Servizo de Psiquiatría do CHUP

PRESENTACIÓN DO SERVIZO

O Servizo de Psiquiatría da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés está formado por un equipo multidisciplinar integrado por profesionais da psiquiatría, da psicoloxía, da enfermería, da terapia ocupacional, do traballo social, por auxiliares de psiquiatría e enfermería, por celadores e por unha secretaria, que unen os seus esforzos para a atención ao paciente con enfermidade mental e a usuarios en situación circunstancial de necesidade de apoio terapéutico.

No ámbito hospitalario, presta unha asistencia diaria a outras especialidades médicas, non só aos pacientes, senón tamén a familiares e acompañantes, a través dos programas de interconsulta e enlace, cunha crecente oferta e demanda. No ámbito ambulatorio, a conexión e a actividade co nivel primario tampouco deixou de crecer, en especial na área infanto-xuvenil e na de atención en psicoxeriatría; complementa a súa atención coa asistencia in situ nos propios centros residenciais. Presta tamén atención e apoio a usuarios e familiares nos casos que xeran maior necesidade de asistencia, mediante a intervención en dispositivo intermedio, coa atención continuada no Hospital de día do servizo.

Pero a actuación do servizo esténdese fóra das portas do complexo hospitalario e trata de ofrecer a atención ao usuario alí onde se atope e deba prestarse. Ademais da xa citada actividade externa da Unidade de Psicoxeriatría, este ámbito de actividade corre principalmente a cargo da Unidade de Coidados Continuados, que acode aos propios domicilios dos usuarios atendidos e dálles apoio específico a asociacións de familias e usuarios que manteñen abertos centros residenciais ou sistemas de pisos protexidos para a atención a usuarios da saúde mental.

EQUIPO HUMANO

UNIDADE DE HOSPITALIZACIÓN (Hospital Provincial de Pontevedra)

Localización: Hospital Provincial de Pontevedra

Recursos físicos: 18 camas (2 habitacións individuais —con aseo— e sete dobres —2 con aseo—); 2 zonas de aseos compartidos; 2 áreas de enfermería e 1 sala de estar de enfermería; 1 almacén; 3 salas específicas: comedor, terapia ocupacional e estar de usuarios ingresados; 1 sala de visitas familiares).

Área administrativa: 7 despachos

Ámbito de atención: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

  • Xefe de Sección: Blanco Lobeiras, José María
  • Xefe de Servizo: Casas Losada, Alfonso
Interconsulta e enlace Hospital Provincial-Hospital Montecelo (Hospital Provincial de Pontevedra)

Localización: área administrativa do Servizo de Psiquiatría. Hospital Provincial de Pontevedra

Recursos físicos: 2 despachos.

Ámbito de atención: Hospital Provincial. Hospital Montecelo

  • Xefe de Sección: Parada Nieto Santiago
HOSPITAL DE DÍA (Hospital Provincial de Pontevedra)

Localización: Hospital Provincial de Pontevedra

Capacidade: 25 prazas

Recursos físicos: 2 despachos; 3 salas definidas (comedor, terapia ocupacional, estar enfermos); 1 área de enfermería e 1 despacho de coidados de enfermería.

Ámbito de atención: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Unidade de Continuidade de Coidados (Hospital Provincial de Pontevedra)

Localización: espazo físico do Hospital de día do Servizo de Psiquiatría, no Hospital Provincial

Recursos físicos: 1 despacho

Ámbito de atención: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Unidade de Saúde Mental de Mollavao (Centro de Especialidades de Mollavao)

Localización: Centro de Especialidades de Mollavao. Casa do Mar. Pontevedra

Recursos físicos: 8 despachos

Ámbito de atención: municipios de Bueu, Caldas de Reis, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra

Unidade de Psicoxeriatría (Centro de Especialidades de Mollavao)

Localización: Centro de Especialidades de Mollavao. Casa do Mar. Pontevedra. Espazo físico da USM

Recursos físicos: 2 despachos

Ámbito de atención: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Centro de Orientación Familiar (Centro de Especialidades de Mollavao)

Localización: Centro de Especialidades de Mollavao. Casa do Mar. Pontevedra

Ámbito de atención: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Unidade de Saúde Mental de Lérez (Centro de Saúde de Lérez)

Localización: Centro de Saúde de Lérez. Pontevedra

Recursos físicos: 8 despachos

Ámbito de atención: municipios de Barro, Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, O Grove, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moraña, Poio, Pontecaldelas, Portas, Sanxenxo e Pontevedra

Unidade de Saúde Mental de Vilagarcía de Arousa. Interconsulta do Hospital Público do Salnés

Localización: edificio propio. Avda. Juan Carlos I, n.º 38. Vilagarcía de Arousa

Recursos físicos: 5 despachos

Ámbito de atención: municipios da Illa de Arousa, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e Catoira

Unidade Infanto-Xuvenil (Centro de Saúde da Parda)

Localización: Centro de Saúde da Parda. Pontevedra

Recursos físicos: 5 despachos

Ámbito de atención: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Persoal en formación. Facultativos internos residentes (2020-2021)
  • García Ríos, José María (MIR 4)
  • Serarols Llorens, Agustí (PIR 4)
  • Álvarez Pérez, Vicente (MIR 3)
  • Idoate Calderón, Daniel (PIR 3)
  • Doblas Expósito, Joaquín (MIR 2)
  • Lastres Gómez, Sonia (PIR 2)
  • Codesido Sánchez, Carlos (MIR 1)
  • García Díez, Cristina (PIR 1)

LOCALIZACIÓN E CONTACTO

Unidade de Hospitalización Psiquiátrica (UHP)

Unidade de Interconsulta e enlace Hospitalario Provincial-Hospital Montecelo

986 807 309

986 800 000, extensión 287 463

986 800 000, extensión 287 309

Hospital de día de adultos (HD)

Unidade de Coidados Continuados (UCC)

986 808 466

986 800 000, extensión 287 242

Unidade de Saúde Mental de Mollavao

Unidade de Psicoxeriatría

Centro de Orientación Familiar

986 800 219

986 800 219

986 800 231

Unidade de Saúde Mental de Lérez

986 870 800

Unidade de Saúde Mental do Salnés

Interconsulta Hospital Público do Salnés

986 565 063

Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil (USM-IJ)

986 800 205

CARTEIRA DE SERVIZOS

O Servizo de Psiquiatría da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés presta todos os servizos asistenciais necesarios para o diagnóstico, tratamento e coidados en psiquiatría, psicoloxía clínica e enfermería de saúde mental segundo os criterios diagnósticos da Organización Mundial da Saúde.

Carteira de servizos
  • Unidade de Hospitalización. Atención Hospitalaria a > 16 anos. Diagnóstico e tratamento médico psiquiátrico e psicolóxico, así como actividade de terapia ocupacional e coidados de enfermería a pacientes maiores de 16 anos que requiren ingreso hospitalario breve na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica. Ámbito: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Diagnóstico e tratamento médico psiquiátrico e psicolóxico, así como coidados de enfermería de pacientes menores de 16 anos que requiren ingreso hospitalario breve, que poidan estar ingresados no Servizo de Pediatría a cargo do equipo mixto de facultativos da USM Infanto-Xuvenil e adscritos á Unidade de Hospitalización e/ou UPIE. Ámbito: Hospital Provincial.
  • Hospital de día. Diagnóstico e tratamento médico psiquiátrico e psicolóxico, así como actividade ocupacional, de rehabilitación e inserción psicosocial e coidados de enfermería para pacientes maiores de 16 anos que requiren ingreso hospitalario parcial en réxime de hospital de día. Ámbito: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Atención á Urxencia en Saúde Mental. Adultos e infanto-xuvenil. Continuada 24 horas. Psiquiatra de garda presencial. Hospital Provincial de Pontevedra. Ámbito: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Interconsulta e enlace. Diagnóstico e tratamento médico psiquiátrico e psicolóxico de pacientes ingresados noutros servizos ou unidades hospitalarias, por medio do programa de interconsulta e enlace, estendido aos tres hospitais da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés: Hospital Montecelo, Hospital Provincial e Hospital Público do Salnés.
  • Saúde mental ambulatoria a maiores de 16 anos. Atención integral. Diagnóstico e tratamento médico psiquiátrico e psicolóxico, así como coidados de enfermería para pacientes adultos nas unidades de saúde mental asentadas en áreas de distribución territorial.
  • Saúde mental infanto-xuvenil. Atención integral ambulatoria. Diagnóstico e tratamento médico psiquiátrico e psicolóxico para a atención a menores de 16 anos e as súas familias. Avaliación neuropsicolóxica específica infanto-xuvenil. Ámbito: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Saúde mental infanto-xuvenil. Apoio á Unidade de Hospitalización e enlace de psiquiatría e Servizo de Pediatría no caso de menores hospitalizados. Ámbito: Hospital Provincial.
  • Psicoxeriatría. Atención integral, psiquiatría e psicoloxía clínica a usuarios maiores de 65 anos derivados desde as USM de adultos e Neuroloxía, pola súa especial complexidade clínica. Ámbito: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Psicoxeriatría. Programa de atención a centros residenciais. Atención in situ aos problemas de saúde mental das persoas residentes en residencias da terceira idade. Actualmente, tres centros: Residencia de Vilaboa de Arousa; Residencia Valle Inclán, Vilanova de Arousa; Residencia Divina Pastora, Vilagarcía de Arousa.
  • Atención domiciliaria/continuidade de coidados. Diagnóstico e tratamento médico psiquiátrico, así como os coidados de enfermería no domicilio de pacientes con diagnóstico de trastorno mental grave e derivados desde outros dispositivos de saúde mental. Prestada pola Unidade de Coidados Continuados. Ámbito: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Diagnóstico e tratamento psicolóxico a pacientes. Situación psicosocial de parella ou familiar. Problemática en persoas que presentan trastorno mental a seguimento en dispositivos de SM. Problemas sexuais/parafilias. Proceso de identificación de xénero e/ou problemas asociados a el. Malos tratos/abuso/violencia de xénero (física, sexual e psíquica). Outros. (Información/asesoramento sobre a planificación da familia. IVE). Ámbito: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Traballo social. Atención, valoración e diagnóstico social en cada un dos dispositivos asistenciais. Apoio á dependencia.
Programas
  • Programa de Terapia Grupal Antialcohólica. Hospital Provincial de Pontevedra.
  • Programa de Prevención de Recaídas / Xestión de Neurolépticos de Acción Prolongada no Trastorno Mental Grave. Unidades de Saúde Mental. Ámbito: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Programa de Avaliación Neuropsicolóxica. Equipo de Neuropsicoloxía. Hospital Provincial. Ámbito: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Programa de Atención nos Primeiros Episodios Psicóticos. Atención grupal e individual. Hospital de día. Ámbito: toda a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Terapia Grupal Ansiedade-Depresión. USM de Lérez.
  • Terapia Adestramento para a Relaxación. USM de Mollavao.
  • Programa de Atención Rápida a Trastornos Xeneralizados do Desenvolvemento. USM Infanto-Xuvenil.

ACTIVIDADE CIENTÍFICA

O Servizo de Psiquiatría organiza a actividade formativa a través do seu Comité de Docencia, formado polos titores de residentes MIR, PIR e EIR e un representante de cada área de especialidade.

V.1. Docencia pre e posgrao

O Servizo de Psiquiatría desde o ano 2008 dispón de acreditación para a docencia MIR de Psiquiatría, cunha capacidade de 1 residente por ano, e de docencia psicólogo/a interno residente (PIR). No ano académico 2019-2020 engadiuse a formación de Enfermeira Especialista en Saúde Mental (EIR), un EIR por ano. Está integrado nas rotacións dos plans de docencia doutras especialidades acreditadas na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés: Medicina de Familia, Pediatría, Medicina Interna, Neuroloxía, Xeriatría e Oncoloxía. O servizo de Psiquiatría tamén colabora na formación de alumnos de pregrao de Medicina (rotación de último curso), Psicoloxía (Practicum), Enfermería (EPIR), TCAE e Traballo social. A actividade docente de pregrao está suxeita á do propio complexo hospitalario en canto a alumnos de Medicina, así como a súa participación e colaboración no Practicum de Psicoloxía da UNED/UNED e da Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela. Compleméntase coa participación como titores no desenvolvemento de traballos de fin de grao (TFG) ou máster (TFM) de alumnos en rotación polo servizo. No curso 2018-19 isto concretouse na titoría do TFG Compras compulsivas. Estudio comparativo entre dos poblaciones de jóvenes en periodo de formación médica. Departamento de Psiquiatría da Universidade de Santiago de Compostela. E o TFM Eficacia de la terapia de compasión basada en los estilos de apego para el tratamiento del dolor en pacientes con diagnóstico de fibromialgia. Máster Mindfullness. Universidade de Zaragoza.

V.2. Actividade formativa regrada

A actividade formativa no Servizo de Psiquiatría desenvólvese segundo o seguinte formato:

  • Sesión clínica xeral: con periodicidade quincenal, a cargo do persoal facultativo do servizo. Ten un calendario de rotación que abarca todas as unidades e dispositivos no ano académico. Séguese o calendario de formación seguinte:
    1. Sesión clínica multidisciplinar de saúde mental: unha cada tres meses.
    2. Sesión clínica de orientación profesional especializada (psiquiatría, psicoloxía e enfermería): unha cada dous meses.
    3. Sesión de caso clínico: unha mensual.
  • Sesión clínica hospitalaria: de periodicidade quincenal (alterna coa xeral). Contidos:
    1. Sesión bibliográfica: unha cada quince días.
    2. Sesión libre: unha cada quince días.
  • Seminarios: ao longo do ano académico desenvólvense seminarios específicos segundo un calendario de contidos acordado pola Comisión de Docencia do servizo. Periodicidade: quincenal. Temario: segundo un programa pechado.
V.3. Actividade investigadora e docente externa

Para o ano 2019 isto concretouse na presentación de dez proxectos de investigación.

  • Substance abuse in old age inpatients in a psychriatic ward. P25. Congreso Internacional de la IPA/SEPG (Asociación Internacional de Psicogeriatría). Agosto 2019. Díaz Varela, M. Vidal Millares, M. Vicente Alba, J. Gago Ageitos, A. García Mahía, C. Durán Maseda, MJ.
  • Diabetes mellitus as a severe mental disorder risk factor in old age people included in an ECT program. P35. Congreso Internacional de la IPA/SEPG (Asociación Internacional de Psicogeriatría). Agosto 2019. Vidal Millares, M. Vicente Alba, J. García Mahía, C. Gago Ageitos, A. Durán Maseda, MJ. Berdullas Barreiro, J.
  • Older people with depressive symptoms have higher rates of needs assesed by cane. An epidemiological study. Congreso Internacional de la IPA/SEPG (Asociación Internacional de Psicogeriatría). Agosto 2019. Vicente Alba, J. Vidal Millares, M. Blanco Pena, T. García Mahía, C. Gago Ageitos, A. Durán Maseda, MJ. Mateos, R.
  • Mental Health Care for Children and adolescents in Galicia (Spain) diferences between different regions in Spain. Congreso WPA. 2019. Gago Ageitos, A. Durán Maseda, MJ. Vidal Millares, M. Ares Álvarez, J. Carballal Mariño.
  • Study of suicidal behaviour in hospitalized psychiatric patients. P.859. 32ndECNP Congress, September 2019. Vidal Millares, M. García Mahía, C. Gago Ageitos, A. Vicente Alba, J.
  • The use of cane (Camberwell evaluation of need for older people) for needs assessment in old age population. P179. 32ndECNP Congress, September 2019.: Vicente Alba, J. Vidal Millares, M. Blanco Pena, T. Mateos, R. Gómez Tato, I.
  • Depressive symptomatology in elderly patients diagnosed of schizophrenia. P28. Congreso Internacional de la IPA (Asociación Internacional de Psicogeriatría). Agosto 2019. García Mahía, C. Vicente Alba, J. Vidal Millares, M.
  • Diabetes mellitus as a severe mental disorder risk factor in old age people included in an ECT program. P35. Congreso Internacional de la IPA (Asociación Internacional de Psicogeriatría). Agosto 2019. Vidal Millares, M. Vicente Alba, J. García Mahía, C. Gago Ageitos, A. Durán Maseda, MJ. Berdullas Barreiro, J.
  • Metabolic Syndrome in aged psychiatric outpatients: prevalence and associated factors. P39. Congreso Internacional de la IPA (Asociación Internacional de Psicogeriatría). Agosto 2019. García Mahía, C. Vidal Millares, M. Vicente Alba, J. Mera Gallardo, L. Castedo Rodríguez, D.
  • Problematic alcohol consumption in aged patients with anxiety of depressive disorders: prevalence and clinical characteristics. P45. Congreso Internacional de la IPA (Asociación Internacional de Psicogeriatría). Agosto 2019. García Mahía, C. Vidal Millares, M. Vicente Alba, J.
  • Migrant population attended on a mental health support program: sociobiographical, psychiatric disorders and risk factors. EP.1016. 32ndECNP Congress, September 2019. Vicente Alba, J. Fachal Vázquez, D. García Mahía, C. Herrero, M. Alonso, E. Casas Losada, A.

Liñas de investigación abertas:

  • Na área de neuropsicoloxía: Línea de investigación rendimiento Test de evaluación neuropsicológica en un programa asistencial de neuropsicología clínica. Rex. 325/2020.
  • En conduta suicida:
    • Estudio del suicidio consumado en el área de Pontevedra 2010-2020. Código 01/2020.
    • Estudio clínico-demográfico de la conducta autolesiva en el área sanitaria de O Salnés. Rex. 395/2020.
  • Na área do impacto COVID: Consecuencias psicológicas del confinamiento en la población de Vilagarcía. Rex. 399/2020.

En paralelo, os facultativos do servizo manteñen actividade formativa externa en función das diferentes actividades anuais que se programen. No ano 2019 participaron como docentes/relatores nun curso dependente da Axencia Galega de Coñecemento e Información para a Saúde (ACIS), así como en actividades formativas organizadas pola Asociación GRADIVA, Centro de Psicoterapia Agarimo, Asociación de Psicólog@s clínic@s do SERGAS, Asociación de Psicoanálise Aplicada de Galicia.

V.4. Outras actividades

Os facultativos do Servizo de Psiquiatría tamén participan en comisións e comités de actividades organizativas e técnicas, ben do Complexo Hospitalario da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, ben de ámbito autonómico. Actualmente:

  • Comisión de Docencia CHUP (Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés)
  • Comité de Farmacia CHUP (Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés)
  • Comité de Prevención da Conducta Suicida (Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés)
  • Comité de Ética da Investigación Vigo - Pontevedra - Ourense (Consellería de Sanidade)
  • Grupo Vía Rápida Atención ao Suicidio (Consellería de Sanidade)
  • Grupo de Traballo Plan Estratéxico Saúde Mental PEXM 2020-204 (Consellería de Sanidade)
​​​​

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.