Servizo de Traballo Social da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

 

PRESENTACIÓN DO SERVIZO

O Servizo de Traballo Social é un servizo integrado, constituído por unidades de atención, tanto no ámbito da atención primaria como da atención especializada, que comparte con outros servizos sanitarios a misión de proporcionar unha asistencia sanitaria integral e de calidade, incorporando a dimensión social. Os seus obxectivos son:

  • Identificar e avaliar os factores sociais que inciden no proceso de saúde-enfermidade.
  • Intervir nas necesidades e problemas sociais que xorden, se manifestan ou se agudizan nese proceso.
  • Contribuír á optimización e uso eficiente dos servizos sanitarios.
  • Promover e participar nos programas de promoción e prevención da saúde comunitaria.

Trátase dun apoio profesional que garante a continuidade asistencial. Partindo das necesidades sanitarias, considéranse tamén as posibilidades sociais que favorecen a atención e a recuperación.

O acceso ao servizo pode realizarse a demanda, por derivación doutros profesionais ou institucións ou a través de programas específicos definidos desde a propia organización.


EQUIPO HUMANO

Xefa de servizo

Beatriz-Aranzazu Soto Caba


Traballadoras sociais

3 Hospital Montecelo

2 Hospital Provincial

1 Hospital Público do Salnés

5 Saúde mental


Traballadoras sociais

S.A.P. Bueu

S.A.P. Caldas de Reis

S.A.P. Cambados

S.A.P. O Grove

S.A.P. Marín

S.A.P. Pontevedra (3)

S.A.P. Vilagarcía


LOCALIZACIÓN E CONTACTO

Hospital Montecelo: na área de consultas. Planta -1.

  • Teléfono: 986 800 000
  • Consulta I. Extensión 288 340
  • Consulta II. Extensión 288 030

Hospital Provincial:

  • Teléfono: 986 800 000
  • Consulta I. Primeira planta. Extensión 287 006
  • Consulta II. Terceira planta. Extensión 287 358
  • Consulta III. Psiquiatría hospitalización. Extensión 287 169
  • Consulta IV. Psiquiatría Hospital de día e Equipo de Continuidade de Coidados (ECC). Extensión 287 242

Hospital do Salnés:

  • Teléfono: 986 568 000
  • Consulta I. Extensión 284 193

Unidades de Saúde Mental:

  • Mollavao. Teléfono: 986 800 219, extensión 288 220
  • Lérez. Teléfono: 986 870 800
  • Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 565 063
  • A Parda. Teléfono: 986 800 205, extensión 283 718

Servizos de atención primaria:

  • Bueu. Teléfono: 986 323 313, extensión 283 393
  • Cambados. Teléfono: 986 524 150, extensión 283 418
  • Caldas de Reis. Teléfono: 986 540 112, extensión 282 411
  • O Grove. Teléfono: 986 731 049, extensión 282 347
  • Marín. Teléfono: 986 883 580, extensión 282 116
  • Pontevedra, A Parda. Teléfono: 986 868 824, extensión 283 718
  • Pontevedra, Lérez. Teléfono: 986 863 027, extensión 282 233
  • Pontevedra, Virxe Peregrina. Teléfono: 986 860 602, extensión 283 032
  • Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 510 306, extensión 282 633

CARTEIRA DE SERVIZOS

  1. Consultoría social e familiar. Inclúe información, orientación e asesoramento sobre:
    • Reorganización de roles familiares, estratexias persoais-familiares de afrontamento ao redor dos coidados.
    • Apoio social dispoñible nos distintos sistemas de protección social e o terceiro sector.
    • Activos comunitarios que poidan incidir na saúde.
    • Atención sanitaria. Vías de acceso, prestacións e servizos.
  2. Valoración social:
    • Exploración.
    • Detección de situacións de risco.
    • Identificación de factores de protección.
    • Priorización de necesidades.
  3. Diagnóstico social:
    • Definición do problema.
    • Análise e síntese da situación.
    • Determinación de accións que hai que realizar.
  4. Intervención social.
    1. Individual:
      • Apoio psicosocial, incluíndo o final da vida, o duelo etc.
      • Desenvolvemento de actividades de protección de carácter social ou xurídico en situacións de desprotección ou vulnerabilidade.
      • Traballo social clínico.
      • Mediación nas desorganizacións/rupturas familiares.
      • Seguimento tras a alta e acompañamento no proceso de integración social.
    2. Grupal:
      • Grupos de axuda mutua.
      • Grupos de promoción da saúde.
    3. Comunitaria:
      • Deseño e desenvolvemento de procesos de identificación de activos.
      • Participación no diagnóstico comunitario.
      • Participación en programas de desenvolvemento comunitario.
  5. Enlace coa rede comunitaria:
    • Coordinación sociosanitaria.
    • Coordinación e apoio ás asociacións de pacientes e organizacións de voluntariado.
  6. Tramitación de prestacións, recursos ou servizos.
  7. Documentación:
    • Informes sociais.
    • Outros informes para o tratamento e derivación a outros centros ou unidades.

DOCENCIA

  • Rotacións de alumnos/as E.I.R. en atención primaria.
  • Centro colaborador de prácticas de alumnos/as do Grao en Traballo Social.

LIGAZÓNS RELACIONADAS

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.