II Xornadas de atención compartida

Introdución

O elemento de maior peso na transformación dos sistemas de saúde no futuro próximo, será a evolución cara a sistemas e modelos que ofrezan unha atención máis integrada co obxecto de mellorar a experiencia do paciente, conseguindo maior saúde e benestar e unha provisión de servizos máis eficiente. A denominación destas xornadas non é inocente. Non é posible que unha soa organización, nin un só hospital, nin un centro de saúde, poidan dar a mellor atención de forma illada. Ante os novos desafíos que se vinculan á cronicidade, os Sistemas Sanitarios, levaron a cabo diversos cambios organizativos para conseguir unha atención integrada de dispositivos vinculados inicialmente a esa cronicidade.

Tanto os hospitais, como os centros de atención primaria, realizaron cambios organizativos para adaptarse a esa demanda de maior coordinación e continuidade (as vías de diagnóstico rápido, procesos asistenciais integrados, como exemplo). As limitacións e barreiras que identificamos na pandemia para esa atención integrada alcanzaron á atención socio sanitaria, o traballo social. Con todo, estamos lonxe de dar esa atención compartida, que como se sinala, non é inocente no título destas xornadas.

A Atención Compartida vincúlase á atención en equipo, moi distinto da habitual atención en serie. É a organización a que ten que ser diferente na abordaxe non só da cronicidade, senón da atención á poboación preventivamente. A atención a domicilio, que no noso SERGAS estenderase por toda a comunidade, beneficiarase se temos presente esa atención compartida. Con esta Xornada queremos contribuír a esa necesidade de “pensar fóra da caixa”, para que tanto as institucións como os profesionais entendamos que a atención compartida facilitará unha estreita comunicación entre a Atención Primaria e Hospitalaria a través dun traballo conxunto que nos achegará mellores resultados.

Obxetivos

Principal

  • Compartir unha visión en rede da atención primaria e hospitalaria na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Específicos

  • Mellora das competencias profesionais na atención compartida.
  • Diagnóstico de situación na atención compartida entre medicina e enfermería na Área Sanitaria.
  • Aportar unha visión comunitaria na atención das patoloxías máis frecuentes en Psiquiatría, Dermatoloxía, Uroloxía, Hematoloxía e Procesos Infecciosos.
  • Integrar a voz do paciente na mellora continua da atención sanitaria da Área.
​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​
​​LUGAR ​Salón de actos Hospital Montecelo
​​DATA Ano 2021: 11 e 25 novembro
Ano 2022: 27 de xaneiro, 24 febreiro e 17 marzo​
​​ORGANIZADO POR Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés
​​PRAZO INSCRICIÓN
​​COTA DE INSCRICIÓN
(NOTA: A Fundación retén un 15% sobre a cota de inscrición como gastos de xestión)
​​ACREDITACIÓN ​Pendente resolución SAGA
​​MÁIS INFORMACIÓN Docencia.formacioncontinuada.chopo@sergas.es
​​CERTIFICADO ACREDITACIÓN INDISPENSABLE A ASISTENCIA Á TOTALIDADE DAS CINCO XORNADAS.​

Dirixido a: Médicos e enfermeir@s


Programa

I) A ATENCIÓN COMPARTIDA EN DERMATOLOXÍA: DÍA 11 DE NOVEMBRO

Moderadora: Dra. Ángeles Flórez. Xefa de Servizo de Dermatoloxía.

 - 17:00 h. Teledermatoloxía: perspectiva clínica. Efectividade da e-consulta asincrónica.

Relatora: Dra. Ana Batalla Cebey. FEA Servizo de Dermatoloxía.

 - 17:20 h. Teledermatoloxía: perspectiva de Atención Primaria Identificación de boas prácticas para mellorar a efectividade da teledermatoloxía.

Relatora: Dr. M. Ovalle Macias. Médico de Familia. C.S. A Parda Pontevedra.

 - 18:00 h. Urxencias en dermatoloxía. Cando sospeitalas? Como manexalas?

Relatora: Dra. Suh Oh HAe. FEA Servizo de Dermatoloxía

 - 18:20 h. O papel da Enfermería na hidradenite supurativa.

Relatora: Lucia Vilanova Trillo. Enfermeira do Servizo de Dermatoloxía.

Conclusións


II) A ATENCIÓN COMPARTIDA EN PSIQUIATRÍA: 25 DE NOVEMBRO

Moderador: Dr. A. Casas Losada. Xefe de Servizo de Psiquiatría.

 - 17:00h. Plan de Saúde Mental de Galicia.

Relatora: Dra. María Tajes Alonso. Xefa de Servicio de Saúde Mental. Servizo Galego de Saúde.

 - 17:20 h. Atención ao Trastorno Mental Común e Suicidio. Utilidade dos Protocolos de consenso. Perspectiva Psiquiatra.

Relator: Dr. Ramón Ramos Ríos. FEA Servizo de Psiquiatría.

 - 17:40 h. Atención ao trastorno Mental Común e Suicidio. Utilidade de los Protocolos de consenso. Perspectiva do Médico de Familia.

Relatora: Dra. Isabel Gomis Sanchís. FEA de Familia e Comunitaria.

Descanso

 - 18:15 h. Psicoloxía Clínica. Retos da Atención Psicoterapéutica no Sistema Público de Saúde.

Relatora: Laura Pérez Méndez. FEA Servizo de Psiquiatría

 - 18:35 h. A visión da atención sanitaria desde a voz do paciente.

Relatora: Monserrat García González. Psicóloga Clínica. Coordinadora Servizos Atención Psicolóxica. Asociación Alba.

Conclusións


III) A ATENCIÓN COMPARTIDA EN UROLOXÍA: 27 DE XANEIRO DE 2022

Moderador: Juan A. González Dacal – FEA do Servizo de Uroloxía Área Sanitaria

 - 17:00 h. Situación e necesidades de AP no diagnóstico do Cancro de próstata

Relator: Carlos Bastida Calvo. Médico de Familia. Centro de Saúde de Marín.

 - 17:20 h. O manexo de biomarcadores (CaP e PSA) en Atención Primaria ante a sospeita de Cancro de Próstata.

Relator: Juan A. González Dacal – FEA do Servizo de Uroloxía.

 - 17:40 h. A enfermeira de práctica avanzada en Uroloxía.

Relatora: Eva Carpintero Sánchez – Enfermeira. Servizo de Uroloxía

 - 18:00 h. Detección precoz, da teoría á práctica: casos clínicos.

Taller clínico: Participación interactiva dos asistentes na resolución de casos clínicos

Relator: Higinio Rodríguez Núñez – Xefe de Sección. Servizo de Uroloxía

Conclusións


IV) A ATENCIÓN COMPARTIDA EN PROCESOS INFECCIOSOS: 24 DE FEBREIRO DE 2022

“Alertas en enfermidades de transmisión sexual”

Moderador: Dr. Julio Diz Aren. FEA Servzo de Medicina Interna.

 - 17:00 h. Aproximación diagnóstica e medidas preventivas nas I.T.S.

Relator: Dr. David M. Guzmán Figueroa. FEA Servizo de Microbioloxía.

 - 17:20 h. A infección por VIH: obxectivos 90-90-90 (OnuSida) tras a pandemia onde estamos?

Relator: Dr. Julio Diz Arén. FEA Servizo de Medicina Interna

 - 17:40 h. Implantación e significación das estratexias de tratamento antiretroviral

Relator: Dr. Luciano Martínez- FEA Servizo de Farmacia

 - 18:00 h. O papel da enfermeira na atención ao UPI-VIH: á propósito dunha experiencia

Relatora: Celia M. Machado Agulla. Supervisora de consultas externas.

Conclusións


V) A ATENCIÓN COMPARTIDA EN HEMATOLOXÍA: 17 DE MARZO

Moderadora: Dra. Lourdes Amador. Xefe de Servizo de Hematoloxía

 - 17:00 h. Novas terapias diana en hematoloxía que debe coñecer o Médico de Atención Primaria?

Relator: Dr. Rafael Romero. FEA Servizo de Hematoloxía.

 - 17:20 h. Gammapatías monoclonales: Diagnóstico, seguimento e criterios de derivación de primaria a Hematoloxía.

Relatora: Dra. Ana Dios. FEA Servizo de Hematoloxía.

 - 17:40 h. Síndrome anémico e criterios de derivación desde primaria a hematoloxía. Análise do protocolo de consenso.

Relator: Dr. Miguel Aboal. Centro de Saúde de Marín

 - 18:00 h. Valoración de teleconsulta de hematoloxía: Perspectivas desde Hematoloxía e Atención Primaria, posibilidade de melloras.

Visión do MAP: Dr. Miguel Aboal. Centro de Saude de Marín.

Visión do Hematólogo: Dra. Ángeles Fernández. FEA Servizo de Hematoloxía.

Conclusións


​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​

BOLETÍN DE INSCRICIÓN

Nome:
1º Apelido:
2º Apelido:
DNI:
Institución/Compañía:
Grupo/Especialidade:
Enderezo:
Código postal:
E-mail:
Verificar Email:
Teléfono:
Investigador/a IISGS (SI/NO)

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.