ISO: 14001 Xestión Ambiental

XESTIÓN AMBIENTAL DA ÁREA SANITARIA DE PONTEVEDRA E O SALNÉS

A Área Sanitaria de Ponte​vedra e O Salnés, dispón dun sistema de Xestión Integrado de Calidade nas normas UNE-EN ISO 14001:2015 e UNE-EN ISO 9001:2015. Os principios deste modelo son coherentes coa estratexia de calidade da área no desenvolvemento da súa misión de contribuír ao coidado e mellora da saúde dos nosos pacientes e promover a calidade de vida dos cidadáns, a protección do medio ambiente e no obxectivo primordial de prestar servizos sanitarios baseados na máxima efectividade, calidade, seguridade e equidade, humanizados e orientados a satisfacer as necesidades de saúde e as expectativas dos pacientes.

Dentro da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, desde o ano 2010, o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, ten implantado un sistema de xestión ambiental, baseado na Norma ISO 14001, o cal facilita que unha organización controle todas as súas actividades, servizos e produtos que poidan causar algún impacto sobre o medio ambiente e poder dar resposta ás condicións ambientais cambiantes.

Isto implica, entre outros aspectos:

  • Realizar an​ualmente unha análise do contexto, tanto interno como externo, no que se sinalen as debilidades e as fortalezas do sistema, no caso da análise do contexto interno, e as oportunidades e ameazas, no caso da análise externa.
  • A determinación de riscos e oportunidades mediante a elaboración de matrices de riscos e oportunidades, a partir da análise de contexto, que se revisa anualmente.
  • A identificación e avaliación do cumprimento de requisitos legais ambientais que nos aplican.
  • A identificación e avaliación dos Aspectos Ambientais das actividades, tanto asistenciais como non asistenciais, que se realizan nos Hospitais Montecelo e Provincial, (residuos, verteduras, ruídos ...), que poden interactuar co medio, e que deben ser controladas, sinalando aqueles aspectos ambientais significativos, e establecendo sobre algún deles áreas de mellora, co obxecto de tentar controlar o impacto que producimos no medio ambiente, tamén desde o punto de vista do ciclo de vida.
  • A elaboración de indicadores dos principais aspectos ambientais.
  • O establecemento de obxectivos anuais de mellora.

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.