Servizo de Aparello Dixestivo

PRESENTACIÓN DO SERVIZO

O Servizo de Gastroenteroloxía e Hepatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra está especializado na prevención, diagnóstico e tratamento de enfermidades do aparello dixestivo e do fígado.

O equipo de profesionais que forma o Servizo de Gastroenteroloxía e Hepatoloxía diagnostican e tratan enfermidades do colon, esófago, estómago, fígado, intestino delgado, páncreas, vesícula e vía biliar.

Co obxectivo de atender de forma máis específica grupos concretos de enfermidades dixestivas, e dada a súa crecente complexidade, os especialistas do servizo organízanse en diferentes áreas funcionais.

Anualmente:

  • Realiza máis de 14 000 procedementos endoscópicos e máis de 1000 elastografías (Fibroscan).
  • Atende a máis de 20 000 pacientes en consultas externas.
  • Ingresa máis de 1200 pacientes con afeccións dixestivas e hepáticas agudas de alta complexidade.
  • Forma un médico interno residente (MIR) na especialidade.

PROFESIONAIS DO SERVIZO

Responsable do servizo

Xefe de Servizo: Dr. Juan Turnes Vázquez

Persoal facultativo

Facultativos especialistas de área: 14

Médicos internos residentes: 4

Persoal de enfermería

Supervisoras:

  • Lourdes Rodríguez Montes (planta de hospitalización)
  • María Teresa Loureiro Rodríguez (Unidade de Endoscopia Dixestiva e Motilidade)

Enfermeiras:

Técnicos en coidados auxiliares de enfermería:


LOCALIZACIÓN E CONTACTO

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra - Hospital Montecelo

  • Hospitalización: planta 4.ª
  • Consultas e salas de espera: planta 0
  • Unidade de Endoscopia Dixestiva e Motilidade: planta 0

Teléfono da secretaría de dixestivo-endoscopias: 986 800 551

Teléfono da secretaría de dixestivo: 986 800 505


CARTEIRA DE SERVIZOS

O Servizo de Gastroenteroloxía e Hepatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra:

  • Diagnostica e trata pacientes con:
    • Enfermidades dixestivas
    • Enfermidades hepáticas
  • Dispón dos equipos máis actuais para realizar:
    • Endoscopia dixestiva
    • Endoscopia biliopancreática
    • Ecoendoscopia dixestiva
    • Manometrías de alta resolución
    • Outros procedementos
Organización

O Servizo de Aparello Dixestivo presenta a seguinte estrutura:

  • Unidade de Endoscopia Dixestiva e Motilidade
  • Unidade de Enfermidade Inflamatoria Intestinal
  • Unidade de Hepatoloxía
  • Unidade de Hospitalización
  • Consulta de alto risco de cancro dixestivo
  • Oficina de proxectos de investigación e innovación

ACTIVIDADE CIENTÍFICA

Investigación en:

  • Enfermidades hepáticas
    • Optimización diagnóstica e terapéutica en cirrose hepática e hipertensión portal
    • Optimización terapéutica en hepatites virais
  • Enfermidades do aparello dixestivo
    • Optimización diagnóstica e terapéutica en enfermidades inflamatorias intestinais
    • Diagnóstico precoz e tratamento de enfermidades oncolóxicas dixestivas
  • Enfermidades inflamatorias intestinais
  • Cancro colorrectal
  • Estudos farmacoeconómicos e de modelización

Ensaios clínicos en:

  • Hepatite B e C
  • Colanxite biliar primaria
  • Colanxite esclerosante primaria
  • Complicacións da cirrose
  • Enfermidade hepática por depósito de graxa (NASH)
  • Tratamento da colite ulcerosa e da enfermidade de Crohn

LIGAZÓNS RELACIONADAS

Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur

Twitter

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.