Gran Montecelo

Participación no Proxecto Gran Montecelo

Plan funcional e plan de espazos para o proxecto Gran Montecelo

As fases que compoñerán a elaboración do PLAN FUNCIONAL e do PLAN de ESPAZOS para o PROXECTO Gran Montecelo son as seguintes:

  • Fase 1: habilitaranse na plataforma os formularios de participación e información xeral acerca de que é e que non é un plan funcional e cal é o contido. Reunión presencial cos servizos e cos profesionais para coñecer o estado actual.
  • Fase 2: habilitaranse na plataforma os datos referidos ao estado actual (planos e dimensións dos locais) do Complexo Hospitalario de Pontevedra.
  • Fase 3: incorporaranse na plataforma os borradores de cada capítulo do Plan Funcional:
    • Análise da contorna (demografía, proxeccións de poboación…)
    • Estado actual detallado con formato Plan Funcional
    • Proposta do plan funcional (dimensións)
    • Reunión presencial cos grupos de traballo (análise e debate)
    • Proposta final do Plan Funcional
  • Fase 4: habilitarase na plataforma o borrador de Plan de Espazos por servizo (superficies e características dos locais).
    • Reunión presencial cos grupos de traballo (análise e debate)
    • Proposta final do Plan de Espazos

Nos ficheiros e cartafoles que se xunten presentaranse os traballos que forman parte do proceso de elaboración do Plan Funcional e do Plan de Espazos descritos nas fases anteriores.

As propostas que cada profesional decida realizar poderán servir para crear/ampliar a carteira de servizos ou para propoñerlles correccións aos documentos elaborados polo equipo de desenvolvemento do proxecto. Para cada unha desas situacións existen protocolos definidos para presentalas (ver os cadros que se xuntan). As propostas deberán axustarse, na medida do posible, aos formularios indicados.

Tipos de propostas e protocolos que se utilizarán
Tipo Concepto Protocolo
Crear/ampliar

Propostas para ampliar a carteira de servizos do CHUP.

Proposta de creación
Correctivas

Reservadas para propoñer a modificación de calquera aspecto das dimensións e espazos actuais e/ou sobre os documentos que se vaian incorporando á plataforma.

Proposta de correción

Unha vez cubertos, os citados protocolos deben ser remitidos ao seguinte enderezo electrónico javier@gesmedica.es.

As propostas creativas e correctivas poderán ser presentadas desde hoxe ata o luns 20 de marzo.

Rogámoslle que antes de facer a súa proposta, repase brevemente os seguintes documentos:

  • Que é e que non é un plan funcional e plan de espazos.
  • Metodoloxía xeral e alcance dun plan funcional e un plan de espazos.

A través do correo citado tamén pode vostede expor calquera dúbida que lle xurda, tanto metodolóxica como sobre o contido dos documentos do Plan Funcional e do Plan de Espazos.

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.