Servizo de Psiquiatría do CHUP


I. PRESENTACIÓN DO SERVIZO

O Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e O Salnés está formado por un equipo multidisciplinar, integrado por profesionais da psiquiatría, da psicoloxía, da enfermaría, da terapia ocupacional, do traballo social, por auxiliares de psiquiatría e de enfermaría, por celadores e por unha secretaría, que suman os seus esforzos para a atención ao paciente con enfermidade mental e aos usuarios en situación circunstancial de necesidade de apoio terapéutico.

No ámbito hospitalario, presta unha asistencia diaria a outras especialidades médicas, non só aos pacientes, senón tamén a familiares e acompañantes, a través dos programas de interconsulta e enlace, cunha crecente oferta e demanda. No ámbito ambulatorio, a conexión e a actividade co nivel primario tampouco deixa de medrar, en especial na área infanto-xuvenil e na atención á psicoxeriatría, onde complementa a súa atención coa asistencia in situ, nos propios centros residenciais. A atención e o apoio a usuarios e familiares lévase a cabo mediante a intervención nun dispositivo intermedio, coa atención continuada no hospital de día do servizo.

Pero a actuación do servizo esténdese fóra do complexo hospitalario, trata de ofrecérselle ao usuario alí onde se encontre e deba prestárselle atención. Ademais da xa citada actividade externa da Unidade de Psicoxeriatría, esta área de actividade corre principalmente a cargo da Unidade de Coidados Continuados, que acode aos propios domicilios dos usuarios atendidos e realiza apoio específico a asociacións de familias e usuarios que manteñen abertos centros residenciais e mais ao sistema de pisos protexidos para a atención a pacientes con afectación da saúde mental.


II. EQUIPO ASISTENCIAL e estrutura do servizo (actualización en xaneiro de 2024)

UNIDADE DE HOSPITALIZACIÓN (Hospital Provincial de Pontevedra)
Localización: Hospital Provincial de Pontevedra. 18 camas (4 habitacións individuais e 7 dobres; 2 individuais e 5 dobres sen aseo). 2 zonas de aseos compartidos. 2 áreas de enfermaría e 1 sala de estar de enfermaría. 1 almacén. 3 salas específicas: comedor, terapia ocupacional e estar de usuarios ingresados; 1 sala de visitas familiares. Na área administrativa, 7 despachos. Ámbito de atención: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Vicente Álvarez Pérez Psiquiatra
Alfonso Casas Losada Psiquiatra. Xefe de servizo
Elisa Mariño Iglesias Psiquiatra
Nora Fernández Seco Psiquiatra
Montserrat Cortizo Gosende Secretaria
Ramona Rodríguez Millara Traballadora social
María Prado Lago Terapeuta ocupacional
Alexandra Arias Villanueva Supervisora de enfermaría
María Dolores Baqueiro Balladares (enfermeira especialista en saúde mental)
Xulia Vázquez Valdés (enfermeira especialista en saúde mental)
M.ª Soledad Gómez Pereiras (enfermeira)
Rocío Barreiro Romano (enfermeira especialista en saúde mental)
Cristina Márquez (enfermeira)
Andrea Arca (enfermeira especialista en saúde mental)

Unidade de Interconsulta e enlace Hospital Provincial-Hospital Montecelo (Hospital Provincial de Pontevedra)
Localización: área administrativa do Servizo de Psiquiatría. Hospital Provincial de Pontevedra. 2 despachos. Ámbito de atención: Hospital Provincial, Hospital Montecelo.
José María Blanco Lobeiras Psiquiatra. Xefe de sección
Beatriz Fernández Malvido Psicoloxía clínica. Facultativa

Unidade de Interconsulta e enlace Hospital Público do Salnés (Hospital Público do Salnés))
Localización: área administrativa do Servizo de Psiquiatría. Hospital Provincial de Pontevedra. 1 despacho. Ámbito de atención: Hospital Público do Salnés.
Francisco Javier Vicente Alba Psiquiatra

HOSPITAL DE DÍA (Hospital Provincial de Pontevedra)
25 prazas. Localización: Hospital Provincial de Pontevedra. 2 despachos. 3 salas definidas (comedor, terapia ocupacional, estar enfermos). Área de enfermaría e despacho de coidados de enfermaría. Ámbito de atención: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Tania Blanco Pena Psiquiatra
Laura Montero Castro Psicoloxía clínica. Facultativa
Vacante Enfermeira especialista en saúde mental
Rafael Rodríguez Varela Traballador social
Nuria Romero Rodríguez Terapeuta ocupacional

Unidade de Continuidade de Coidados. Área de Pontevedra (Hospital Provincial de Pontevedra)
Localización: espazo físico do hospital de día do Servizo de Psiquiatría. Hospital Provincial. 1 despacho. Ámbito de atención: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Tania Blanco Pena Psiquiatra
José Luis Buceta Hazas Enfermeiro especialista en saúde mental
Elisa Sabucedo Rodríguez Traballadora social
Begoña Filgueira Capelo Técnica especialista en coidados de enfermaría

Unidade de Continuidade de Coidados. Área do Salnés (Hospital Público do Salnés)
Localización: espazo físico do hospital de día do Servizo de Psiquiatría. Hospital Público do Salnés. 1 despacho. Ámbito de atención: toda a área sanitaria do Salnés.
Francisco Javier Vicente Alba Psiquiatra
Patricia González Chaves Enfermeira especialista en saúde mental
Francisca Codesido Fuciños Traballadora social

Unidade de Saúde Mental (USM) de Mollavao (Centro de Especialidades de Mollavao)
Localización: Centro de Especialidades de Mollavao. Pontevedra. 8 despachos. Ámbito de atención: municipios de Bueu, Caldas de Reis, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra.
María José Abella Arosa Psiquiatra
Patricia López Landeiro Psiquiatra
Carmen Fernández González Psiquiatra
Paloma Sanchidrián Peregil Psicoloxía clínica. Facultativa
María José García Soto Psicoloxía clínica. Facultativa
Rosario Portela Fandiño Enfermeira especialista en saúde mental
Ramón Caneda Conde Secretario
M.ª Dolores Rodríguez Pomares Traballadora social

Unidade de Psicoxeriatría & equipo sociosanitario (Centro de Especialidades de Mollavao)
Localización: Centro de Especialidades de Mollavao. Pontevedra. Espazo físico da USM: 2 despachos. Ámbito de atención: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Javier Rodríguez Navarrete Psiquiatra
Raquel Grande González Psiquiatra
Laura Pérez Méndez Psicoloxía clínica. Facultativa
Verónica Ferro Búa Enfermeira especialista en saúde mental
Ramón Caneda Conde Secretario

Unidade de Conduta Suicida (Centro de Especialidades de Mollavao)
Localización: Centro de Especialidades de Mollavao. Pontevedra. Espazo físico de la USM: 3 despachos. Ámbito de atención: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Aurora Alonso Gómez Psiquiatra
Laura Sotelo Estévez Psicoloxía clínica. Facultativa
Rosario Portela Fandiño Enfermeira especialista en saúde mental
Paula Lorenzo García Secretaria
M.ª Dolores Rodríguez Barros Traballadora social

Centro de Orientación Familiar (Centro de Especialidades de Mollavao)
Localización: Centro de Especialidades de Mollavao. Pontevedra. Ámbito de atención: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Jacinto José Casas Araújo Psicoloxía clínica. Facultativo
María Almuíña Martínez Secretaria

Unidade de Saúde Mental de Lérez (Centro de Saúde de Lérez)
Localización: Centro de Saúde de Lérez. Pontevedra. 8 despachos. Atención aos municipios de Barro, Campo Lameiro; Cerdedo, Forcarei, O Grove, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Portas, Sanxenxo, Pontevedra.
Raquel Fraga Martínez Facultativa
María Ruiz Gippini Facultativa
David Fachal Vázquez Facultativo
Ana Novoa Rodríguez Psicoloxía clínica. Facultativa
Mercedes Fernández Hermida Enfermeira especialista en saúde mental
Nuria Feijoo Alonso Secretaria
M.ª Dolores Rodríguez Pomares Traballadora social

Unidade de Saúde Mental de Vilagarcía
Localización: Edificio propio. Avda. Juan Carlos I, 38. Vilagarcía de Arousa. 5 despachos. Atención aos municipios da Illa de Arousa, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Catoira.
Carmen Sánchez Rivas Psiquiatra
Carmen García Echave Psiquiatra
Vacante Psiquiatra
Vacante Psicoloxía clínica. Facultativo
Ana Amado Mera Psicoloxía clínica. Facultativo
Begoña Filgueira Rosal Enfermeira especialista en saúde mental
Verónica López Loira Enfermeira
Sira María Noya Barreiro Secretaria
Francisca Codesido Fuciños Traballadora social

Unidade Infanto-Xuvenil (Centro de Saúde da Parda)
Localización: Centro de Saúde da Parda. Pontevedra. 5 despachos. Atención: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
José María García Ríos Psiquiatra
Aurora Cortiñas Otero Psiquiatra
Paula López de Castro Barrios Psiquiatra
Carmen Vidal Mariño Psicoloxía clínica. Facultativa
Rosa María Lede Rodríguez Psicoloxía clínica. Facultativa
Miriam Pérez González Secretaria
Beatriz-Aranzazu Soto Caba Traballadora social

III. LOCALIZACIÓN Y CONTACTO

# Unidade de Hospitalización Psiquiátrica (UHP)
# Unidade de Interconsulta e enlace Hospital Provincial-Hospital Montecelo
# 986 80 73 09
986 80 00 00, extensión 463
986 80 00 00, extensión 309
Hospital Provincial de Pontevedra
# Hospital de día de adultos (HD)
# Unidad de Coidados Continuados (UCC). Área de Pontevedra
# 986 80 84 66, extensión 287 466
# 986 80 00 00, extensión 287 242
Hospital Provincial de Pontevedra
# Unidade de Saúde Mental de Mollavao
# Unidade de Psicoxeriatría
# Centro de Orientación Familiar (COF)
# 986 80 02 19, USM
# 986 80 02 19, Psicoxeriatría
# 986 80 02 31, COF
Centro de Especialidades de Mollavao
Pontevedra
Unidade de Conducta Suicida # 986 800 283 Centro de Especialidades de Mollavao
Pontevedra
Unidade de Saúde Mental de Lérez # 986 87 08 00 Centro de Saúde de Lérez
Pontevedra
# Unidade de Salud Mental do Salnés
# Interconsulta Hospital Público do Salnés
# 986 565 063 # Avda. Juan Carlos I, 38 Vilagarcía de Arousa
# Hospital Público do Salnés
Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil (USM-IJ) # 986 80 02 05 Centro de Saúde da Parda
Pontevedra

IV. CARTEIRA DE SERVIZOS

O Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e O Salnés presta todos os servizos asistenciais necesarios para o diagnóstico, tratamento e coidados en psiquiatría, psicoloxía clínica e enfermaría de saúde mental, segundo os criterios diagnósticos da Organización Mundial da Saúde.

Carteira de servizos

  • Unidade de Hospitalización. Atención hospitalaria >16 anos. Diagnóstico e tratamento médico psiquiátrico e psicolóxico, así como actividade de terapia ocupacional e coidados de enfermaría, de pacientes que requiren ingreso hospitalario breve na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica. Ámbito: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Diagnóstico e tratamento médico psiquiátrico e psicolóxico, así como coidados de enfermaría de pacientes menores de 16 anos que requiren ingreso hospitalario breve, que poidan estar ingresados no Servizo de Pediatría, a cargo do equipo mixto de facultativos da USM Infanto-Xuvenil e adscritos á Unidade de Hospitalización. Ámbito: Hospital Provincial.
  • Hospital de día. Diagnóstico e tratamento médico psiquiátrico e psicolóxico, así como actividade ocupacional, de rehabilitación e inserción psicosocial e coidados de enfermaría para pacientes maiores de 16 anos que requiren ingreso hospitalario parcial en réxime de hospital de día. Ámbito: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Atención á urxencia en saúde mental. Adultos e infanto-xuvenil. Continuada 24 horas. Psiquiatra de garda presencial. Hospital Provincial de Pontevedra. Ámbito: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Interconsulta e enlace. Diagnóstico e tratamento médico psiquiátrico e psicolóxico de pacientes ingresados noutros servizos ou unidades hospitalarias por medio do programa de interconsulta e enlace, estendido aos tres hospitais da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés: Hospital Montecelo, Hospital Provincial e Hospital Público do Salnés.
  • Saúde mental ambulatoria para maiores de 16 anos. Atención integral. Diagnóstico e tratamento médico psiquiátrico e psicolóxico, así como coidados de enfermaría para pacientes adultos nas unidades de saúde mental asentadas en áreas de distribución territorial.
  • Saúde mental infanto-xuvenil. Atención integral ambulatoria. Diagnóstico e tratamento médico psiquiátrico e psicolóxico para a atención a menores de 16 anos e as súas familias. Avaliación neuropsicolóxica específica infanto-xuvenil. Ámbito: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Saúde mental infanto-xuvenil. Apoio á Unidade de Hospitalización e enlace de psiquiatría e o Servizo de Pediatría, no caso de menores hospitalizados. Ámbito: Hospital Provincial.
  • Psicoxeriatría. Atención integral, psiquiatría e psicoloxía clínica a usuarios maiores de 65 anos derivados desde as USM de adultos e do Servizo de Neuroloxía, pola súa especial complexidade clínica. Ámbito: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Psicoxeriatría. Programa de atención a centros residenciais. Atención in situ aos problemas de saúde mental das persoas residentes en residencias da terceira idade. Actualmente existen tres centros: Residencia de Vilaboa; Residencia Valle Inclán, en Vilanova de Arousa; Residencia Divina Pastora, en Vilagarcía de Arousa.
  • Conduta suicida. Unidade de Conduta Suicida. Atención á conducta suicida non urxente.
  • Atención domiciliaria/continuidade de coidados. Diagnóstico e tratamento médico psiquiátrico, así como os coidados de enfermaría no domicilio de pacientes con diagnostico de trastorno mental grave e derivados desde outros dispositivos de saúde mental. Prestada pola Unidade de Coidados Continuados. Ámbito: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Diagnóstico e tratamento psicolóxico en situación psicosocial, de parella ou familiar problemática en persoas que presentan trastorno mental a seguimento en dispositivos de saúde mental. Problemas sexuais/parafilias. Proceso de identificación de xénero e/ou problemas asociados a el. Maltrato/abuso/violencia de xénero (física, sexual e psíquica). Outros (información/asesoramento sobre a planificación da familia. IVE). Ámbito: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Traballo social. Atención, valoración e diagnóstico social en cada un dos dispositivos asistenciais. Apoio á dependencia.

Programas

  • Programa de tratamento con terapia electroconvulsiva.
  • Programa de tratamento con esketamina
  • Programa de prevención de recaídas/xestión de neurolépticos de acción prolongada, trastorno mental grave. Unidades de Saúde Mental. Ámbito: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Programa de avaliación neuropsicolóxica. Equipo de Neuropsicoloxía. Hospital Provincial. Ámbito: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Programa de atención aos primeiros episodios psicóticos. Atención grupal e individual. Hospital de día. Ámbito: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

V. ACTIVIDADE DOCENTE

O Servizo de Psiquiatría organiza a actividade formativa a través do seu Comité de Docencia, formado polos titores/as de residentes MIR (médico/a interno/a residente), PIR (psicólogo/a interno/a residente) e EIR (enfermeiro/a interno/a residente), e un representante de cada área de especialidade.

V.1. Docencia pre e posgrao

O Servizo de Psiquiatría nos últimos anos dispón de acreditación para a docencia MIR de Psiquiatría, cunha capacidade de un/unha residente por ano, de inicio no ano 2008, e a docencia PIR. No ano académico 2019-2020 engadiuse a formación de Enfermaría Especialista en Saúde Mental, cun/unha residente por ano. Está integrado nas rotacións dos plans de docencia doutras especialidades acreditadas no complexo hospitalario da área sanitaria: Medicina de Familia, Pediatría, Medicina Interna, Neuroloxía, Xeriatría e Oncoloxía. O Servizo de Psiquiatría tamén colabora na formación de alumnos/as de pregrao de Medicina (rotación de último curso), Psicoloxía (Practicum), Enfermaría, Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría e Traballo Social. A actividade docente de pregrao está suxeita á do propio complexo hospitalario en canto a alumnos/as de Medicina, así como á participación e colaboración no Practicum de Psicoloxía da UNED e da Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela. Compleméntase coa participación como titores/as no desenvolvemento de traballos de fin de grao (TFG) ou máster (TFM) de alumnos/as en rotación polo servizo. No curso 2018-2019 isto concretouse na titoría do TFG “Compras compulsivas. Estudio comparativo entre 2 poblaciones de jóvenes en período de formación médica”, do Departamento de Psiquiatría da Universidade de Santiago de Compostela, e o TFM “Eficacia de la terapia de compasión basada en los estilos de apego para el tratamiento del dolor en pacientes con diagnóstico de fibromialgia”, Máster Mindfullness, da Universidade de Zaragoza.

V.2. Actividade formativa reglada

O Servizo de Psiquiatría desenvólvese segundo o seguinte formato:

  • Sesión clínica xeral. Con periodicidade quincenal. A cargo do persoal facultativo do servizo. Cun calendario de rotación que abrangue todas as unidades e dispositivos no ano académico. Séguese o seguinte calendario de formación:
    • Sesións clínicas multidisciplinares de saúde mental. Unha cada tres meses.
    • Sesión clínica de orientación profesional especializada (psiquiatría, psicoloxía e enfermaría). Unha cada dous meses.
    • Sesión de caso clínico. Unha mensual.
  • Sesión clínica hospitalaria. De periodicidade quincenal (alterna coa xeral). Contidos:
    • Sesión bibliográfica. Unha cada quince días.
    • Sesión libre. Unha cada quince días.
  • Seminarios. Ao longo do ano académico desenvólvense seminarios específicos segundo un calendario de contidos acordado pola Comisión de Docencia do servizo. Periodicidade: quincenal. Temario: segundo un programa pechado.

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.