PRESENTACIÓN DO SERVIZO
O Servizo de Alergoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra inicia a súa traxectoria hai máis de 30 anos co Dr. José Fernando Filgueira Iglesias. Nos seus principios tratábase dunha consulta de asistencia pneumo-alergolóxica do Servizo de Medicina Interna do Hospital Provincial e durante anos contou coa colaboración de dúas internistas do centro.
En abril do ano 1997 incorporouse un especialista en alergoloxía, a Dra. Teresa Soto Mera, e posteriormente a Dra. Beatriz Veleiro Pérez, seguindo como Xefe de Sección o Dr. Filgueira. Posteriormente, a Dra. Veleiro, tras consolidar a súa praza, trasladouse á Coruña e foi substituída pola Dra. Tania Liñares Mata, tamén cunha praza consolidada de facultativa especialista adxunta. Unha vez xubilado o Dr. Filgueira, ocupou a xefatura de sección a Dra. Soto durante varios anos, abandonándoa posteriormente por motivos persoais; substituíuna a Dra. Liñares. Ademais, tamén durante varios anos, ocupou outra praza de facultativa especialista adxunta a Dra. Elena Escudero Arias. A Dra. Idoia Rodríguez Zuazo traballou no noso servizo ata o seu traslado a Ferrol, en 2019. Durante os dous últimos anos contamos tamén coa Dra. Ana Rodríguez Fernández, que estivo contratada ata mediados de 2020, momento no que se incorporou á Área Sanitaria de Vigo. Desde decembro de 2016 incorporouse como Xefa de Sección a Dra. Celsa Pérez Carral, procedente do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.
O Servizo de Alergoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra abarca unha poboación próxima aos 300 000 habitantes e dá cobertura aos 3 centros hospitalarios: Hospital Montecelo, Hospital Provincial e Hospital Público do Salnés.
O noso servizo pretende realizar unha atención integral, adaptada ás necesidades dos pacientes e familiares. Estamos comprometidos con mellorar a fiabilidade dos servizos que prestamos, reducindo a variabilidade e mellorando a coordinación. Apostamos pola calidade, seguridade e competencia asistencial e tecnolóxica, proporcionando unha atención alergolóxica integral, tanto aos pacientes como á sociedade, cunha aposta firme pola humanización.
PROFESIONAIS DO SERVIZO
Responsable do servizo
|
Xefa de Sección: Dra. Celsa Pérez Carral
|
Persoal facultativo
|
Facultativos especialistas de área: 4
Médicos internos residentes:
|
Persoal de enfermería
|
Supervisor: Pedro Bueno Iglesias
|
Enfermeiras: 4
|
Técnicos en coidados auxiliares de enfermería: 2
|
LOCALIZACIÓN E CONTACTO
O Servizo de Alergoloxía do Complexo Hospitalario Clínico Universitario de Pontevedra está situado na primeira planta da zona de consultas externas do Hospital Provincial.
Enderezo: Rúa Joaquín Costa, 64
36004 Pontevedra
Teléfono: 986 800 000
CARTEIRA DE SERVIZOS
A atención sanitaria especializada en alergoloxía prestarase de forma ambulatoria en CONSULTAS EXTERNAS E SALAS DE ENFERMERÍA, aínda que tamén se atenden pacientes ingresados, adscritos a outros servizos, a través de follas de interconsulta.
As prestacións inclúen:
- Valoración inicial do paciente.
- Indicación e realización de exames e procedementos diagnósticos.
- Indicación, realización e seguimento dos tratamentos e procedementos terapéuticos que necesite o paciente.
- Indicación e, no seu caso, administración de medicamentos e tratamentos na consulta externa ou no hospital de día.
- Información á alta, que conterá a información diagnóstica e dos procedementos realizados, para facilitar o correcto seguimento do paciente e da comunidade, prestando especial atención á seguridade da atención e dos coidados por outros niveis asistenciais.
- O tempo total da primeira consulta oscila entre 30 e 45 minutos.
- Nas consultas sucesivas, o tempo medio estimado desta consulta de seguimento é duns 15 minutos.
ASISTENCIA EN INTERCONSULTAS
Débense atender consultas que soliciten outras especialidades para pacientes ingresados noutros servizos. A maioría débese a reaccións adversas a fármacos.
ADMINISTRACIÓN DE TRATAMENTO: UNIDADE DE INMUNOTERAPIA
A Unidade de Inmunoterapia é o lugar idóneo para a administración das vacinas alerxénicas, así como doutros tratamentos inmunomoduladores e para a indución de tolerancia aos alimentos e medicamentos.
EDUCACIÓN SANITARIA
Ten como obxectivo ensinarlle as técnicas ao paciente e transmitirlle os coñecementos necesarios básicos sobre a súa enfermidade. Pretendemos formar e informar, por exemplo, coa explicación de medidas de desalerxenización, coa explicación do tratamento domiciliario de crise, coa explicación do correcto uso dos inhaladores... Faise a monitorización dos seus síntomas e PEF, o adestramento no manexo e tratamento da anafilaxia etc.
PROCEDEMENTOS
PROBAS CUTÁNEAS
- Prick test (20 minutos)
- Prick-prick (20 minutos)
- Intradermorreacción (30 minutos)
- Epicutáneas (3 visitas á sección de 30, 10 e 10 minutos respectivamente)
- Estudo cutáneo da inmunidade celular
- Probas físicas como o test cubo de xeo, test de presión, fricción, luz ultravioleta etc. A duración, neste caso, é desde uns 30 minutos a case 2 horas
PROBAS FUNCIONAIS RESPIRATORIAS
- Espirometría basal ou forzada (15 minutos)
- Proba de broncodilatación (20 minutos adicionais á espirometría basal)
- Proba de exercicio ou esforzo (30 minutos)
- Proba de exposición a fármacos con control funcional
- Medición da fracción exhalada de óxido nítrico (FeNO) (5-10 minutos, segundo a colaboración do paciente)
- Proba de provocación bronquial: específica (2 a 6 horas) ou inespecífica (30 a 60 minutos)
PROBAS DE EXPOSICIÓN OU TOLERANCIA NA UNIDADE DE PROCEDEMENTOS DE ALTO RISCO
- Exposición con medicamentos (calquera vía): 60 minutos por dose, intercalando placebos. O paciente estará en observación durante unhas 2 horas despois da última dose
- Provocación nasal e ocular (entre 2-3 horas, 20-25 minutos por dose)
- Provocación con alimentos: aberta, simple cego, dobre cego (entre 3-4 horas, 30-60 minutos por dose)
INMUNOTERAPIA
A administración da inmunoterapia con veleno de himenópteros faise sempre na UNIDADE DE INMUNOTERAPIA, mentres que coas de aeroalérxenos (ácaros, poles), valórase segundo os casos, pero a maioría farase o inicio na Unidade de Inmunoterapia e o mantemento mensual en atención primaria. A duración é desde 30 minutos ata 2 horas, segundo extracto e momento.
DESENSIBILIZACIÓN OU INDUCIÓN DE TOLERANCIA
- Medicamentos: adóitase realizar en varias sesións, xa sexa na sala de observación (máis de 4 horas), no hospital de día, en hospitalización ou na UCI.
- Alimentos: son procedementos longos, que se prolongan, ás veces, meses.
A duración media é de 3 a 8 horas.
ESTUDOS DE ALERXIA OCUPACIONAL
Inclúe a realización da historia clínica orientada, probas, avaliación da actividade realizada no posto de traballo, investigación de axentes sospeitosos, monitorización de resposta ao tratamento, exposición en condicións o máis parecido posible ao seu posto de traballo. A duración media dunha primeira consulta é duns 45 minutos e os estudos complementarios adoitan ser moi laboriosos. Inclúese neste grupo a patoloxía ocupacional respiratoria e cutánea.
ATENCIÓN URXENTE
Actualmente aténdense pacientes coñecidos, normalmente previa chamada telefónica.
É importante destacar que sempre se tentará facer o maior número posible de estudos e probas complementarias nesa primeira consulta, tratando de que sexa unha consulta de alta resolución.
Toda a información realízase na historia clínica electrónica (IANUS), incluídas probas cutáneas, espirometrías, informes previos que non estean en IANUS etc.
PRINCIPAIS PATOLOXÍAS ESTUDADAS NO SERVIZO DE ALERGOLOXÍA
Alerxia respiratoria:
- Nasal: rinite intermitente ou persistente e polipose nasal
- Bronquial: asma intermitente, persistente leve ou modera e grave
- Alérxicos a ácaros do po
- Alérxicos a epitelios de animais
- Alérxicos a fungos
- Alérxicos a poles
- Bronquite eosinofílica, ABPA, alveolite alérxica
- Rinite e/ou asma ocupacional
- Eosinofilias pulmonares
Alerxia alimentaria:
- Alerxia a proteínas transportadoras de lípidos (LTP)
- Sensibilización a profilinas
- Hipersensibilidade a tropomiosina
- Alerxia producida por anisakis simplex
- Enterite e esofaxite eosinofílica
Enfermidades oculares:
- Conxuntivite alérxica
- Dermatite e conxuntivite alérxica
Enfermidades inmunolóxicas:
- Apoio ás inmunodeficiencias primarias
- Anxioedemas bradicinérxicos nas súas vertentes hereditarias e adquiridos por déficit de C1 inhibidor, da súa actividade e factores da coagulación
Enfermidades dermatolóxicas:
- Dermatite de contacto
- Dermatite de contacto laboral
- Dermatite atópica
- Urticaria e/ou anxioedema
- Vasculite por hipersensibilidade
Procesos sistémicos:
- Anafilaxia
- Mastocitose
- Alerxia ao látex
Reaccións adversas a medicamentos:
- Alerxia ou hipersensibilidade a grupos farmacolóxicos
- Valoración da toxicodermia por fármacos
- Reaccións a medios de contraste radiolóxico
Alerxia a picadura de himenópteros e outros insectos
Alérxicos a abellas e/ou avespas (vespula, polistes, velutina)
Tratamento das enfermidades alergolóxicas:
- Inmunoterapia específica
- Anti IGE
- Outros tratamentos biolóxicos
ACTIVIDADE CIENTÍFICA
PUBLICACIÓNS E INVESTIGACIÓN DOS FACULTATIVOS DO SERVIZO DE ALERGOLOXÍA DA ÁREA SANITARIA DE PONTEVEDRA E O SALNÉS
Expansion of a CD26low effector TH subset and reduction of circulating levels of sCD26 in stable allergic asthma in adults.
Autores: Nieto-Fontarigo JJ, González-Barcala FJ, San-José ME, Cruz MJ, Liñares T, Soto-Mera MT, Valdés L, García-González MA, Andrade-Bulos LJ, Arias P, Nogueira M, Salgado FJ.
J Investig Allergol Clin Immunol. 2018 Jan 3:0. DOI: 10.18176/jiaci.0224. PMID: 29297467.
Key Issues in Hymenoptera Venom Allergy: An Update.
Autores: Alfaya Arias T, Soriano Gómis V, Soto Mera T, Vega Castro A, Vega Gutiérrez JM, Alonso Llamazares A, Antolín Amérigo D, Carballada González FJ, Domínguez Noche C, Gutiérrez Fernández D, Marques Amat L, Martínez Arcediano A, Martínez San Ireneo M, Moreno Ancillo A, Puente Crespo E, Ruiz León B, Sánchez Morillas L; Hymenoptera Allergy Committee of the SEAIC.
J Investig Allergol Clin Immunol. 2017; 27(1):19-31. DOI: 10.18176/jiaci.0123. Review. PMID: 28211342.
Perphenazine as a cause of mother-to-daughter contact dermatitis and photocontact dermatitis.
Autores: Gacías L, Liñares T, Escudero E, Soto-Mera MT, Abalde MT.
J Investig Allergol Clin Immunol. 2013; 23(1):60-1. PMID: 23653979.
House dust mite species and allergen levels in Galicia, Spain: a cros-sectional, multicenter, comparative study.
Autores: Boquete M, Iraola V, Fernández-Caldas E, Areas Villaroel L, Carballada FJ, González de la Cuesta C, López-Rico MR, Núñez Orjales R, Parra GA, Soto-Mera MT, Varela S, Vidal C.
J Investig Allergol Clin Immunol. 2006; 16(3):169-76. PMID: 16784010.
Occupational allergy to papain.
Autores: Soto-Mera MT, López-Rico MR, Filgueira JF, Villamil E, Cidrás R.
Allergy. 2000 Oct;55(10):983-4.PMID: 11030388.
Alergia respiratoria ocupacional por sensibilización a Gonipterus Scutellatus.
Autores: M.T. Soto Mera, B. Veleiro Pérez, E. Escudero Arias, M. Lombardero, T. Liñares Mata, J.F. Filgueira Iglesias.
Pneuma. 2009; 5 (2):71-74.
Urticaria fija por AINEs.
Autores: E. Escudero Arias, M.T. Soto Mera, T. Liñares Mata.
JIACI 2009; 19 (suppl 3):110.
Fiebre medicamentosa por piperacilina-tazobactam.
Autores: T. Liñares Mata, E. Escudero Arias, M.T. Soto Mera.
JIACI 2009; 19 (suppl 3):124.
Antinflamatorios y asma, una relación posible.
Autores: E. Escudero Arias.
Pneuma 2011; 7 (2).
Síndrome del ave-huevo.
Autores: Paula Pilar Rodríguez-Casal, Lelia Gacías Pedrós, E. Escudero Arias.
Pneuma 2012; 8 (2).
Clinical, biochemical, and genetic characterization of type III hereditary angioedema in 13 Northwest Spanish families.
Autores: Marcos C, López Lera A, Varela S, Liñares T, Álvarez-Eire MG, López-Trascasa M.
Ann Allergy Asthma Immunol. 2012 Sep;109(3):195-200.
Phytodermatitis caused by Agave americana.
Autores: Liñares T, Fernández A, Escudero E, Soto T.
Allergol Immunopathol. 2011;39(3):184-5.
Influencia de la contaminación en el asma alérgico.
Autora: Tania Liñares Mata.
Pneuma 2011;7(1):30-37.
Reacción de hipersensibilidad retardada a enoxaparina.
Autores: María Eugenia Mayo Pampín, Patricia Giráldez Martínez, Tania Liñares Mata, Antonio Losada Campa.
Piel 2010;25(7):411-16.
Occupational rhinitis and asthma due to cricket.
Autores: Liñares T, Hernández D, Bartolomé B.
S. Ann Allergy Asthma Immunol 2008;100(6):566-9.
Fixed drug eruption due to aceclofenac.
Autores: Liñares T, Marcos C, Gavilán MJ, Arenas L.
Contact Dermatitis 2007;56(5):291-2.
Hypersensitivity to penicillin V with good tolerance to other beta-lactams.
Autores: Liñares T, Marcos C, Gavilán MJ, Arenas L.
J Investig Allergol Clin Immunol 2007;17(1):50-1.
Para phenylenediamine allergic contact dermtitis in twins.
Autores: Torres MC, Liñares T, De Rojas DH.
Dermatitis 2007;18(1):56-7.
Medical audit on asthma in an emergency department.
Autores: Liñares T, Campos A, Torres M, Reyes J.
Allergol Inmunopathol 2006;34(6):248-51.
Broncoespasmo inducido por budesonida.
Autores: T Liñares Mata, MC Torres Gorriz, A Campos Andreu.
Borrad Meetings Alergoclinica 2006;Vol 2:25-26.
Adult referente values in Valencia (1981-2004). Usefulness in the diagnosis of allergic asthma and rhinitis.
Autores: A Campos, J Reyes, A Blanquer, T Liñares, M Torres.
Total serum IgE: Allergologia et Immunopathologia 2005;33:303-306.
Anaphylaxis to Cyphomandra betacea Sendth in an obeche Word (Triplochiton scleroxylon) allergic patient.
Autores: Vidal C, González-Quintela A, Rodríguez V, Armasen M, Liñares T, Fernández-Caldas E.
Ann Allergy Asthma Immunol. 2006 Jun;96(6):870-3.
Mujer con asma bronquial, diabetes mellitus y artritis reumatoide.
Autores: MC Torres Gorriz, T Liñares Mata, A Campos Andreu.
Borrad Meetings Alergoclinica 2006;Vol 2:29-30.
Reacciones tardías en las pruebas cutáneas con penicilina: correlación con la anamnesis.
Autores: C Vidal Pan, M Armisén Gil, V Rodríguez Vázquez, T Liñares Mata.
Alergología e Inmunología Clínica 2005;20:153-6.
Acrylates induced rhinitis and contact dermatitis.
Autores: Torres MC, Liñares T, Hernández MD.
Contact Dermatitis 2005;53(2):114.
Contact Dermatitis caused by allergy to dorzolamide.
Autores: Liñares Mata T, Pardo Sánchez J, de la Cuadra Oyanguren J.
Contact Dermatitis 2005;52(2):111-2.
Varón con antecedentes de hipersensibilidad retardada a aminopenicilinas, sometido a un trasplante de células progenitoras.
Autores: T Liñares Mata, MC Torres Górriz, D Hernández F de Rojas.
Incluído na sección V: Miscelánea, do libro Casos Clínicos de Residentes en Alergología 2005. ISBN: 84-7989-336-2. ISNN 1696-408X.
Mujer de 21 años con eccema en manos y cuello tras el uso de una pulsera de madera.
Autores: MC Torres Górriz, J de la Cuadra Oyanguren, T Liñares Mata.
Incluído na sección III: Alergia cutánea, do libro Casos Clínicos de Residentes en Alergología 2005. ISBN: 84-7989-336-2. ISNN 1696-408X.
Mujer de 49 años, costurera de profesión, con eccema de manos palmar.
Autores: MC Torres Górriz, J de la Cuadra Oyanguren, T Liñares Mata, A Campos Andreu.
Incluído na sección III: Alergia cutánea, do libro Casos Clínicos de Residentes en Alergología 2005. ISBN: 84-7989-336-2. ISNN 1696-408X.
Psicosis inducida por corticoides.
Autores: Liñares T, Reyes J, Torres M, Giner A.
Alergología e Inmunología clínica 2004;19:210.
Mujer de 29 años con crisis asmáticas recurrentes, incluído en la sección 02.
Autores: MC Torres, T Liñares, A Peris, A Giner, N Colomer.
Alergia respiratoria, do libro Casos Clínicos de Residentes en Alergología 2004. ISSN 1696-408x.
Varón de 39 años con urticaria, angioedema y pérdida de conocimiento.
Autores: T Liñares, MC Torres, A Campos, A Giner, N Colomer.
Incluído na sección 01: Reacciones adversas medicamentosas, do libro Casos Clínicos de Residentes en Alergología 2004. ISSN 1696-408x.
Varón de 33 años con episodios de dolor abdominal.
Autores: T Liñares, R Almero, MD Hernández, E Ligero, N Colomer, MC Torres, A Fernández.
Libro Casos Clínicos de Residentes en Alergología 2003. ISBN-84-7989-225-0. ISNN 1696-408x.
Varón de 20 años con síndrome de alergia oral tras la ingesta de un refresco natural.
Autores: E Ligero, AM Giner, A Peris, MD Hernández, N Colomer, T Liñares, MC Torres, FM Marco.
Libro Casos Clínicos de Residentes en Alergología 2003. ISBN-84-7989-225-0. ISNN 1696-408x.
Varón de 56 años con eccema de manos estacional.
Autores: N Colomer, J de la Cuadra, AM Giner, MD Hernández, E Ligero, T Liñares, MC Torres, GM Pérez.
Libro Casos Clínicos de Residentes en Alergología 2003. ISBN-84-7989-225-0. ISNN 1696-408x.
Varón de 58 años, trabajador de una fábrica de piensos para animales, que consultó por rinoconjuntivitis y asma.
Autores: T Liñares, D Hernández, J Cuellar, E Ligero, N Colomer, A Muñoz, A Giner, B Bartolomé.
Libro Casos Clínicos de Residentes en Alergología 2002. ISBN 84-7989-163-7.
Dermatitis de contacto proteica con sensibilización a antígenos de pescado.
Autores: E Ligero, J de la Cuadra, D Hernández, A Giner, R Almero, N Colomer, T Liñares.
Libro Casos Clínicos de Residentes en Alergología 2002. ISBN 84-7989-163-7.
Niña de 14 años con exantema generalizado.
N Colomer, R Pamies, L Caballero, A Mazón, E Ligero, R Almero, T Liñares.
Libro Casos Clínicos de Residentes en Alergología 2002. ISBN 84-7989-163-7.
Niña de 10 años que consulta por urticaria y angioedema.
Autores: R Almero, A Nieto, A Mazón, R Pamies, L Caballero, E Ligero, N Colomer, T Liñares.
Libro Casos Clínicos de Residentes en Alergología 2002. ISBN 84-7989-163-7.
Clinical management, expectations, and satisfaction of patients with moderate to severe allergic rhinoconjunctivitis treated with SQ-standardized grass-allergen tablet under routine clinical practice conditions in Spain.
Autores: Chivato T, Álvarez-Calderón P, Panizo C, Abengozar R, Alías C, Al-Baech A, Arias-Irigoyen J, Caballero MJ, Conill L, de Miguel S, Laguna R, Martínez-Benazet J, Matoses F, Martínez-Alonso JC, Mendizábal L, Pérez-Carral C, Puerto C, Serra-Batllés J, Vélez A, Vicente J, de la Torre F.
Clin Mol Allergy. 2017 Jan 6;15:1. DOI: 10.1186/s12948-016-0057-9. eCollection 2017. PMID:28096738.
Association of thromboxane A1 synthase (TBXAS1) gene polymorphism with acute urticaria induced by nonsteroidal anti-inflammatory drugs.
Autores: Vidal C, Porras-Hurtado L, Cruz R, Quiralte J, Cardona V, Colás C, Castillo LF, Marcos C, Soto T, López-Abad R, Hernández D, Audicana MT, Armisén M, Rodríguez V, Pérez-Carral C, Moreno E, Cabañes R, Corominas M, Parra A, Lobera T, Quiñones D, Ojeda P, Luna I, Torres M, Carracedo A.
J Allergy Clin Immunol. 2013 Oct;132(4):989-91. DOI: 10.1016/j.jaci.2013.04.045. Epub 2013 Jun 12. PMID:23763970.
Occupational asthma caused by turbot allergy in 3 fish-farm workers.
Autores: Pérez Carral C, Martín-Lázaro J, Ledesma A, de la Torre F.
J Investig Allergol Clin Immunol. 2010;20(4):349-51. PMID:20815314.
Acute ischaemic colitis due to hypotension and amoxicillin allergy.
Autores: Pérez-Carral C, Carreira J, Vidal C.
Postgrad Med J. 2004 May;80(943):298-9. PMID:15138324.
Non-occupational protein contact dermatitis due to crayfish.
Autores: Pérez-Carral C, García-Abujeta JL, Vidal C.
Contact Dermatitis. 2001 Jan;44(1):50-1. PMID:11156025.
Nonpigmenting fixed drug eruption due to pseudoephedrine.
Autores: Vidal C, Prieto A, Pérez-Carral C, Armisén M.
Ann Allergy Asthma Immunol. 1998 Apr;80(4):309-10. PMID:9564979.
Sensitization to Lepidoglyphus destructor, Tyrophagus putrescentiae, and Acarus siro in patients allergic to house dust mites (Dermatophagoides spp.).
Autores: Vidal C, Chomón B, Pérez-Carral C, González-Quintela A.
J Allergy Clin Immunol. 1997 Nov;100(5):716-8. PMID:9389307.
Unsuspected sources of soybean exposure.
Autores: Vidal C, Pérez-Carral C, Chomón B.
Ann Allergy Asthma Immunol. 1997 Oct;79(4):350-2. PMID:9357382.
Paracetamol (acetaminophen) hypersensitivity.
Autores: Vidal C, Pérez-Carral C, González-Quintela A.
Ann Allergy Asthma Immunol. 1997 Oct;79(4):320-1. PMID:9357376.
Occupational asthma and rhinitis caused by ash (Fraxinus excelsior) wood dust.
Autores: Fernández-Rivas M, Pérez-Carral C, Senent CJ.
J. Allergy. 1997 Feb;52(2):196-9. PMID:9105524.
Selective allergic reactions to clavulanic acid.
Autores: Fernández-Rivas M, Pérez Carral C, Cuevas M, Marti C, Moral A, Senent CJ.
J Allergy Clin Immunol. 1995 Mar;95(3):748-50. PMID:7897159.
Extrinsic allergic alveolitis caused by Penicillium frequentans. Review and presentation of a case.
Autores: Moral AJ, Arias J, García MA, Abengózar R, Pérez-Carral C, Senent CJ.
Arch Bronconeumol. 1994 Nov;30(9):462-4. Spanish. PMID:8000696.
Anaphylactic reaction to recombinant human erythropoietin.
Autores: García JE, Senent C, Pascual C, Fernández G, Pérez-Carral C, Díaz-Tejeiro R, Gómez E, Sierra T.
Nephron. 1993;65(4):636-7. PMID:8302424.
INVESTIGACIÓN
"Proxecto PETRA: Proyecto epidemiológico y observacional relacionado con el abordaje terapéutico de la rinitis alérgica".
Promovido polo laboratorio Stallergenes Ibérica S. A. Anos 2007-2008.
Estudo: "Evaluación de los aspectos genéticos de la hipersensibilidad a los AINE".
En colaboración co Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
Proxecto de Investigación: "Asociación del polimorfismo en la región promotora del CD14-159-GEN con la prevalencia del asma alérgica".
Financiado pola Consellería de Sanidade na convocatoria de Proxectos de Investigación do ano 2007 (Resolución no DOG do 4 de xaneiro de 2008).
Estudo TY-TOP: "Encuesta epidemiológica sobre la utilización de Tyrosin TU top en pacientes con rinoconjuntivitis alérgica".
Ensaio clínico titulado "Eficacia clínica y cambios histológicos secundarios al tratamiento con omalizumab en asmáticos alérgicos en estadío V de la GINA".
Estudo alergolóxico 2015: "Factores epidemiológicos, clínicos y socioeconómicos de las enfermedades alérgicas en España en 2015".
Publicado pola SEAIC, terceira edición do estudo epidemiolóxico de referencia sobre as enfermidades alérxicas en España.
Actualmente: ITACA: Evaluación del coste-efectividad del tratamiento con inmunoterapia, en pacientes diagnosticados de asma con o sin rinoconjuntivitis por sensibilización a ácaros, en España.
Código do estudo: MER-ACA-2015-01.
LIGAZÓNS RELACIONADAS
Blog persoal sobre alerxia, da Dra. Celsa Pérez Carral
Sociedade Galega de Alerxia e Inmunoloxía Clínica
Sociedad Española de Alergia e Inmunología Clínica