Tarxeta Sanitaria AA

20210525_imagen_tarxeta_001.png 

Ventaxas

As unidades asistenciais que reciban pacientes con tarxeta AA, facilitarán o seu acompañamento permanente e daranlles unha consideración de accesibilidade preferente, tanto na atención urxente (dentro da súa prioridade clínica) como na atención programada, axustándose no posible ao horario de citación establecido, para minimizar a súa espera.


Patoloxías que recolle

Na actualidade encóntranse declaradas como patoloxías nas que debe favorecerse a accesibilidade e o acompañamento: os trastornos xeneralizados do desenvolvemento de Espectro Autista, o Alzhéimer, a Parálise cerebral e a Discapacidade intelectual grave asociada a trastornos de conduta e/ou problemas de comunicación.


Non obstante, a petición dos centros sanitarios e ás unidades xestoras con responsabilidade neste proceso de atención, o Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Sanidade poderán emitir a tarxeta sanitaria ou documento de prestación da asistencia sanitaria cun distintivo específico “AA” e aplicar os procedementos e protocolos regulados, a pacientes que presenten trastornos cognitivos ou de memoria, trastornos de conduta e problemas de comunicación que requiran de axuda e acompañamento permanente, independentemente da patoloxía padecida ou diagnosticada. 


Procedemento para a súa emisión:

​Instrución 9/2018 de 12 de decembro de 2018​

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.