Servizo de Anestesioloxía, Reanimación e Terapia da Dor do Hospital Público do Salnés

PRESENTACIÓN DO SERVIZO

O Servizo de Anestesia, Reanimación e Tratamento da Dor desenvolve a súa actividade como servizo central en coordinación con outros servizos cirúrxicos, colabora na asistencia con outros servizos médicos e realiza, ademais, actividade asistencial a pacientes con dor crónica.

A actividade do servizo desenvólvese nas seguintes áreas:

  • Quirófano.
  • Unidade de Recuperación Postanestésica (URPA).
  • Unidade de Críticos.
  • Anestesia fóra da área cirúrxica: RCP, intubación (IOT) e ventilación mecánica, canalización de accesos vasculares centrais, sedación de pacientes en áreas non cirúrxicas, analxesia no traballo de parto etc.
  • Consulta de preanestesia.
  • Unidade da dor crónica.
  • Unidade da dor aguda.

PROFESIONAIS DO SERVIZO

Responsable do servizo

Dr. Alfonso Diz Villar

Xefe de Servizo


Persoal facultativo

Facultativos especialistas de área: 6

Residentes:


Persoal de enfermería

Supervisor: 

 

Enfermeiras:

Técnicos en coidados auxiliares de enfermería:


LOCALIZACIÓN E CONTACTO

Na Área Cirúrxica do Hospital Público do Salnés.

Teléfono de contacto: 986 568 059.


CARTEIRA DE SERVIZOS

A organización da actividade do Servizo de Anestesia é tarefa do xefe de servizo. Seguindo criterios de idoneidade e aptitude, semanalmente, con antelación suficiente, notificará o parte de asignación da actividade. Así mesmo, o Servizo de Admisión (lista de espera cirúrxica -LEQ-) comunicará o parte cirúrxico con, como mínimo, 24 horas de antelación.

O calendario das gardas (actividade continuada) é confeccionado polo xefe de servizo, seguindo unha cadencia determinada e consensuada cos demais facultativos do servizo. Calquera cambio na quenda de gardas debe ser aprobado por ambas as partes e ter o visto e prace do xefe de servizo.

O Hospital Público do Salnés presta a súa asistencia á poboación dos concellos de Vilagarcía de Arousa, Catoira, Vilanova de Arousa, Cambados, A Illa de Arousa e Ribadumia, cunha poboación que está de entre 75 000 e 80 000 habitantes, aínda que coa integración da área, a asistencia pode estenderse a pacientes doutros concellos.

Especialidades cirúrxicas:
  • Cirurxía xeral e dixestiva
  • Cirurxía ortopédica e traumatolóxica
  • Xinecoloxía
  • Otorrinolaringoloxía
  • Oftalmoloxía
  • Dermatoloxía
  • Uroloxía
  • Técnicas de tratamento da dor crónica

ACTIVIDADE CIENTÍFICA

Os membros do Servizo de Anestesia participan en estudos, publicacións e reunións científicas. Son socios de sociedades de ámbito rexional, estatal e internacional: sociedades de anestesia en xeral.


LIGAZÓNS RELACIONADAS

Asociación Galega de Anestesioloxía, Reanimación e Terapéutica da Dor (AGARyD)

Sociedad Española de Anestesiología, Reanimación y Terapéutica del Dolor (SEDAR)

Sociedad Europea de Anestesia y Cuidados Intensivos (ESAIC)

Asociación Americana de Anestesia (ASA)

Anestesia rexional

Anestesia Regional y Dolor (ARyDol).

European Society of Regional Anaesthesia and Pain Therapy (ESRA)

UltraSound for Regional Anesthesia and Pain Medicine (USRA)

Dor

Sociedade Galega da Dor e Coidados Paliativos (SGADOR)

Sociedad Española del Dolor (SED)

Sociedad Internacional para el Estudio del Dolor (IASP)

Cirurxía maior ambulatoria

Asociación Española de Cirugía Mayor Ambulatoria (ASECMA)​​​​​​

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.