Biblioteca do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

20210209_biblioteca_img001.jpg

A biblioteca do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra ten como misión responder ás necesidades de información e coñecemento de todos os profesionais da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, para a atención sanitaria, a docencia e a investigación.

O obxectivo vén marcado polo acceso á mellor evidencia científica para o desenvolvemento dunha excelencia clínica dos profesionais sanitarios.

Os fondos abarcan desde publicacións periódicas internacionais e nacionais a bases de datos das principais disciplinas médicas, libros –tanto impresos como dixitais– ou ferramentas de axuda á toma de decisións clínicas. As súas materias varían desde o ámbito médico en calquera das súas especialidades á enfermaría, a farmacoloxía, a psiquiatría e a psicoloxía ou a administración e xestión sanitarias.

Os traballadores da área sanitaria teñen acceso a unha serie de servizos como:

  • A obtención de documentos (SOD),
  • O préstamo de libros,
  • A asistencia nas procuras bibliográficas nas principais bases de datos.

A biblioteca realiza unha revisión e compilación da produción científica da área sanitaria coa ferramenta informática SOPHOS.

Tamén se proporciona apoio para o arquivo da produción científica e docente no repositorio institucional da Consellería, RUNA.

Para os doentes, temos á súa disposición en préstamo o catálogo da biblioteca de doentes e 132 títulos de libros pertencentes á colección Biblioterapia.


Horario:

8.00 a 15.00 horas.


Localización:

A Biblioteca dispón de dous espazos de sala de lectura/traballo e depósito, un no Hospital Provincial (4.º planta) e outro no Hospital Montecelo (planta -1), ambos ao lado do salón de actos.

Na biblioteca do Hospital Montecelo atópase a aula de innovación.


Contacto:

Teléfono: 986 800 020, extensión 288 020 e 986 807 061, extensión 287 061

Correo electrónico: biblioteca.chopo@sergas.es


Enlaces relacionados

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.