Sinalización horizontal

PICTOGRAMAS

Sinalización de diversos Servizos, como Urxencias, Rehabilitación, Radioloxía, Hospitalización, Consultas e zonas de uso xeral, por medio de pictogramas de ARASAAC co obxectivo de facilitar o acceso á información dos pacientes con Trastorno do Espectro Autista (TEA) a través de pictogramas, pero tamén de persoas con algunha discapacidade intelectual ou visual, ou sen alfabetizar.

 

SINALIZACIÓN HORIZONTAL

 

Marcacións no chan guían aos usuarios que acceden desde a entrada no Servizo ata a área de admisión, a sala de espera de familiares, as zonas de triaxe ou a sala de espera de pacientes.

 

Delimitación das áreas de aparcamento de cadeiras de rodas e padiolas nos Hospitais Provincial, Montecelo e Salnés.

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.