PRESENTACIÓN DO SERVIZO
A hematoloxía é unha especialidade mixta que integra aspectos de laboratorio, aspectos clínicos e de hemoterapia; a integración destes tres aspectos é valor da especialidade.
O Servizo de Hematoloxía e Hemoterapia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (ASPS) desenvolve a súa actividade no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, que está composto polo Hospital Montecelo, Hospital Provincial e Hospital Público do Salnés.
A actividade do Servizo de Hematoloxía é fundamentalmente asistencial. Esta actividade engloba o diagnóstico, desde os aspectos de laboratorio e clínicos, e o tratamento dos procesos hematolóxicos e oncohematolóxicos. Dentro da estrutura hospitalaria, é un servizo central ou servizo básico que lles dá asistencia ao resto dos servizos hospitalarios. Ademais, desenvolvemos actividade de docencia pre e posgrao e actividade investigadora.
Contamos cun equipo de especialistas en hematoloxía e hemoterapia, persoal de enfermería, TCAE (técnicos de coidados auxiliares de enfermería), persoal técnico de laboratorio e administrativos amplamente cualificados para darlle unha atención de máxima calidade ao paciente hematolóxico.
O noso labor engloba:
Labor asistencial: impartimos asistencia sanitaria na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés a pacientes en réxime ambulatorio, aos hospitalizados e aos pacientes do hospital de día mediante:
- Diagnóstico de alteracións hematolóxicas
- Tratamento de enfermidades hematolóxicas
- Indicación de transfusión de hemoderivados
- Atención ao paciente anticoagulado
- Diagnóstico e atención do paciente con alteracións da hemostasia
- Realización dos estudos de hematimetría e coagulación da área sanitaria
- Resolución de interconsultas procedentes doutros servizos hospitalarios
Actividade docente: impartimos docencia pregrao, posgrao e formación de residentes da especialidade. Estamos acreditados pola Comisión Nacional da Especialidade para a formación de especialistas en hematoloxía e hemoterapia.
Actividade investigadora, mediante a participación en grupos de traballo a nivel nacional e ensaios clínicos.
A filosofía do servizo pódese resumir tendo en conta a misión, a visión e os valores.
Misión:
A nosa misión é a asistencia especializada, integral e personalizada para o diagnóstico e tratamento dos pacientes con procesos hematolóxicos na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, asegurando unha atención de máxima calidade, a satisfacción do paciente e o aproveitamento dos recursos.
Visión:
- Atención sanitaria baseada nos niveis de excelencia asistencial, docente e investigadora.
- Busca de formas de xestión máis eficaces e eficientes.
- Coordinación con outras especialidades e con atención primaria para un enfoque completo do paciente.
Valores:
- Vocación, compromiso ético e dedicación.
- Capacidade profesional, experiencia, calidade humana e traballo en equipo.
- Busca da excelencia e a mellora continua da calidade asistencial.
- Compromiso co sistema sanitario público.
- Afán de superación e innovación.
- Uso adecuado dos recursos e da innovación tecnolóxica.
- Satisfacción na atención aos pacientes.
Organigrama:
O Servizo de Hematoloxía-Hemoterapia distribúese en tres áreas ou unidades funcionais:
- Unidade clínica
- Unidade de diagnóstico
- Servizo de Transfusión (ST)
PROFESIONAIS DO SERVIZO
Responsable do servizo |
Dra. M.ª Lourdes Amador Barciela
(Xefa de Servizo) |
Persoal facultativo |
Facultativos especialistas de área: 7
Médicos internos residentes: 4 (1 por ano) |
Enfermeiras
|
Hospitalización:
- Supervisora: María Pilar González Rodríguez
- 13 enfermeiras
Hospital de día:
- Supervisora: María Pilar González Rodríguez
- 3 enfermeiras
Servizo de Transfusión:
- 1 supervisor
- Hospital Montecelo: 9 enfermeiras
- Hospital Provincial: 6 enfermeiras
Laboratorio de hematoloxía (TEL) e CORE:
- Coordinadora de todos os laboratorios:
Inmaculada Lodeiro
- 4 enfermeiras
- 7 TEL
|
Técnicos especialistas en laboratorio
|
ST do Hospital Montecelo e Hospital Provincial: 4
ST do Hospital Público do Salnés: 9 (compartidos con análises clínicas)
Laboratorio de hematoloxía e CORE: 7
Atención continuada: 14 (compartidos con análises clínicas)
|
TCAE |
Hospitalización: 10
Hospital de día: 1
Consultas externas: 2 |
LOCALIZACIÓN E CONTACTO
- Hospital Montecelo
- Hospital Provincial
- Hospital Público do Salnés
Hospital Montecelo
- Hospitalización: planta 6.ª impar
- Hospital de día: planta 1.ª
- Consultas externas:
- Planta 0 - porta 9. Teléfono 986 800 064
- Planta 0 - porta 10. Teléfono 986 800 329
- Consulta de coagulación e SINTROM®:
- Servizo de Transfusión: planta 1.ª
- Laboratorio de hematoloxía: planta 1ª
- Teléfonos das secretarías do Hospital Montecelo:
- Secretaría do Servizo de Transfusión: 986 800 593
- Secretaría do Hospital de día: 986 800 142
- Secretaría do laboratorio: 986 800 039
Hospital Provincial
- Servizo de Transfusión: planta S-1
Hospital Público do Salnés
- Laboratorio de hematoloxía e Servizo de Transfusión: planta 0
- Consulta de hematoloxía: planta 0, consulta 2
- Secretaría de hematoloxía: 986 568 047
CARTEIRA DE SERVIZOS
OFERTA ASISTENCIAL
No Servizo de Hematoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra dispoñemos da seguinte oferta asistencial:
- Atención do paciente con enfermidades oncohematolóxicas:
- Leucemias agudas
- Linfomas Hodgkin, non Hodgkin e outras síndromes linfoproliferativos crónicos
- Neoplasias mieloproliferativas
- Síndromes mielodisplásicos
- Mielomas e gammapatías monoclonais
- Mastocitoses
- Neoplasias histocitarias
- Atención do paciente con enfermidades hematolóxicas non oncolóxicas:
- Patoloxía asociada a insuficiencia medular: anemias aplásicas e outras
- Alteracións da serie plaquetar: trombocitopenias
- Alteracións da serie vermella: anemias
- Alteracións da serie leucocitaria
- Alteracións da hemostasia e trombose:
- Alteracións conxénitas e adquiridas da hemostasia
- Anticoagulación
- Trombofilia
- Métodos diagnósticos:
- Exame morfolóxico de sangue periférico
- Aspirado de medula ósea
- Biopsia de medula ósea
- Citometría de fluxo
- Procesos terapéuticos:
- Quimioterapia
- Inmunoterapia
- Transplante autólogo de proxenitores hematopoiéticos
- Tratamento inmunosupresor
- Hemoterapia: terapia sustitutiva con compoñentes sanguíneos
- Áferesis de stem cell
- Recambios plamáticos
- Tratamento substitutivo con factores de coagulación
Unidade de clínica
A nosa carteira de servizos na área clínica é ampla. Practicamente todos os pacientes con enfermidades hematolóxicas poden ser atendidos no noso centro, incluíndo todas as enfermidades oncohematolóxicas e o autotransplante, fóra daqueles que precisen alotransplante de medula ósea, que deberán ser derivados ao centro de referencia.
- Hospitalización
- Estudo e tratamento de hemopatías malignas
- Tratamento da neutropenia febril
- Tratamento da aplasia posquimioterapia
- Tratamento das posibles complicacións que poidan presentarse durante o proceso asistencial (renais, pulmonares, cardíacas…)
- Terapia paliativa da enfermidade hematolóxica avanzada
- Transplante autólogo de sangue periférico
- Administración de hemoderivados
- Infusión de células nai hematopoiéticas
- Administración de quimioterapia e inmunoterapia intravenosa, subcutánea ou oral
- Administración de quimioterapia intratecal
- Administración de fármacos antimicrobianos
- Coidado de catéteres centrais e reservorios
- Punción lumbar
- Coidados de enfermería necesarios para a adecuada atención do paciente
- Servizos hostaleiros básicos directamente relacionados coa propia hospitalización
- Información á alta, con instrucións para o correcto seguimento do tratamento e establecemento dos mecanismos que aseguren a continuidade e seguridade da atención e os coidados
- Consulta externa:
- Valoración inicial do paciente
- Indicación e realización de exames e procedementos diagnósticos
- Indicación, realización e seguimento dos tratamentos ou procedementos terapéuticos
- Estudo, tratamento e seguimento da patoloxía hematolóxica benigna e neoplasias hematolóxicas
- Consulta de pretransplante
- Seguimento postransplante aloxénico, tras a alta do centro de referencia
- Informe á alta, contendo información diagnóstica e dos procedementos realizados para facilitar o correcto seguimento do paciente e a continuidade e a seguridade da atención e dos coidados
- Hospital de día:
- Valoración inicial do paciente
- Realización e seguimento de tratamentos e procedementos terapéuticos
- Administración de hemoderivados
- Administración de quimioterapia e inmunoterapia intravenosa, subcutánea e intratecal
- Administración de ferro intravenoso
- Administración de fármacos antimicrobianos
- Coidado de catéteres centrais e reservorios, coidados de PIK
- Extracción de analíticas
- Flebotomías
- Punción lumbar e tratamento intratecal
- Administración de factores de coagulación
- Coidados de enfermería necesarios para a adecuada atención do paciente do Hospital de día
UNIDADE DE DIAGNÓSTICO
- Hematimetría:
- Hemograma e reconto diferencial automatizado
- Extensión e valoración de frotis de sangue periférica
- Reconto de reticulocitos
- Reconto automático de plaquetas en citrato
- Velocidade de sedimentación globular
- Citomorfoloxía:
- Exame morfolóxico de sangue periférico, aspirado de medula ósea e biopsia de medula ósea
- Técnicas citoquímicas
- Citometría de fluxo (CMF):
- Screening diagnóstico fenotípico
- Inmunofenotipo completo en procesos hematolóxicos
- Estudos de enfermidade mínima residual mediante (non dispoñible en todos os procesos) screening HPN.
- CMF en fluídos (LCR, pleural, ascítico) e tecidos sólidos (adenopatías, bazo, outros)
- Subpoboacións linfocitarias (en sangue periférico ou BAL)
- Técnica EMA para estudo por CMF de microesferocitose hereditaria
- Estudos de citoxenética, FISH e bioloxía molecular (laboratorio externo)
- Eritropatoloxía:
- Test de Storch
- Resistencia globular osmótica
- Realización de test acantocitose
UNIDADE DE HEMOSTASIA E COAGULACIÓN
- Estudos básicos de coagulación
- Dímero D
- Estudos de hemostasia primaria: tempo de hemorraxia. PFA 100, coláxeno/ADp e coláxeno/EPI
- Test HIT (test rápido para descartar TIH)
- Estudos especiais de diátese hemorráxica: factores de coagulación. Titulación inhibidor de F VIII e IX. Agregación plaquetaria
- Estudos especiais de enfermidade tromboembólica / estudo de trombofilia:
- Anticoagulante lúpico
- ATII funcional
- Proteína C funcional
- Proteína S funcional
- Resistencia a proteína C activada
- Probas funcionais: resposta a desmopresina
- Atención ao paciente anticoagulado ambulatorio e hospitalizado
SERVIZO DE TRANSFUSIÓN
- Determinación de grupos sanguíneos
- Escrutinio e identificación de anticorpos irregulares
- Inmunofenotipado de hemacias
- Estudo de crioaglutininas
- Probas diagnósticas específicas:
- Estudo e seguimento de embarazadas sensibilizadas
- Estudo da enfermidade hemolítica do acabado de nacer
- Estudo de hemólise inmune:
- Proba de antiglobulina directa e indirecta
- Identificación e rango térmico de crioaglutininas
- Estudo de eluído
- Titulación de autoanticorpos fríos e quentes
- Test de Donath-Landsteiner
- Detección de anticorpos / complexos inmunes inducidos por fármacos
- Hemoterapia:
- Recepción, rexistro e almacenamento de compoñentes sanguíneos, garantindo a trazabilidade das unidades
- Mantemento dunha reserva de produtos de uso habitual (eritrocitos, plasma, plaquetas). Dispoñibilidade doutros produtos "especiais" ou sometidos a determinadas modificacións, que deben ser solicitados, polo menos, con 24 horas de antelación
- Probas cruzadas de compatibilidade de doante-receptor previas a unha transfusión
- Escrutinio de anticorpos irregulares
- Administración e seguimento da transfusión
- Resposta automática ante algunhas situacións clínicas (probas cruzadas positivas, reacción transfusional, peticións de extrema urxencia, solicitudes con cantidades inusuais ou fóra de indicación…)
- Estudo de reacción transfusional: estudo e comunicación de efecto adverso ao Programa Estatal de Hemovixilancia
- Programa de autotransfusión
- Aférese stem-cell
- Plasmaféreses terapéuticas
ACTIVIDADE CIENTÍFICA
Actividade docente
O servizo está acreditado pola Comisión Nacional da Especialidade desde o ano 2009 para a formación de especialistas en hematoloxía-hemoterapia vía MIR.
Realización de actividade docente de formación pregrao para alumnado de medicina.
Realización de sesións clínicas semanalmente e participación na sesión xeral do hospital.
Asistencia e relatorios en congresos, tanto de forma presencial como online.
Actividade investigadora
Participación en grupos cooperativos e de traballo da SEHH:
- PETHEMA, Programa Español de Tratamentos en Hematoloxía
- GESMD, Grupo Español de Síndromes Mielodisplásicos
- XEL/TAMO, Grupo Español de Linfomas e Transplante de Médula Ósea
- GEM, Grupo Español de Mieloma
Participación en ensaios clínicos, rexistros, estudos prospectivos en diferentes patoloxías:
- Leucemias mieloides agudas
- Mieloma múltiple
- Leucemia linfática crónica
- Mastocitose
- DOAC
O noso laboratorio de hematoloxía dispón do Certificado de Sistema de Calidade AENOR conforme coa normativa ISO 9001:2015 desde o ano 2005.
LIGAZÓNS RELACIONADAS
Asociacións de pacientes e outras páxinas de interese:
AECC: Asociación Española contra el Cancer
AEAL: Asociación Española de Afectados por Linfoma, Leucemia y Mieloma
REDMO: Registro de donantes de médula ósea
Fundación Internacional José Carreras
Sociedad Española de Hematología y Hemoterapia
NIH en español. Biblioteca Nacional de Medicina de EE. UU.
Axencia galega de sangue, órganos e tecidos