Servizo de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica do CHUP

PRESENTACIÓN DO SERVIZO

A cirurxía ortopédica é a especialidade cirúrxica que se ocupa das afeccións, deformidades e lesións do aparello locomotor, o cal comprende principalmente os ósos, articulacións, tendóns e músculos.

MISIÓN

Proporcionarlle atención especializada en cirurxía ortopédica á Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés coa máxima eficacia, eficiencia, rendibilidade e calidade posibles; participar e contribuír cos obxectivos institucionais e de xestión do hospital, así como coas políticas de empresa que este estime oportunas.

Integrarse, asesorar e capacitar os dispositivos de atención primaria do Departamento de Saúde; adoptar un adecuado plan de formación docente, continuo e continuado; potenciar a actividade investigadora nas materias que lle competen.

VISIÓN

Conseguir que o servizo sexa recoñecido como un provedor de servizos de saúde integral, cunha carteira de servizos adecuada ás necesidades da súa poboación de referencia, mediante formas eficientes e innovadoras de provisión de coidados.

O paciente é a razón principal do servizo e todos os esforzos e atencións da organización deben virar ao redor del.

Conseguir un alto nivel de motivación e satisfacción na súa contorna laboral.

Conseguir un alto nivel de recoñecemento profesional e satisfacción dos pacientes.

VALORES

É un servizo público que garante as prestacións e servizos asistenciais con carácter gratuíto e universal, equitativo, que lle proporciona ao cidadán un trato xusto en función só das súas necesidades médicas, respectuoso coa persoa e a súa liberdade, comprometido coa calidade profesional.


PROFESIONAIS DO SERVIZO

Responsable do servizo

Dr. Manuel Muiña Domínguez

Xefe de Servizo

Xefes de sección

Dr. José Ignacio Serantes González

Dr. Pedro Pablo Subirán Martínez


Persoal facultativo

Facultativos especialistas de área: 18

Médicos internos residentes: 5


Persoal de enfermería

Supervisora: Beatriz González Cupeiro

Enfermeiras: 21

Técnicos en coidados auxiliares de enfermería: 7


LOCALIZACIÓN E CONTACTO

Localízase na 3.ª planta do Hospital Montecelo, onde ocupa as dúas ás de hospitalización, cun total de 57 camas, das cales 7 son individuais e o resto dobres.

As 5 consultas, a sala de curas e a de xesos sitúanse na planta 0 do dito hospital.

CONTACTO

Secretarías: 3.ª planta. Teléfono: 986 800 109 - 986 800 112 - 986 800 938


CARTEIRA DE SERVIZOS

Asistencia xeral integral en traumatoloxía e cirurxía ortopédica, con división de unidades funcionais por situación anatómica e/ou complexidade técnica.

Modalidades de asistencia:

  • Hospitalización especializada, hospitalización a domicilio, atención ambulatoria centralizada en hospital e en centros de especialidades:
    • Cirurxía maior convencional con ingreso
    • Cirurxía maior sen ingreso (CMA)
    • Cirurxía con extensión local, atención especializada continuada de urxencias ininterrompida
  • Unidade de Traumatoloxía: tratamento inicial e diferido do politraumatizado
  • Tratamento ortopédico, non cirúrxico, de fracturas e luxacións
  • Tratamento cirúrxico con osteosíntese de fracturas e as súas accións
  • Tratamento cirúrxico de fracturas mediante artroplastia.
  • Tratamento de complicacións das fracturas: pseudoartrose, osteomielite
UNIDADE DE CADEIRA
  • Cirurxía artroscópica diagnóstica, cirurxía protésica: implantes primarios parciais e totais, rescates, revisións e recambios. Cirurxía de fracturas con osteosínteses especiais. Osteotomías e artrodeses
  • Cirurxía de fémur ou acetabular
  • Reparación articular: ligamentos e inestabilidades
  • Cirurxía de partes brandas
  • Reparación de lesións cartilaxinosas
UNIDADE DE XEONLLO
  • Cirurxía artroscópica diagnóstica, reparación artroscópica: meniscos, ligamentos, enxertos osteocondrais
  • Cirurxía protésica: primaria total, unicondilar, rescates, revisións e recambios protésicos, próteses especiais para grandes deformidades por causas traumatolóxicas ou tumorais. Cirurxía femoropatelar
  • Cirurxía das fracturas con osteosínteses especiais
  • Osteotomías, artrodeses e alongamentos óseos
  • Reparación articular dos ligamentos, inestabilidades
  • Cirurxía de partes brandas
  • Reparación de lesións cartilaxinosas
UNIDADE DE NOCELLO E PÉ
  • Artroscopia de nocello, cirurxía minimamente invasiva do hallux e do resto de dedos, cirurxía traumatolóxica con sínteses especiais
  • Cirurxía protésica de nocello e dedos
  • Reparación articular: ligamentos, inestabilidades
  • Cirurxía de partes brandas
  • Reparación de lesións cartilaxinosas
  • Cirurxía de malformacións conxénitas
  • Cirurxía en deformidades: pé zambo, plano, equino. Cirurxía do pé reumático. Osteotomías, artrodeses e alongamentos óseos
UNIDADE DE OMBREIRO E CÓBADO
  • Cirurxía artroscópica: subacromial, reparacións de manguito, inestabilidades e lesións SLAP
  • Cirurxía protésica de ombreiro, hemiartroplastias, próteses, próteses invertidas
  • Primaria, rescates, revisións e recambios
  • Cirurxía protésica do cóbado total, cabeza de radio
  • Cirurxía de fracturas, osteosínteses especiais
  • Reparación articular: ligamentos, inestabilidades
  • Cirurxía de partes brandas
  • Reparación de lesións cartilaxinosas. Osteotomías, artrodeses
UNIDADE DE PULSO E MAN
  • Cirurxía artroscópica do pulso
  • Cirurxía protésica trapeciometacarpiana e dedos
  • Cirurxía traumatolóxica con osteosínteses especiais
  • Cirurxía tendinosa
  • Cirurxía de inestabilidades
  • Osteotomías, artrodeses
  • Cirurxía da man reumática
  • Cirurxía de partes brandas e compresión nerviosa
UNIDADE DE COLUMNA
  • Patoloxía dexenerativa de columna lumbar (discectomías e artrodeses)
  • Patoloxía traumática de columna lumbar
  • Biopsias, infeccións
  • Rizolises
  • Cifoplastias
  • Espazadores interespinosos
  • Bloqueos fasciculares
UNIDADE DE INFECCIÓNS PROTÉSICAS (IPAS)
  • Fomado por un traumatólogo espacializado en IPAS e un infectólogo do Servizo de Medicina Interna e do de Microbioloxía
  • Tratamento antibiótico e cirúrxico das infeccións de próteses articulares
  • Desbridamento e limpezas articulares en infeccións agudas
  • Substitución articular en dous tempos en infeccións crónicas

ACTIVIDADE CIENTÍFICA

Ofértase anualmente 1 praza de médico interno residente (MIR) de cirurxía ortopédica e traumatolóxica (COT).

Particípase na formación de MIR doutras especialidades como Medicina de Familia, Rehabilitación etc.

Organízanse diferentes congresos e relatorios: SOGACOT 2013 e SEPES 2018.

Realízanse sesións semanais, os venres, dos casos precirúrxicos e de pacientes postoperados e sesións bibliográficas, así como revisión clínica de casos complexos.


LIGAZÓNS RELACIONADAS

Sociedade Galega de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía: SOGACOT.ORG

Sociedad Española de Cirugía Ortopédica y Traumatología: SECOT.ES

Sociedad Europea de Traumatología y Cirugía Ortopédica: EFORT.ORG

Sociedad Americana de Cirugía Ortopédica y Traumatología: AAOS.ORG​​​

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.