PRESENTACIÓN DO SERVIZO
O Servizo de Anestesia, Reanimación e Tratamento da Dor desenvolve a súa actividade como servizo central en coordinación con outros servizos cirúrxicos, colabora na asistencia con outros servizos médicos e realiza, ademais, actividade asistencial a pacientes con dor crónica.
A actividade do servizo desenvólvese nas seguintes áreas:
- Quirófano.
- Unidade de Recuperación Postanestésica (URPA).
- Unidade de Críticos.
- Anestesia fóra da área cirúrxica: RCP, intubación (IOT) e ventilación mecánica, canalización de accesos vasculares centrais, sedación de pacientes en áreas non cirúrxicas, analxesia no traballo de parto etc.
- Consulta de preanestesia.
- Unidade da dor crónica.
- Unidade da dor aguda.
PROFESIONAIS DO SERVIZO
Responsable do servizo
|
Dr. Alfonso Diz Villar
Xefe de Servizo
|
Persoal facultativo
|
Facultativos especialistas de área: 6
Residentes:
|
Persoal de enfermería
|
Supervisor:
|
Enfermeiras:
|
Técnicos en coidados auxiliares de enfermería:
|
LOCALIZACIÓN E CONTACTO
Na Área Cirúrxica do Hospital Público do Salnés.
Teléfono de contacto: 986 568 059.
CARTEIRA DE SERVIZOS
A organización da actividade do Servizo de Anestesia é tarefa do xefe de servizo. Seguindo criterios de idoneidade e aptitude, semanalmente, con antelación suficiente, notificará o parte de asignación da actividade. Así mesmo, o Servizo de Admisión (lista de espera cirúrxica -LEQ-) comunicará o parte cirúrxico con, como mínimo, 24 horas de antelación.
O calendario das gardas (actividade continuada) é confeccionado polo xefe de servizo, seguindo unha cadencia determinada e consensuada cos demais facultativos do servizo. Calquera cambio na quenda de gardas debe ser aprobado por ambas as partes e ter o visto e prace do xefe de servizo.
O Hospital Público do Salnés presta a súa asistencia á poboación dos concellos de Vilagarcía de Arousa, Catoira, Vilanova de Arousa, Cambados, A Illa de Arousa e Ribadumia, cunha poboación que está de entre 75 000 e 80 000 habitantes, aínda que coa integración da área, a asistencia pode estenderse a pacientes doutros concellos.
Especialidades cirúrxicas:
- Cirurxía xeral e dixestiva
- Cirurxía ortopédica e traumatolóxica
- Xinecoloxía
- Otorrinolaringoloxía
- Oftalmoloxía
- Dermatoloxía
- Uroloxía
- Técnicas de tratamento da dor crónica
ACTIVIDADE CIENTÍFICA
Os membros do Servizo de Anestesia participan en estudos, publicacións e reunións científicas. Son socios de sociedades de ámbito rexional, estatal e internacional: sociedades de anestesia en xeral.
LIGAZÓNS RELACIONADAS
Asociación Galega de Anestesioloxía, Reanimación e Terapéutica da Dor (AGARyD)
Sociedad Española de Anestesiología, Reanimación y Terapéutica del Dolor (SEDAR)
Sociedad Europea de Anestesia y Cuidados Intensivos (ESAIC)
Asociación Americana de Anestesia (ASA)
Anestesia rexional
Anestesia Regional y Dolor (ARyDol).
European Society of Regional Anaesthesia and Pain Therapy (ESRA)
UltraSound for Regional Anesthesia and Pain Medicine (USRA)
Dor
Sociedade Galega da Dor e Coidados Paliativos (SGADOR)
Sociedad Española del Dolor (SED)
Sociedad Internacional para el Estudio del Dolor (IASP)
Cirurxía maior ambulatoria
Asociación Española de Cirugía Mayor Ambulatoria (ASECMA)