Servizo de Cardioloxía do CHUP

PRESENTACIÓN DO SERVIZO

A misión do Servizo de Cardioloxía da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é contribuír a coidar e mellorar a patoloxía cardiovascular da poboación da nosa área, a través dunha asistencia óptima dos pacientes e unha excelente formación dos profesionais que compoñen o servizo. Aténdese a unha poboación de 310 000 habitantes, distribuídos en 40 concellos, a través de tres centros hospitalarios (Hospital Montecelo, Hospital Provincial, ambos situados na cidade de Pontevedra, e Hospital Público do Salnés, situado en Vilagarcía de Arousa), un centro de especialidades (Casa do Mar de Mollavao), 44 centros de saúde e 9 puntos de atención continuada.

O Servizo de Cardioloxía puxo en marcha unha estratexia de mellora continua da calidade no ámbito asistencial, docente e investigador.

Ámbito asistencial

O Servizo de Cardioloxía defende e comprométese coa continuidade asistencial, sendo o paciente o foco de atención, evitando repeticións de consultas e probas, a duplicidade de tratamentos, diminuíndo os riscos para os propios pacientes e impulsando as relacións entre os profesionais dos diferentes niveis asistenciais.

A procura da mellora constante na calidade conleva tamén unha optimización dos recursos dispoñibles, tentado mellorar a eficiencia en todas as actuacións realizadas no ámbito do servizo.

E desde unha perspectiva máis ampla, unha das finalidades do servizo é tentar fomentar a prevención cardiovascular na sociedade e a promoción da saúde.

Ámbito docente

O Servizo de Cardioloxía comprométese coa formación dos futuros profesionais, pregrao e posgrao, e coa actualización continua do coñecemento científico nas patoloxías cardiovasculares.

Desde setembro de 2020, o servizo incorpora ao seu cadro de persoal o primeiro médico interno residente en cardioloxía da área sanitaria, o que impulsa aínda máis a formación continuada e a investigación por parte dos membros do servizo.

Ámbito da investigación

O Servizo de Cardioloxía impulsa a investigación clínica e epidemiolóxica co fin de xerar coñecemento que mellore a atención dos pacientes cardiovasculares.

PROFESIONAIS DO SERVIZO

Responsable do servizo

Dra. Eva González Babarro


Persoal facultativo

Facultativos especialistas de área: 16

Médicos internos residentes: 1


Persoal de enfermería

Supervisora: María de los Ángeles Casalderrey Quiñones

 

Enfermeiras:

· Planta de hospitalización e Unidade Coronaria: 19

· Probas especiais e consultas externas do Hospital Montecelo: 2

· Casa do Mar de Mollavao: 1

Técnicos en coidados auxiliares de enfermería:

· Planta de hospitalización e Unidade Coronaria: 12

· Probas especiais e consultas externas do Hospital Montecelo: 3

· Casa do Mar de Mollavao: 1


LOCALIZACIÓN E CONTACTO

Secretaría: Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra
Hospital Montecelo, planta 4.ª
Teléfono: 986 800 136

CARTEIRA DE SERVIZOS

A carteira de servizos do Servizo de Cardioloxía inclúe:

  • Hospitalización convencional (planta 4.ª impar, Hospital Montecelo).
  • Hospitalización de pacientes críticos cardíacos - Unidade Coronaria (planta 4.ª impar, Hospital Montecelo).
  • Gardas de presenza física de cardioloxía 24h/7días á semana.
  • Interconsulta hospitalaria.
  • Consulta externa xeral: OCAR11, OCAR12, OCAR14, MCAR54, MCAR55, MCAR60, MCARBY.
  • Consulta de insuficiencia cardíaca. MCARIC.
  • Consulta de cardiopatías conxénitas. MCARBA.
  • Consulta de cardiopatías familiares. MCARFA.
  • Consulta de cardiooncohematoloxía. MCARONC.
  • Consulta en planta de hospitalización. MCARPL.
  • Seguimento de marcapasos, DAI, terapia de resincronización cardíaca. MCARMA.
  • Teleconsulta (e-consulta con atención primaria, farmacia de atención primaria). MCAR35.
  • Xestor de peticións de urxencias hospitalarias e atención especializada. MCAR35.
  • Xestor de peticións desde atención primaria.
  • Probas complementarias:
    • Electrocardiograma. MECG04.
    • Ecocardiograma transtorácico. MECG01, MECG02, PECOC1.
    • Ecocardiograma con resultados. MECG07, PECOC2.
    • Ecocardiograma transesofáxico. MECG02.
    • Proba de esforzo. MERG01, MERG02, MERG13.
    • Ecocardiograma de tensión. MECG02.
    • Holter electrocardiográfico de 24h. MHOLMO.
    • Tilt test (mesa basculante). MHOLMO.
  • Procedementos intervencionistas:
    • Implante de marcapasos uni e bicamerais definitivos. ME07.
    • Implante de desfibriladores e marcapasos resincronizadores cardíacos. ME07.
    • Implante de marcapasos transitorios de urxencia.
    • Recambio de xerador e de electrodos de marcapasos. ME07.
    • Cardioversión eléctrica. MHOLMO.
    • Coronariografía diagnóstica (2 días por semana). MR02.
    • Cateterismos dereitos (2 días por semana). MR02.
    • Intervencionismo coronario (anxioplastia simple, anxioplastia con implantación de stent, guía de presión). MRO2.

ACTIVIDADE CIENTÍFICA

PARTICIPACIÓN EN CURSOS E SEMINARIOS NOS DOUS ÚLTIMOS ANOS
  • Membro do comité científico do Congreso Astur-Galaico de Cardioloxía. Avilés, 31 de maio e 1 de xuño de 2019. Dra. Paula Gargallo Fernández.
  • Relatora dun caso clínico: Transposición de grandes vasos y Mustard. Seguimiento: cuándo, dónde y, sobre todo, cómo. Obradoiro de cardiopatías conxénitas do adulto. SOGACAR. Santiago, 3 de maio de 2019. Dra. Paula Gargallo Fernández.
  • Moderadora de "Controversias con ACOD: ¿como tomamos decisines?" Obradoiro de risco cardiovascular. SOGACAR. Allariz, 29 e 30 de novembro de 2019. Dra. Paula Gargallo Fernández.
  • Relatora: ¿Cómo está la organización de la asistencia al shock cardiogénico en Galicia? Opciones de mejora. La visión del hospital de nivel 2. Obradoiro sobre síndrome coronaria aguda. SOGACAR. A Toxa. Abril de 2019. Dra. Cristina Victoria Iglesia Carreño.
  • Relatora: IAMCEST en un hospital sin hemodinámica. Obradoiro sobre síndrome coronaria aguda. SOGACAR. A Toxa. Abril de 2019. Dra. Alba Guitián González.
  • I Xornadas de actualización en cadioloxía para médicos de atención primaria. Pontevedra:
    • Relator (10/10/2019): Taller de electrocardiografía para atención primaria. Dr. Santiago Gestal Romaní.
    • Relatora (24/10/2019): Taller de insuficiencia cardíaca. Dra. Eva González Babarro.
  • Relatora: Actualización en el manejo da IC para atención primaria. Pontevedra. 13/03/2019. Dra. Eva González Babarro.
  • Relatora: Recomendaciones SEC/SEMI/Guías ICC durante la hospitalización y transición al alta. Pontevedra. 14/03/2019. Dra. Eva González Babarro.
  • Panelista: VI Reunión del estado del arte en insuficiencia cardíaca avanzada. Práctica clínica y modelos organizativos. A Coruña. 21-22 de xuño de 2019. Dra. Eva González Babarro.
  • Relatora en: I Xornada de Atención Integrada en Anticoagulación. Pontevedra. 16/10/2019. Dra. Eva González Babarro.
  • Relatora e moderadora en: Xornadas de Atención Integrada e Continuidade Asistencial - Enfermidades cardiovasculares. Pontevedra. 11/12/2019. Dra. Eva González Babarro.
  • Diagnóstico electrocardiográfico para residentes. Duración: 16 horas. Dirixido a residentes de primeiro e segundo ano. Outubro de 2019. Impartido por: Dra. Gargallo, Dr. Lamas, Dr. Fernández, Dra. González, Dra. Cambeiro, Dra. Guitián, Dr. Gestal.
  • Membro do comité científico do Congreso Virtual Galaico-Astur de Cardioloxía. 24 e 25 de novembro de 2020. Dra. Paula Gargallo Fernández.
  • Moderadora: "Mesa de actualización en insuficiencia cardíaca". Congreso Virtual Galaico-Astur de Cardiología. 24 e 25 de novembro de 2020. Dra. Eva González Babarro.
  • Webinar Sociedade Galega de Cardioloxía e Sociedad Asturiana de Cardiología: "El mejor de los congresos de cardiología do 2020". 16 de decembro de 2020. Dra. Cristina García Rodríguez.
  • E-poster. "Gender-related differences of FABP4 and leptin according to atrial fibrillation burden".
  • Congreso Europeo de Cardiología. Setembro de 2020. Dr. José Nicolás López Canoa.
PUBLICACIÓNS
  • Romani SG, Royé D, Sánchez Santos L, Figueiras A. Impact of Extrreme Temperatures on Ambulance. Dispatches Due to Cardiovascular Causes in Norh-Weset Spain. Int J Environ Res Public Health. 2020.Dec 3; 17 (23). PMID: 33287148.
  • López-Canoa JN, Couselo-Seijas M, Baluja A et al. Sex-related differences of fatty acid-binding protein 4 and lepitn levels in atrial fibrillation. Europace. 2020; 00, 1-9. DOI: 10.1093/europace/euaa284.
  • Couselo-Seijas M, López-Canoa JN, Fernández AL et al. Inflammatory and lipid regulation buy cholinergic activity in epicardial stromal cells from patients who underwent open-heart surgery. J. Cell. Mol. Med. 2020; 24:10958-10969. Doi:10.1111/jcmm.15727.
  • Zeymer Ou, Ludman P, Danchin N et al. (ACS STEMI Investigators). The ESC ACCA EAPCI EORP acute coronary síndrome ST-elevation myocardial infarction registry. Eur. Heart J. Qual. Care Clin. Outcomes. 2020; Apr 1; 6(2): 100-104. DOI: 10.1093/ehjqcco/qcz042. Dra. González Babarro.
  • Barge-Caballero G, Gargallo-Fernández P, Barge-Caballero E, Crespo-Leiro MG. Popeye´s sign, heart disease, and amyloidosis. Lancet. 2019; Feb 23;393(10173):e32. PMID:307990.
PARTICIPACIÓN EN REXISTROS E ENSAIOS CLÍNICOS
  • Investigador-colaborador no proxecto de investigación do ISCIII (2020-2022): "Interacción entre la disfunción autonómica, el tejido adiposo y fibrilación auricular: predictores y mediadores". Dr. José Nicolás López Canoa.
  • Coinvestigación no estudo de prevalencia de hipertensión pulmonar en pacientes con hipertensión portal. Dra. Paula Gargallo Fernández.
  • Rexistro EMIR: factores de risco en pacientes anticoagulados con rivaroxaban. Dra. González Cambeiro, Dr. Gestal Romaní.
  • Rexistro Regueifa (Rexistro galego de FA. Sociedade Galega de Cardioloxía). Dra. Eva González Babarro.
  • REGALIAM (Rexistro galego de infarto agudo de miocardio). Dra. Eva González Babarro.
  • Estudo REBOOT (Treatment with Beta-blockers after myOcardial infarction withOut reduced ejectionfracTion). Dra. Eva González Babarro.
  • Rexistro galego de amioloidose cardíaca. Dra. Eva González Babarro.
  • Rexistro levosimendan como terapia de destino (inicio en decembro de 2020). Dra. Eva González Babarro.
  • RECARIS: Rexistro español de pacientes en prevención secundaria. Dra. Alba Guitián González e Dr. Diego Fernández Redondo.
  • REGAMAP: Rexistro da Sociedade Galega de Cardioloxía (apnea do sono en portadores de marcapasos). Dr. Juan Manuel Lamas Touza.
COMITÉS TÉCNICOS, OUTROS
  • O Dr. Fernández Redondo é profesor de Fisioloxía do esforzo na Facultade de Fisioterapia, Universidade de Vigo, Campus de Pontevedra.
  • A Dra. González Cambeiro é membro activo da Comisión de carros de parada da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • A Dra. Iglesia Carreño pertence ao grupo de traballo CÓDIGO SEPSE da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • A Dra. Gargallo Fernández é vogal en representación do noso servizo na Sociedade Galega de Cardioloxía.
  • A Dra. Eva González Babarro é secretaria da Sociedade Galega de Cardioloxía.
  • O Dr. Casariego Rosón é membro do Comité Ético Autonómico.

LIGAZÓNS RELACIONADAS

Sociedade Galega de Cardioloxía

Sociedad Española de Cardiología

Programa Mimocardio. Sociedad Española de Cardiología y Fundación Española del Corazón

Fundación Española del Corazón

Cuidándote.net

Asociación Española de Enfermería en Cardiología

ESC European Society of Cardiology

​​​​​

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.