PRESENTACIÓN DO SERVIZO
A misión do Servizo de Cardioloxía da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é contribuír a coidar e mellorar a patoloxía cardiovascular da poboación da nosa área, a través dunha asistencia óptima dos pacientes e unha excelente formación dos profesionais que compoñen o servizo. Aténdese a unha poboación de 310 000 habitantes, distribuídos en 40 concellos, a través de tres centros hospitalarios (Hospital Montecelo, Hospital Provincial, ambos situados na cidade de Pontevedra, e Hospital Público do Salnés, situado en Vilagarcía de Arousa), un centro de especialidades (Casa do Mar de Mollavao), 44 centros de saúde e 9 puntos de atención continuada.
O Servizo de Cardioloxía puxo en marcha unha estratexia de mellora continua da calidade no ámbito asistencial, docente e investigador.
Ámbito asistencial
O Servizo de Cardioloxía defende e comprométese coa continuidade asistencial, sendo o paciente o foco de atención, evitando repeticións de consultas e probas, a duplicidade de tratamentos, diminuíndo os riscos para os propios pacientes e impulsando as relacións entre os profesionais dos diferentes niveis asistenciais.
A procura da mellora constante na calidade conleva tamén unha optimización dos recursos dispoñibles, tentado mellorar a eficiencia en todas as actuacións realizadas no ámbito do servizo.
E desde unha perspectiva máis ampla, unha das finalidades do servizo é tentar fomentar a prevención cardiovascular na sociedade e a promoción da saúde.
Ámbito docente
O Servizo de Cardioloxía comprométese coa formación dos futuros profesionais, pregrao e posgrao, e coa actualización continua do coñecemento científico nas patoloxías cardiovasculares.
Desde setembro de 2020, o servizo incorpora ao seu cadro de persoal o primeiro médico interno residente en cardioloxía da área sanitaria, o que impulsa aínda máis a formación continuada e a investigación por parte dos membros do servizo.
Ámbito da investigación
O Servizo de Cardioloxía impulsa a investigación clínica e epidemiolóxica co fin de xerar coñecemento que mellore a atención dos pacientes cardiovasculares.
PROFESIONAIS DO SERVIZO
|
Responsable do servizo
|
Dra. Eva González Babarro
|
|
Persoal facultativo
|
Facultativos especialistas de área: 16
Médicos internos residentes: 1
|
|
Persoal de enfermería
|
Supervisora: María de los Ángeles Casalderrey Quiñones
|
|
Enfermeiras:
· Planta de hospitalización e Unidade Coronaria: 19
· Probas especiais e consultas externas do Hospital Montecelo: 2
· Casa do Mar de Mollavao: 1
|
|
Técnicos en coidados auxiliares de enfermería:
· Planta de hospitalización e Unidade Coronaria: 12
· Probas especiais e consultas externas do Hospital Montecelo: 3
· Casa do Mar de Mollavao: 1
|
LOCALIZACIÓN E CONTACTO
Secretaría: Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra
Hospital Montecelo, planta 4.ª
Teléfono: 986 800 136
CARTEIRA DE SERVIZOS
A carteira de servizos do Servizo de Cardioloxía inclúe:
- Hospitalización convencional (planta 4.ª impar, Hospital Montecelo).
- Hospitalización de pacientes críticos cardíacos - Unidade Coronaria (planta 4.ª impar, Hospital Montecelo).
- Gardas de presenza física de cardioloxía 24h/7días á semana.
- Interconsulta hospitalaria.
- Consulta externa xeral: OCAR11, OCAR12, OCAR14, MCAR54, MCAR55, MCAR60, MCARBY.
- Consulta de insuficiencia cardíaca. MCARIC.
- Consulta de cardiopatías conxénitas. MCARBA.
- Consulta de cardiopatías familiares. MCARFA.
- Consulta de cardiooncohematoloxía. MCARONC.
- Consulta en planta de hospitalización. MCARPL.
- Seguimento de marcapasos, DAI, terapia de resincronización cardíaca. MCARMA.
- Teleconsulta (e-consulta con atención primaria, farmacia de atención primaria). MCAR35.
- Xestor de peticións de urxencias hospitalarias e atención especializada. MCAR35.
- Xestor de peticións desde atención primaria.
- Probas complementarias:
- Electrocardiograma. MECG04.
- Ecocardiograma transtorácico. MECG01, MECG02, PECOC1.
- Ecocardiograma con resultados. MECG07, PECOC2.
- Ecocardiograma transesofáxico. MECG02.
- Proba de esforzo. MERG01, MERG02, MERG13.
- Ecocardiograma de tensión. MECG02.
- Holter electrocardiográfico de 24h. MHOLMO.
- Tilt test (mesa basculante). MHOLMO.
- Procedementos intervencionistas:
- Implante de marcapasos uni e bicamerais definitivos. ME07.
- Implante de desfibriladores e marcapasos resincronizadores cardíacos. ME07.
- Implante de marcapasos transitorios de urxencia.
- Recambio de xerador e de electrodos de marcapasos. ME07.
- Cardioversión eléctrica. MHOLMO.
- Coronariografía diagnóstica (2 días por semana). MR02.
- Cateterismos dereitos (2 días por semana). MR02.
- Intervencionismo coronario (anxioplastia simple, anxioplastia con implantación de stent, guía de presión). MRO2.
ACTIVIDADE CIENTÍFICA
PARTICIPACIÓN EN CURSOS E SEMINARIOS NOS DOUS ÚLTIMOS ANOS
- Membro do comité científico do Congreso Astur-Galaico de Cardioloxía. Avilés, 31 de maio e 1 de xuño de 2019. Dra. Paula Gargallo Fernández.
- Relatora dun caso clínico: Transposición de grandes vasos y Mustard. Seguimiento: cuándo, dónde y, sobre todo, cómo. Obradoiro de cardiopatías conxénitas do adulto. SOGACAR. Santiago, 3 de maio de 2019. Dra. Paula Gargallo Fernández.
- Moderadora de "Controversias con ACOD: ¿como tomamos decisines?" Obradoiro de risco cardiovascular. SOGACAR. Allariz, 29 e 30 de novembro de 2019. Dra. Paula Gargallo Fernández.
- Relatora: ¿Cómo está la organización de la asistencia al shock cardiogénico en Galicia? Opciones de mejora. La visión del hospital de nivel 2. Obradoiro sobre síndrome coronaria aguda. SOGACAR. A Toxa. Abril de 2019. Dra. Cristina Victoria Iglesia Carreño.
- Relatora: IAMCEST en un hospital sin hemodinámica. Obradoiro sobre síndrome coronaria aguda. SOGACAR. A Toxa. Abril de 2019. Dra. Alba Guitián González.
- I Xornadas de actualización en cadioloxía para médicos de atención primaria. Pontevedra:
- Relator (10/10/2019): Taller de electrocardiografía para atención primaria. Dr. Santiago Gestal Romaní.
- Relatora (24/10/2019): Taller de insuficiencia cardíaca. Dra. Eva González Babarro.
- Relatora: Actualización en el manejo da IC para atención primaria. Pontevedra. 13/03/2019. Dra. Eva González Babarro.
- Relatora: Recomendaciones SEC/SEMI/Guías ICC durante la hospitalización y transición al alta. Pontevedra. 14/03/2019. Dra. Eva González Babarro.
- Panelista: VI Reunión del estado del arte en insuficiencia cardíaca avanzada. Práctica clínica y modelos organizativos. A Coruña. 21-22 de xuño de 2019. Dra. Eva González Babarro.
- Relatora en: I Xornada de Atención Integrada en Anticoagulación. Pontevedra. 16/10/2019. Dra. Eva González Babarro.
- Relatora e moderadora en: Xornadas de Atención Integrada e Continuidade Asistencial - Enfermidades cardiovasculares. Pontevedra. 11/12/2019. Dra. Eva González Babarro.
- Diagnóstico electrocardiográfico para residentes. Duración: 16 horas. Dirixido a residentes de primeiro e segundo ano. Outubro de 2019. Impartido por: Dra. Gargallo, Dr. Lamas, Dr. Fernández, Dra. González, Dra. Cambeiro, Dra. Guitián, Dr. Gestal.
- Membro do comité científico do Congreso Virtual Galaico-Astur de Cardioloxía. 24 e 25 de novembro de 2020. Dra. Paula Gargallo Fernández.
- Moderadora: "Mesa de actualización en insuficiencia cardíaca". Congreso Virtual Galaico-Astur de Cardiología. 24 e 25 de novembro de 2020. Dra. Eva González Babarro.
- Webinar Sociedade Galega de Cardioloxía e Sociedad Asturiana de Cardiología: "El mejor de los congresos de cardiología do 2020". 16 de decembro de 2020. Dra. Cristina García Rodríguez.
- E-poster. "Gender-related differences of FABP4 and leptin according to atrial fibrillation burden".
- Congreso Europeo de Cardiología. Setembro de 2020. Dr. José Nicolás López Canoa.
PUBLICACIÓNS
- Romani SG, Royé D, Sánchez Santos L, Figueiras A. Impact of Extrreme Temperatures on Ambulance. Dispatches Due to Cardiovascular Causes in Norh-Weset Spain. Int J Environ Res Public Health. 2020.Dec 3; 17 (23). PMID: 33287148.
- López-Canoa JN, Couselo-Seijas M, Baluja A et al. Sex-related differences of fatty acid-binding protein 4 and lepitn levels in atrial fibrillation. Europace. 2020; 00, 1-9. DOI: 10.1093/europace/euaa284.
- Couselo-Seijas M, López-Canoa JN, Fernández AL et al. Inflammatory and lipid regulation buy cholinergic activity in epicardial stromal cells from patients who underwent open-heart surgery. J. Cell. Mol. Med. 2020; 24:10958-10969. Doi:10.1111/jcmm.15727.
- Zeymer Ou, Ludman P, Danchin N et al. (ACS STEMI Investigators). The ESC ACCA EAPCI EORP acute coronary síndrome ST-elevation myocardial infarction registry. Eur. Heart J. Qual. Care Clin. Outcomes. 2020; Apr 1; 6(2): 100-104. DOI: 10.1093/ehjqcco/qcz042. Dra. González Babarro.
- Barge-Caballero G, Gargallo-Fernández P, Barge-Caballero E, Crespo-Leiro MG. Popeye´s sign, heart disease, and amyloidosis. Lancet. 2019; Feb 23;393(10173):e32. PMID:307990.
PARTICIPACIÓN EN REXISTROS E ENSAIOS CLÍNICOS
- Investigador-colaborador no proxecto de investigación do ISCIII (2020-2022): "Interacción entre la disfunción autonómica, el tejido adiposo y fibrilación auricular: predictores y mediadores". Dr. José Nicolás López Canoa.
- Coinvestigación no estudo de prevalencia de hipertensión pulmonar en pacientes con hipertensión portal. Dra. Paula Gargallo Fernández.
- Rexistro EMIR: factores de risco en pacientes anticoagulados con rivaroxaban. Dra. González Cambeiro, Dr. Gestal Romaní.
- Rexistro Regueifa (Rexistro galego de FA. Sociedade Galega de Cardioloxía). Dra. Eva González Babarro.
- REGALIAM (Rexistro galego de infarto agudo de miocardio). Dra. Eva González Babarro.
- Estudo REBOOT (Treatment with Beta-blockers after myOcardial infarction withOut reduced ejectionfracTion). Dra. Eva González Babarro.
- Rexistro galego de amioloidose cardíaca. Dra. Eva González Babarro.
- Rexistro levosimendan como terapia de destino (inicio en decembro de 2020). Dra. Eva González Babarro.
- RECARIS: Rexistro español de pacientes en prevención secundaria. Dra. Alba Guitián González e Dr. Diego Fernández Redondo.
- REGAMAP: Rexistro da Sociedade Galega de Cardioloxía (apnea do sono en portadores de marcapasos). Dr. Juan Manuel Lamas Touza.
COMITÉS TÉCNICOS, OUTROS
- O Dr. Fernández Redondo é profesor de Fisioloxía do esforzo na Facultade de Fisioterapia, Universidade de Vigo, Campus de Pontevedra.
- A Dra. González Cambeiro é membro activo da Comisión de carros de parada da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
- A Dra. Iglesia Carreño pertence ao grupo de traballo CÓDIGO SEPSE da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
- A Dra. Gargallo Fernández é vogal en representación do noso servizo na Sociedade Galega de Cardioloxía.
- A Dra. Eva González Babarro é secretaria da Sociedade Galega de Cardioloxía.
- O Dr. Casariego Rosón é membro do Comité Ético Autonómico.
LIGAZÓNS RELACIONADAS
Sociedade Galega de Cardioloxía
Sociedad Española de Cardiología
Programa Mimocardio. Sociedad Española de Cardiología y Fundación Española del Corazón
Fundación Española del Corazón
Cuidándote.net
Asociación Española de Enfermería en Cardiología
ESC European Society of Cardiology