historia

Pontevedra

Mensaxe de benvida


Benvida do Xerente

Como xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, quero darlle a benvida a este espazo web, un portal a través do cal poderá coñecernos mellor e no que atopará información útil e práctica sobre a organización e funcionamento da sanidade pública na nosa área sanitaria.

Atopará vostede información sobre a nosa estrutura, dotación, recursos, actividade asistencial, investigación, docencia e innovación. Así mesmo, poderá coñecer de primeira man todas as iniciativas que se levan a cabo nos nosos centros e o nivel de competencia dos profesionais que integran a nosa área sanitaria.

Por outra banda, procuraremos ofrecerlle tamén información práctica sobre aqueles aspectos que poidan facilitar o seu contacto e acceso aos distintos recursos: horarios, prestacións, dereitos e deberes, así como recomendacións útiles no caso de que teña que ingresar, acudir a unha consulta, realizar algunha proba ou recibir atención nos hospitais de día.

Esperamos que a súa visita á nosa web sexa unha experiencia agradable e de utilidade.

José Ramón Gómez Fernández
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.