Servizo de Información Hospital Montecelo

O Servizo de Información é un espazo de recepción e atención aos usuarios que dispón da infraestrutura necesaria para dar soporte informativo de forma presencial ou telefónica.

Encóntrase localizado:

  • Planta 0 de consultas externas.
  • Planta 1 de consultas externas.
  • Planta -1 en la entrada principal.
20210601_ServInformacion_image001.jpgInformación atención ao paciente no Hospital Montecelo (planta -1)

CARTEIRA DE SERVIZOS

Información Xeral:

  • Transporte público.
  • Teléfonos de interese.
  • Localización doutros centros do complexo e xeito de acceder por medio de transporte público.


Información Específica:

  • Información dos diferentes servizos e dependencias que forman o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra en cada un dos centros.
  • Información a pacientes e familiares que acudan á área de Consultas Externas: cambios imprevistos, demoras, suspensión de consultas, localización local, etc.
  • Localización do persoal sanitario.
  • Información ás visitas dos pacientes ingresados (previa autorización do mesmo).
  • Localización de familiares e amigos de aqueles pacientes que así o soliciten e non poidan facelo eles mesmos.
20210601_ServInformacion_image002.jpgInformación atención ao paciente no Hospital Montecelo (planta 0)

Realización de Gestión da Información e apoio ás Reclamacións e Suxestións:

  • Recepción de queixas, reclamacións e suxestións. Entrega de xustificantes de citas, nas condicións que se determinen.
  • Facilitar a información necesaria a familiares e pacientes para que podan resolver os problemas que lle podan xurdir durante a súa estancia no hospital.
  • Apoiar a realización de xestións concretas para axilizar os trámites que faciliten a atención aos pacientes.
  • Promover a implantación de E-Saúde.
20210601_ServInformacion_image003.jpgInformación atención ao paciente no Hospital Montecelo (planta 1)​

Atención e acollida de Pacientes:

  • Identificar, acoller, orientar e integrar de forma personalizada a pacientes e familiares.
  • Acompañar ao paciente hasta a Unidade de Hospitalización correspondente.
  • Entregar A Guía do Usuario e toda aquela información que poda resultar de interese: horarios de comidas, de visitas, uso do teléfono nas habitacións, servizos relixiosos, asistente social, etc.

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.