Dirección de Recursos Económicos

A Dirección de Recursos Económicos enmárcase dentro da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, tal e como se recolle no Decreto 134/19, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema Público de Saúde de Galicia.

Baixo as directrices da Xerencia da área, dirixe a xestión económica e orzamentaria, as compras de bens e servizos, a xestión patrimonial, a loxística, o mantemento e conservación e os servizos xerais, que veñen a constituír o apoio necesario para a prestación da asistencia sanitaria da nosa área de saúde.

Está situada no antigo edificio de Sanidade, sito na avenida de Vigo, 16. É unha área continua e común que fomenta o traballo colaborativo e participativo entre as diferentes áreas de xestión que dan servizo a todas as estruturas da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (Hospital Montecelo, Hospital Provincial, Hospital Público do Salnés e os 44 centros da rede de atención primaria).

Traballa cun sistema de formulación de obxectivos anuais e é a responsable da implantación e seguimento da xestión ambiental ISO 14001 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

O detalle de servizos dependentes da Dirección de Recursos Económicos é a seguinte:

  • Subministración
  • Concertos e prestacións
  • Contratación administrativa
  • Facturación e ingresos
  • Xestión económica
  • Xefatura de persoal subalterno
  • Mantemento
  • Hostalería
  • Loxística e servizos xerais
  • Control orzamentario e sistemas de información de Recursos Económicos

Ademais, conta coas unidades de:

  • Inventario
  • Apósitos e depósitos

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.