Coral polifónica "O CHOPO"

20210618_Coral_CHOPO_image001.jpg 

A Coral Polifónica “O CHOPO”, conformada actualmente por 41 persoas nace no ano 2005 no seo do Complexo Hospitalario de Pontevedra baixo a dirección de D. Manuel Rey Otero, facendo a súa estrea coa celebración da festividade do complexo hospitalario, o día da patroa, a Virxe do Perpetuo Socorro.

Durante este xa experimentado período musical veñen de realizar actuacións na totalidade dos teatros da capital pontevedresa (Teatro Principal, Pazo da Cultura e Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra) e na Real Basílica de Santa María.

Participa cada ano nos Festivais organizados polo concello de Pontevedra no “Día das Letras Galegas”, nas “Festas da Peregrina” e no ciclo de “Panxoliñas na Rúa”.

Na súa labor social ten ofrecido varios concertos en Centros Benéficos, Asilos e Residencias da 3ª Idade da nosa cidade e acompaña todos os anos ós recen graduados universitarios do Complexo Hospitalario no acto de entrega de diplomas e orlas coa interpretación do celebre himno universitario Gaudeamus Igitur.

20210618_Coral_CHOPO_image002.jpg 

Ademais, ten celebrado concertos no Mosteiro de Poio, no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, nos auditorios do Liceo Casino de Vilagarcía, Cangas, Serra de Outes, Aveiro (Portugal) etc... e nos Festivais de Habaneras e Panxoliñas organizados pola Deputación de Pontevedra no Teatro A Fundación de Vigo e no Auditorio de Valga.

Recentemente ven de participar no Encontro Internacionais de Coros dos Centro Interhospitalarios que se celebraron nas cidades portuguesas de Porto, Coimbra e Portimao nos anos 2017 , 2018 e 2019 respectivamente.

Todos os anos chegado o mes de xuño, conmemora a súa festividade nun variado Festival que da cabida a diversos estilos artísticos e musicais con múltiples agrupacións invitadas e onde eles poñen o peche final ó mesmo.

Na actualidade a Coral está dirixida polo mestre D. Julio Vázquez Martínez.

20210618_Coral_CHOPO_image003.jpg 

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.