Servizo de Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía do CHUP

PRESENTACIÓN DO SERVIZO

O Servizo de Dermatoloxía da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (ASPS) pertence a unha institución de saúde pública cuxa misión é desenvolver, con compromiso de excelencia, a atención sanitaria en dermatoloxía da área de saúde asignada, con criterios de equidade e máxima eficiencia. Presta asistencia sanitaria especializada, universal, integral e personalizada en réxime ambulatorio e de hospitalización, aplicando os medios diagnósticos, terapéuticos e de prevención co fin de alcanzar o máximo índice de saúde da súa poboación. Desenvolve e potencia tanto a actividade asistencial como de investigación e docencia, así como a cooperación cos demais servizos hospitalarios e de atención primaria, con outras institucións e centros implicados na saúde. O desenvolvemento da actividade debe sustentarse e contar necesariamente co compromiso activo e a implicación de todo o seu equipo de persoas.

O Servizo de Dermatoloxía do ASPS dispón dun sistema de xestión da calidade conforme coa Norma ISO 9001:2015, ER 0475/2019 para a prestación do servizo de consulta e o tratamento en sala de curas especiais, a prestación do servizo en unidades especializadas (Unidade de Cancro Cutáneo, Unidade de Dermatoloxía Pediátrica, Unidade de Patoloxía Autoinmune e Urticaria Crónica, Unidade de Psoriase, Unidade de Cirurxía de Mohs e Unidade de Tratamento Fototerápico) e de interconsulta, a prestación do servizo en hospitalización, cirurxía con ingreso, cirurxía maior e menor ambulatoria e hospital de día de adultos.

O Servizo de Dermatoloxía é referencia oficial do SERGAS para cirurxía micrográfica de Mohs. Ademais, está orientado á investigación e docencia; á formación MIR acreditada; ten comités asistenciais, cun enfoque integral e multidisciplinar; fai atención en rede asistencial: desde hai máis dunha década, ten atención teledermatolóxica con atención primaria, historia clínica electrónica, vía rápida en rede, arquivo iconográfico en rede; ten enfermería especializada con axenda propia.


PROFESIONAIS DO SERVIZO

Responsable de servizo

Dra. Ángeles Flórez Menéndez

Xefa de Servizo

Xefa de sección

Dra. M.ª Teresa Abalde Pintos

Titor de residentes

Dr. Juan Carlos Feal Cortizas

Persoal facultativo

Facultativos especialistas de área: 9

Médicos internos residentes: 5

Persoal de enfermería

Supervisora: M.ª Carmen Alfonsín Comedeiro

Enfermeiras: 9

Técnicos en coidados auxiliares de enfermería: 2


LOCALIZACIÓN E CONTACTO

O Servizo de Dermatoloxía do ASPS está situado na terceira planta do Centro de Especialidades de Mollavao (CEM) e nos edificios do Hospital Provincial (HP) e do Hospital Público do Salnés (HS).

No CEM atópanse as consultas externas, a área de hospital de día, para a realización de tratamentos e técnicas especiais, e as unidades monográficas.

No edificio do HP realízase a actividade hospitalaria e cirúrxica; o servizo dispón de dous despachos médicos propios. Neste hospital tamén se utilizan os recursos dos hospitais de día de adultos e pediátrico.

No HS realízase actividade de consultas externas, actividade cirúrxica e de hospital de día.

No Hospital Montecelo (HM) realízanse interconsultas a pacientes ingresados.


ESPAZOS

Casa do Mar de Mollavao - Terceira planta
  • 300. Consulta de enfermería. Sala de terapia fotodinámica.
  • 301. Dermatoloxía, secretaría. Xefatura de servizo.
  • 302. Cirurxía de Mohs. Dermatoloxía xeral. Dr. Feal.
  • 303. Dermatoloxía pediátrica. Dermatoloxía xeral. Dra. Batalla.
  • 304. Cirurxía de Mohs. Dermatoloxía xeral. Dra. González-Sixto.
  • 305. Patoloxía autoinmune / urticaria crónica. Dermatoloxía xeral. Dr. Peón.
  • 306. Oncoloxía cutánea. Dermatoloxía xeral. Dra. Suh.
  • 307. Oncoloxía cutánea. Dermatoloxía xeral. Dra. Flórez.
  • 308. Dermatoloxía. Consulta xeral. Residentes.
  • 309. Tratamento fototerápico.
  • 310. Sala especial de cirurxía.
  • 311. Psoriase. Dermatoloxía xeral. Dra. Abalde.
  • 312. Psoriase. Dermatoloxía xeral. Dra. Salgado.
  • 313. Probas epicutáneas.
  • 313. Alerxia cutánea. Dra. Soto.
  • 315. Hidrosadenite supurativa. Dermatoloxía xeral. Dra. Ramírez.
  • 316. Dermatoloxía. Ecografía cutánea.
  • Sala de sesións clínicas e dermatopatolóxicas. Investigación, innovación e docencia.
HP
  • Despacho médico FEA hospitalización.
  • Despacho médico residente.
  • Bañeira terapéutica.
HS
  • Consulta 07. Dermatoloxía. Dra. Maio.
  • Consulta 10. Dermatoloxía. Dr. Losada.

CARTEIRA DE SERVIZOS

A distribución do labor asistencial realízase por medio de axendas de citación de pacientes pactadas co Servizo de Admisión e a Dirección Asistencial; o seu deseño está realizado en función da complexidade e, polo tanto, da duración previsible de cada acto médico e de enfermería. De acordo co Servizo de Admisión, cada axenda ten un código asignado.

Prestacións das axendas do persoal facultativo. Consultas externas e unidades especializadas

Consulta xeral CEM e HS (CG). A citación realízase en bloques horarios de primeiras consultas, consultas de urxencias, consultas sucesivas e consultas por orde médica (consulta sucesiva personalizada indicada por cada facultativo e en número variable). Estas consultas realízanse a demanda dos médicos de atención primaria e dos médicos especialistas da área sanitaria de referencia, do Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e de Sanidade Penal.

Unidades. Atenden a pacientes derivados desde as consultas externas do Servizo de Dermatoloxía do CHUP e do HS e desde os servizos cos que se realizou un acordo previo de derivación. Pola súa complexidade, a citación é variable. Disponse das seguintes unidades operativas:

  • Unidade de Melanoma e Lesións Pigmentadas / Linfomas Cutáneos Primarios: presta atención a pacientes afectos de melanoma cutáneo, síndrome do nevus displásico e linfoma cutáneo primario. Citación directa desde os servizos de Oncoloxía Médica / Hematoloxía. Nesta unidade realízase a técnica de dermatoscopia dixital, a Vía Rápida de Melanoma (VRM) e xestiónanse os casos clínicos subsidiarios do Comité de Tumores Cutáneos (CTC). Unidade responsable do Rexistro Español de Linfomas Cutáneos da AEDV no CHUP. Facultativos responsables: Dra. Ángeles Flórez Menéndez, Dra. Hae Jin Suh Oh.
  • Unidade de Dermatoloxía Pediátrica (UDP): atende pacientes en idade pediátrica afectos de xenodermatose, dermatose en contextos sindrómicos, malformacións vasculares e cadros dermatolóxicos inflamatorios graves, tales como dermatite atópica grave e psoriase grave. Citación directa desde os servizos pediátricos da área sanitaria con protocolo de derivación específico. Nesta unidade realízase a ecografía en idade pediátrica e xestiónase a Escola de Atopia. Ensaios clínicos e proxectos de investigación clínica. Facultativos responsables: Dra. Ana Batalla Cebey, Dra. Aquilina Ramírez Santos.
  • Unidade de Patoloxía Autoinmune e Urticaria Crónica (UAIUC): presta atención a pacientes afectos de enfermidades ampolosas autoinmunes, conectivopatías e urticaria crónica. Citación directa desde os servizos de Alergoloxía, Dixestivo e Reumatoloxía. Facultativo responsable: Dr. Gonzalo Peón Currás.
  • Unidade de Psoriase (UP): presta atención a pacientes previamente diagnosticados de psoriase moderada-grave e que, por tanto, precisan terapia sistémica e controis estritos. Esta unidade xestiona a Escola de Psoriase e os ensaios clínicos vinculados á enfermidade psoriásica e estudos de investigación clínica, BIOBADADERM, Psoriase Study of Health Outcomes (PsoHO) etc. Citación directa desde os servizos de Dixestivo e Reumatoloxía. Facultativos responsables: Dra. Mª Teresa Abalde Pintos, Dra. Laura Salgado Boquete, Dra. Beatriz González Sixto.
  • Unidade de Cirurxía de Mohs (UCM): atende a pacientes derivados desde o ámbito sanitario do Servizo Galego de Saúde, provincias de Pontevedra e Ourense e Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, por ser a súa unidade de referencia. Esta unidade atende pacientes afectos de cancro cutáneo que precisan ser intervidos mediante cirurxía microscópica controlada. Unidade responsable do Rexistro Español de Cirurxía de Mohs da AEDV no CHUP. Facultativos responsables: Dr. Carlos Feal Cortizas, Dra. Beatriz González Sixto.
  • Unidade de Eccema (UE): presta atención a pacientes previamente diagnosticados de eccema moderado-grave. Esta unidade xestiona e realiza os ensaios clínicos vinculados ao desenvolvemento de novas moléculas no campo da dermatite atópica e estudos observacionais e de investigación clínica, BIOBADATOP etc. Facultativos responsables: Dra. Ana Batalla Cebey, Dra. Ángeles Flórez Menéndez, Dra. Hae Jin Suh Oh.
  • Unidade de Hidrosadenite Supurativa (HS): presta atención a pacientes previamente diagnosticados de hidrosadenite supurativa moderada-grave. Esta unidade xestiona e realiza os ensaios clínicos vinculados ao desenvolvemento de novas moléculas e proxectos de investigación clínica. Citación directa desde o Servizo de Dixestivo. Facultativos responsables: Dra. Laura Salgado Boquete, Dra. Aquilina Ramírez Santos.
  • Unidade de Investigación: realízanse ensaios clínicos, estudos observacionais financiados e proxectos de investigación clínica independente. Os campos de interese fundamentais da unidade de investigación son as enfermidades inmunomediadas (dermatite atópica, hidrosadenite supurativa e psoriase), a dermatoloxía pediátrica e a oncoloxía cutánea (melanoma e linfoma cutáneo primario). Técnicos superiores de investigación responsables: Lucía Vilanova Trillo, Alexandra Pérez Mariño.
Prestación das axendas do persoal facultativo situado no HP

Hospitalización no Servizo de Dermatoloxía:

  • Atención a interconsulta CHUP. As interconsultas en pacientes ingresados, tanto no HP como no HM, son realizadas polo facultativo dermatólogo a cargo da hospitalización. Disponse dunha prestación tipo caixa de correos na historia clínica electrónica, desde a que se accede e se rexistra esta actividade. As interconsultas realizadas á alta ou desde outros servizos son consideradas como consultas ambulatorias.
  • Consulta de teledermatoloxía CHUP. Atende as consultas expostas polos médicos de atención primaria con axuda de fotos clínicas e/ou dermatoscópicas, permitindo en casos seleccionados o manexo dos pacientes a distancia, requirindo outros consulta presencial no servizo, para validación do diagnóstico ou realización das probas e procedementos que conveña.
  • Hospital de día de adultos e pediátrico do HP.
Prestacións das axendas do persoal facultativo

Sala de curas especiais CEM: realízanse os seguintes procedementos a pacientes previamente valorados polos facultativos do servizo: biopsias, exérese, electrocirurxía, crioterapia, infiltracións intralesionais de fármacos (corticoides, rituximab...) e tratamentos con toxina botulínica para hiperhidrose axilar.

Prestacións das axendas do persoal de enfermería CEM
  • Unidade de Tratamento Fototerápico (UFT): presta atención a pacientes con enfermidades dermatolóxicas inflamatorias ou tumorais susceptibles de recibir tratamento corporal total ou de mans e/ou pés coas distintas modalidades de fototerapia. Probas de diagnóstico e tratamento en UFT: MPD, MED, fotoparche, estudo fotobiolóxico, tratamento con PUVA baño, PUVA oral, UVB-311 e PUVA de mans e pés. Axenda de enfermería propia.
  • Terapia fotodinámica: terapia fotodinámica convencional e con luz do día. Axenda de enfermería propia.
  • Procedementos de sala de curas especiais: o persoal de enfermería participa activamente en todos os procedementos detallados no apartado anterior. Existe apoio por parte un técnico en coidados de enfermería (TCAE).
  • Consulta de curas poscirúrxicas: seguimento integral da cura poscirúrxica complexa, incluíndo a monitoraxe de signos de alarma, viabilidade de dermes artificiais, selección de apósitos, retirada de puntos e manexo de todas as complicacións. Axenda de enfermería propia.
  • Consultas externas, tanto consultas xerais como urxentes e actividade das unidades: revisión de historias clínicas, reclamación de resultados pendentes, curas, colaboración en proxectos de investigación e ensaios clínicos, colaboración na dixitalización de lesións e a ecografía cutánea, encher os ocos dos cuestionarios de calidade de vida e educación en saúde.
Sesións de quirófano - HP
  • Quirófano de pacientes ingresados con anestesia xeral e quirófano de cirurxía maior ambulatoria (CMA). Un quirófano en programación, xoves e venres. Dous facultativos especialistas co apoio habitual dun residente.
  • Quirófano de cirurxía menor ambulatoria (CmA). Un quirófano en programación, luns e martes. Un facultativo especialista co apoio habitual dun residente.
Procedementos diagnósticos
  • Visión directa de escamas no microscopio óptico.
  • Toma de mostras para cultivos bacteriolóxicos e micolóxicos.
  • Toma de mostras para determinación de virus en tecido.
  • Biopsias de pel (curetaxe, sacabocados, incisional, escisional).
  • Exame con luz de Wood.
  • Microscopia de epiluminiscencia con dermatoscopio manual.
  • Microscopia de epiluminiscencia con dermatoscopio dixital.
  • Ecografía cutánea.
  • Dóppler cirúrxico.
  • MED, MPD.
  • IFD.
  • Estudo fotobiolóxico.
  • Fotografía e arquivo fotográfico dixital en rede.
Procedementos terapéuticos
  • Cirurxía dermatolóxica. Realización de peches directos, colgallos e enxertos cutáneos de pel total e parcial. Reconstrución con uso de derme artificial e mallas de titanio.
  • Crioterapia.
  • Electrocoagulación.
  • Rebandas.
  • Infiltracións terapéuticas.
  • Infiltracións de toxina botulínica.
  • Curas poscirúrxicas.
  • Curas en pacientes afectos de patoloxías crónicas.
  • Flebotomías.
  • Infusión de fármacos en réxime de hospital de día: fármacos biolóxicos, tiosulfato sódico etc. Tratamento con propranolol para o hemanxioma infantil.
  • Fototerapia: baño PUVA, PUVA oral, UVB-311 e PUVITA de mans e pés.
  • Terapia fotodinámica convencional e con luz de día.

PROCESOS E PROCEDEMENTOS ACTIVOS

Tendo en conta os recursos, a dotación actual e a carteira de servizos vixente, disponse das seguintes propostas enfocadas ás patoloxías máis transcendentes pola súa prevalencia e consumo asociado de recursos. Documentos completos dispoñibles na intranet.

Procedementos específicos do Hospital de día
  • Procedemento específico para intervencións cirúrxicas con ingreso, CMA e CmA.
  • Procedemento específico de hospitalización.
  • Procedemento específico de unidades especializadas.
  • Procedemento específico de consultas externas.
  • Procedemento asistencial de fototerapia (MPD, MED, fotoparche, estudo fotobiolóxico, tratamento con PUVA baño, PUVA oral, UVB-311 e PUVITA de mans e pés).
  • Procedemento asistencial de terapia fotodinámica (convencional e luz do día).
  • Proceso asistencial de atención en dermatoloxía pediátrica específica. Criterios de derivación preferente dun paciente desde atención primaria pediátrica. Tratamento dos hemanxiomas infantís.
  • Proceso asistencial de atención ao paciente con psoriase.
  • Proceso asistencial de cirurxía micrográfica de Mohs.
  • Proceso asistencial de atención ao melanoma. Vía rápida.
  • Procedemento asistencial de enfermería de envoltura húmida. Dobre pixama.
  • Procedemento asistencial de enfermería: baño terapéutico.
  • Procedemento xeral para a xestión de infraestruturas e instalacións.
  • Procedemento de calidade para a xestión dos procedementos diagnóstico-terapéuticos.
  • Procedemento de calidade para a xestión do almacén e control de caducidades.
  • Procedemento xeral para o seguimento da satisfacción dos clientes.
  • Procedemento xeral para a planificación da mellora continua.
  • Procedemento xeral para a formación do persoal.
  • Procedemento xeral para a xestión da comunicación.
  • Procedemento xeral para a xestión de riscos e oportunidades de mellora.
  • Procedemento xeral para a xestión do contexto e as partes interesadas.

ACTIVIDADE CIENTÍFICA

Ensaios clínicos
  • Estudio fase 3, multicéntrico, aleatorizado, con doble enmascaramiento y controlado con placebo, para evaluar la eficacia y seguridad de apremilast en pacientes pediátricos desde los 6 años hasta los 17 años con psoriasis en placas de moderada a grave (SPROUT).
    Código do protocolo: CC-10004-PPSO-003. Promotor: Celgene.
  • Estudio de fase 3, multicéntrico, aleatorizado, comparativo con placebo, con enmascaramiento doble y grupos paralelos, en el que se evalúa la farmacocinética, la eficacia y la seguridad de baricitinib en niños enfermos ambulatorios con dermatitis atópica moderada o grave.
    Código do protocolo: I4V-MC-JAIP. Promotor: Lilly S.A.
  • Estudio aleatorizado, doble ciego, multicéntrico que evalúa la eficacia a corto (16 semanas) y largo plazo (hasta un año), la seguridad y la tolerabilidad de 2 regímenes de dosis de secukinumab subcutáneo, en pacientes adultos con hidradenitis supurativa de moderada a severa (SUNSHINE).
    Código do protocolo: CAIN457M2301. Promotor: Novartis.
  • Estudio de extensión de retirada, aleatorizado, doble ciego y multicéntrico para demostrar la eficacia, seguridad y tolerabilidad a largo plazo de secukinumab subcutáneo en pacientes con hidradenitis supurativa de moderada a grave.
    Código do protocolo: CAIN457M2301E1. Promotor: Novartis.
  • Estudio clínico internacional, multicéntrico, abierto, de fase IV intervencionista para investigar la eficacia y seguridad de tildrakizumab 100 mg en pacientes con psoriasis en placas crónicas de moderada a grave y su influencia en la calidad de vida-TRIBUTE.
    Código do protocolo: M-14745-42. Promotor: Almirall S.A.
  • Estudio de fase 3, aleatorizado, en doble ciego, controlado con placebo y multicéntrico, para evaluar la eficacia y la seguridad de bimekizumab en sujetos con hidrosadenitis supurativa moderada o severa.
    Código do protocolo: HS0003. Promotor: UCB Biopharma SPRL.
  • Estudio fase 3, aleatorizado, doble ciego, controlado con placebo, multicéntrico, de grupos paralelos para evaluar la eficacia y seguridad de dupilumab en pacientes con prurigo nodular que no están adecuadamente controlados con terapias tópicas de prescripción o cuando dichas terapias no son recomendables.
    Código do protocolo: EFC16460. Promotor: Sanofi.
  • Estudio de extensión multicéntrico a largo plazo para evaluar la seguridad a largo plazo y mantenimiento del efecto del tratamiento de Mirikizumab en pacientes con moderado a severo. Psoriasis en placas (OASIS-3).
    Código do protocolo: I6T-MC-AMAH. Promotor: Lilly S.A.
  • Estudio de fase 3, multicéntrico, doble ciego, en el que se evalúan la seguridad y la eficacia a largo plazo de baricitinib en pacientes adultos con dermatitis atópica.
    Código do protocolo: I4V-MC-JAHN. Promotor: Eli Lilly and Company.
  • Ensayo de extensión a largo plazo en pacientes con dermatitis atópica que participaron en ensayos previos de tralokinumab: ECZTEND.
    Código do protocolo: LP0162-1337. Promotor: LEO Pharma A/S.
  • Estudio de extensión abierto de Upadacitinib en adultos con moderada a severa dermatitis atópica.
    Código do protocolo: M19-850. Promotor: AbbVie Inc.
  • Estudio de fase 3B, aleatorizado, doble ciego, con doble simulación, controlado con principio activo, multicéntrico, para evaluar la eficacia y la seguridad de abrocitinib en comparación con dupilumab en participantes adultos que reciben terapia tópica de base con dermatitis atópica de moderada a grave.
    Código do protocolo: B7451050. Promotor: Pzifer.
  • Estudio de fase 3b, multicéntrico, aleatorizado, doble ciego, con doble simulación y con control activo para comparar la seguridad y la eficacia de Upadacitinib frente a Dupilumab en pacientes adultos con dermatitis atópica de moderada a grave.
    Código do protocolo: M16-046. Promotor: AbbVie Inc.
  • Estudio multicéntrico de fase 3, aleatorizado, doble ciego, controlado con placebo y fármaco comparador activo, para evaluar la eficacia y la seguridad de guselkumab en el tratamiento de pacientes con psoriasis en placa de moderada a grave en los que se retira y reinicia el tratamiento de forma aleatoria.
    Código do protocolo: CNTO1959PSO3002. Promotor: Janssen-Cilag International NV.
  • Estudio fase 3, aleatorizado, doble ciego, multicéntrico, de 24 semanas de duración de secukinumab subcutáneo para evaluar el tratamiento antiinterleuquina-17A en pacientes con psoriasis en placas con EHGNA coexistente (pINPOINt).
    Código do protocolo: CAIN457ADE15. Promotor: Novartis.
  • Efficacy and safety comparison of brodalumab versus guselkumab in adult subjects with moderate-to-severe plaque psoriasis and inadequate response to ustekinumab; COBRA.
    Código do protocolo: LP0160-1510. Promotor: LEO Pharma A/S.
  • A phase 3, randomised, double-blind, multi-centre trial to evaluate the efficacy, safety, and tolerability of Brodalumab treatment compared to placebo (blinded) and Ustekinumab (open-label) in adolescent subjects (12–17 years of age) with moderate-to-severe plaque psoriasis. EMBRACE-1.
    Código do protocolo: LP0160-1396. Promotor: LEO Pharma A/S.
  • Adjustable brodalumab dosage regimen compared with standard Brodalumab treatment for 52 weeks in subjects with moderate-to-severe plaque psoriasis and ≥120 kg body weight. ADJUST.
    Código do protocolo: LP0160-1329. Promotor: LEO Pharma A/S.
  • Estudio en fase III multicéntrico y de extensión a largo plazo para evaluar la eficacia y la seguridad de Abrocitinib, en monoterapia o en combinación con medicamentos tópicos, administrado a pacientes de 12 años o más con dermatitis atópica moderada o grave
    Código do protocolo: B7451015. Promotor: Pzifer.
Estudos observacionais financiados
  • Estudo observacional de recollida de datos. Título: Estudio de resultados sanitarios en la psoriasis (PSoHO): estudio observacional internacional de resultados sanitarios durante 3 años sobre el tratamiento biológico de la psoriasis en placas de moderada a grave.
    Código do protocolo. I1F-MC-B007. Promotor: Eli Lilly and Company.
  • Estudo observacional de recollida de datos. Título: Estudio observacional para evaluar la eficacia descriptiva en la práctica clínica real en pacientes con psoriasis en placas moderada a grave tratados con brodalumab (BROACTIVE).
    Código do protocolo: NIS-KYNTHEUM-1466. Promotor: LEO Pharma.
  • Estudo observacional de recollida de datos. Título: Estudio multicéntrico, de observación y prospectivo para evaluar la eficacia del certolizumab pegol en pacientes con psoriasis en placas moderada o grave en la práctica diaria (CIMREAL).
    Código do protocolo: PS0026. Promotor: UCB Biopharma.
  • Estudo observacional de recollida de datos. Título: Estudio observacional prospectivo para evaluar la calidad de vida en pacientes con psoriasis en placas tratados con Enstilar® por primera vez (QALIPSO).
    Código do protocolo: NIS-ENSTILAR-1430. Promotor: LEO Pharma.
  • Estudo observacional de seguimiento prospectivo (EPA-SP). Título: Estudio observacional y prospectivo en pacientes con psoriasis ungueal tratados con una espuma cutánea de calcipotriol y betametasona dipropionato para evaluar el cambio en la gravedad de la psoriasis y en la calidad de vida.
    Código do protocolo: FLO-ENS-2017-01. Acrónimo: Estudio ENUPS.
  • Estudo observacional de recollida de datos. Título: Estudio observacional prospectivo para evaluar los beneficios para el paciente asociados al tratamiento de la psoriasis en placas con Apremilast, tras otros tratamientos sistémicos en condiciones de práctica clínica habitual en España (Estudio APPROPRIATE).
    Código do protocolo: CEL-APR-2017-01. Promotor: Celgene, S. L.
Estudos observacionais de investigación independente
  • Estudo observacional de recollida de datos. Título: BIOBADADERM: Registro Español de Acontecimientos Adversos de Terapias Biológicas en Dermatología.
    Promotor: Fundación de la Academia Española de Dermatología y Venereología.
  • Estudo observacional de recollida de datos. Título: BIOBADATOP: Registro Español de Acontecimientos Adversos de Terapias Biológicas en Dermatología.
    Promotor: Fundación de la Academia Española de Dermatología y Venereología.
  • Estudo observacional multicéntrico de recollida de datos. Registro de linfoma cutáneo primario de la AEDV.
    Código do protocolo FAE-LIN-2016-01. Promotor: Fundación de la Academia Española de Dermatología y Venereología.
  • Estudo observacional de recollida de datos. Título: Estudio observacional para conocer la valoración de gravedad que realizan los pacientes con psoriasis en relación a su afectación genital.
    Código do protocolo: PS-GEN.
  • Estudo observacional de seguimento prospectivo (EPA-SP). Título: Estudio observacional para determinar la efectividad de apremilast en práctica clínica habitual.
    Código do protocolo: APRE-PC.
  • Estudo observacional multicéntrico de recollida de datos. Registro español de cirugía de Mohs.
    Código do protocolo FAE-MOH-2013-01. Promotor: Fundación de la Academia Española de Dermatología y Venereología.
  • Estudo observacional retrospectivo multicéntrico do grupo español de psoriase. Título: Guselkumab en el tratamiento de la psoriasis moderada-grave.
    Código do protocolo: EDA-GUS-2019-01.
  • Estudo observacional de seguimento retrospectivo multicéntrico (EPA-OD). Título: Efectividad y seguridad del empleo de Brodalumab en la práctica clínica habitual.
    Código do protocolo: AST-BRO-2020-01.
  • Estudo observacional de recollida de datos (No-EPA). Título: Análisis del conocimiento sobre la hidradenitis supurativa por parte de las/os enfermeras/os de atención primaria de Galicia.
    Código do protocolo: ENF-HS-2020.
  • Estudo observacional de seguimento prospectivo (EPA-SP). Título: Registro de pacientes con ictiosis a tratamiento con fórmulas magistrales u otros fármacos tópicos en condiciones de práctica clínica diaria.
    Código do protocolo: ABC-ADA-2019-01.
  • Estudo observacional de seguimento prospectivo (No-EPA). Título: Estudio sobre la prevalencia de uso de tratamientos dermatológicos sin prescripción médica en profesionales sanitarios y estudiantes de ciencias de la salud.
    Código do protocolo: ABC-AUTTO-2020.
  • Estudo observacional de seguimento prospectivo (No-EPA). Título: Estudio de la prevalencia de prescripción de fármacos fuera de ficha técnica en dermatología pediátrica.
    Código do protocolo: CCR-FFT-2020-01.
Publicacións

Artigos científicos 2020

  1. Impact of cutaneous adverse events on the quality of life in patients receiving anticancer agents: Results from an observational, cross-sectional study.
    Autores: Suh-Oh HJ, Flórez Á, Sacritán-Santos V, Fernández-Ribeiro F, Vilanova-Trillo L, Constenla-Figueiras M, Pereiro-Ferreirós M.
    Drugs Context. 2020 Aug 5;9:2020-6-6. DOI: 10.7573/dic.2020-6-6.
  2. Dark Lesion with Irregular and Polymorphous Vascularization in Two Patients: A Quiz
    Autores: Couselo-Rodríguez C, Mesa-Álvarez L, Suh-Oh HJ, Álvarez C, Flórez A.
    Acta Dermato-Venereológica. 2020 Jun 18;100(13):adv00195
  3. Dermatoscopic features of thin (≤ 2mm Breslow thickness) versus thick (> 2mm Breslow thickness) nodular melanoma and predictors of nodular melanoma versus nodular non-melanoma tumors: a multicentric collaborative study by the International Dermoscopy Society.
    Autores: D Sgouros , A Lallas, H Kittler, A Zarras, A Kyrgidis, C Papageorgiou, S Puig , A Scope, G Argenziano, I Zalaudek, M A Pizzichetta , A Marghoob, K Liopyris , J Malvehy, C Oikonomou , A Flórez, R Braun, H Cabo , G Nazzaro, S Lanssens, S Menzies , J Paoli , G Kaminska-Winciorek, C Longo, A Katoulis, Z Apalla, D Ioannides, L Thomas, I Tromme, D Ogata, C Desinioti, A Geller, A Stratigos.
    Journal of the European Academy of Dermatology and Venereology. 2020 Nov;34(11):2541-2547. DOI: 10.1111/jdv.16815.
  4. Sistemic rituximab for the treatment of the indolent forms of primary cutaneous B-cell lymphomas: data from the Spanish Primary Cutaneous Lymphoma Registry.
    Autores: Muniesa C, Domingo-Domenech E, Fornons-Servent R, Peñate Y, Estrach MT, Ramón MD, Medina S, Flórez A, Ortiz-Romero PL, Sánchez-Caminero MP, Torres-Navarro I, Acebo E, Yanguas I, Fernández-de-Misa R, Blanes M, Zayas A, Descalzo MA, García-Doval I, Servitje O.
    Journal of the American Academy of Dermatology. 2020 Nov;83(5):1535-1538. DOI: 10.1016/j.jaad.2020.07.028.
  5. Periocular Lentigo Maligna successfully treated with Immunocryosurgery
    Autores: Oro-Ayude M, González-Sixto B , Faraldo-Lorenzo JM, Feal C, Flórez Á.
    Dermatologic Therapy. 2020 Nov 19;e14561. DOI: 10.1111/dth.14561.
  6. Sonidegib in the Treatment of Locally Advanced Basal Cell Carcinoma.
    Autores: San Martín O, Llombart B, Carretero Hernández G, Flórez Menéndez A, Botella Estrada R, Herrera Ceballos E, Puig S.
    Actas Dermosifiliogr. 2020 Nov 13;S0001-7310(20)30471-3. DOI: 10.1016/j.ad.2020.11.002
  7. Pearly papules on the Antihelix.
    Autores: Oro-Ayude M, Hernández Cancela R.M, Flórez Á.
    Actas Dermosifiliogr. 2020 Sep;111(7):603-604. English, Spanish. DOI: 10.1016/j.ad.2019.01.020. Epub 2020 Jun 15.
  8. Cutaneous adverse events in patients receiving anti-cancer therapy in a tertiary hospital setting: the old and the new.
    Autores: Suh-Oh HJ, Flórez Á, Sancristán-Santos V, Rodríguez-Martínez A, Fernández-Ribeiro F, Vilanova-Trillo L, Constenla-Figueiras M, Pereiro-Ferreirós M.
    International Journal of Dermatology. 2020, 09, Aug.
  9. Hospitalization in patients with psoriasis: impact of biological therapies on temporal evolution.
    Autores: Rodríguez-Jato Q, Ruibal-Pereira A, Batalla A, Abalde MT, Salgado-Boquete L, Martínez-Reglero C, Fernández-Redondo V, Flórez Á.
    Journal of Drugs in Dermatology. Febrero 2021.
  10. Reconstrucción de defecto quirúrgico en el cuero cabelludo mediante matriz dérmica bicapa e injerto laminar.
    Autores: M. Oro-Ayude, B. González-Sixto, C. Feal, Á. Flórez.
    Actas Dermosifiliogr. 2020;111:165-6.
  11. Nivolumab for metastatic cutaneous squamous cell carcinoma.
    Autores: Marcos Oro-Ayude, Hae Jin Suh-Oh, Víctor Sacristán-Santos, Patricia Vázquez-Bartolomé, Ángeles Flórez.
    Case Reports in Dermatology. 2020;12-37-41.
  12. State of the art of Mohs surgery for rare cutaneous tumors in the Spanish Registry of Mohs Surgery (REGESMOHS).
    Autores: Rodríguez-Jiménez P, Jiménez YD, Reolid A, Sanmartín-Jiménez O, Garces JR, Rodríguez-Prieto MA, Medrano RM, Vilarrasa E, de Eusebio-Murillo E, Redondo P, Ciudad-Blanco C, Morales-Gordillo V, Toll-Abelló A, Artola-Igarza JL, Pacheco MLA, Markixana IA, Fernández RS, Rubio AA, Vázquez-Veiga H, Flórez-Menéndez A, de la Cueva Dobao P, Botella-Estrada R, García-Bracamonte B, Carnero-González L, Ruiz-Salas V, Sánchez Sambucety P, López-Estebaranz JL, Gil P, Barchino L, Arenal MM, Ocerin-Guerra I, Hueso L, Seoane-Pose MJ, González-Sixto B, Cano-Martínez N, Escutia-Muñoz B, Ortiz-Romero PL, García-Doval I, Descalzo MA.
    REGESMOHS (Registro Español de Cirugía de Mohs). Int J Dermatol. 2020 Mar;59(3):321-325. DOI: 10.1111/ijd.14732.
  13. Perfil clínico de los pacientes con dermatitis atópica que requieren hospitalización.
    Autores: A. Batalla, L. Mesa-Álvarez, M. Pérez-Rodríguez, Á. Flórez, V. Fernández-Redondo.
    Piel. 2020;35:146-53.

Artigos científicos 2019

  1. Anetoderma and Systemic Lupus Erythematosus: Case Report and Literature Review.
    Autores: Iglesias-Puzas Á, Batalla A, Peón G, Álvarez C, Flórez Á.
    Acta Derm Venereol. 2019;99(3):335-336.
  2. 0.5% 5-Fluorouracil / 10% Salicylic acid for the treatment of distal actinic keratoses under daily practice conditions.
    Autores: Iglesias-Puzas Á, Batalla A, Suh-Oh HJ, Flórez Á.
    J Drugs Dermatol. 2019 Mar 1;18(3):285-288.
  3. Widespread Erythematous and Bullous Plaques Associated With Nasolabial Fold Ulceration: Challenge.
    Autores: Mesa-Álvarez L, Peón Currás G, Flórez Á.
    Am J Dermatopathol. 2019 Mar;41(3):237-238.
  4. Assessment of sun-related behaviour, knowledge and attitudes among nursing students.
    Autores: Iglesias-Puzas Á, Méndez Iglesias M, Diéguez Montes MP, Flórez Á.
    Photodermatol Photoimmunol Photomed. 2019 Sep;35(5):304-312.
  5. sQUIZ your knowledge: Widespread millimetric papules in a patient with monoclonal gammopathy.
    Autores: Iglesias-Puzas Á, Rodríguez-Jato Q, Flórez Á.
    Eur J Dermatol. 2019;1;29(2):244-245.
  6. Escuela de dermatitis atópica: importancia de la formación de cuidadores.
    Autores: L. Mesa-Álvarez, A. Batalla, R. Fernández-Torres, H.J. Suh Oh, L. Rivas-Arribas, J.A. Couceiro-Gianzo, L. Juncal-Gallego, E. Fonseca, Á. Flórez.
    Piel. 2019;34:390-395.
  7. Actinic Cheilitis: Analysis of Clinical Subtypes, Risk Factors and Associated Signs of Actinic Damage.
    Autores: Rodríguez-Blanco I, Flórez Á, Paredes-Suárez C, Rodríguez-Lojo R, González-Vilas D, Ramírez-Santos A, Paradela S, Suárez Conde I, Pereiro-Ferreirós M.
    Acta Derm Venereol. 2019 Sep 1;99(10):931-932.
  8. Use of lip photoprotection in patients suffering from actinic cheilitis.
    Autores: Rodríguez-Blanco I, Flórez Á, Paredes-Suárez C, Rodríguez-Lojo R, González-Vilas D, Ramírez-Santos A, Paradela S, Suárez Conde I, Pereiro-Ferreirós M.
    Eur J Dermatol. 2019 Aug 1;29(4):383-386.
  9. NFKBIZ and CW6 in adalimumab response among psoriasis patients: genetic association and alternative transcript analysis.
    Autores: Coto-Segura P, González-Lara L, Batalla A, Eiría N, Queiro R, Coto E.
    Mol Diagn Ther. 2019 Oct;23(5):627-633.
  10. Clinical management of cutaneous adverse events in patients on chemotherapy: a national consensus statement by the Spanish Academy of Dermatology and Venereology and the Spanish Society of Medical Oncology.
    Autores: Sanmartín O, Beato C, Suh-Oh HJ, Aragón I, España A, Majem M, Segura S, Gúrpide A, Botella R, Grávalos C.
    Actas Dermosifiliogr. 2019 Jul - Aug;110(6):448-459. DOI: 10.1016/j.ad.2019.01.011.
  11. Clinical management of cutaneous adverse events in patients on targeted anticancer therapies and immunotherapies: a national consensus statement by the Spanish Academy of Dermatology and Venereology and the Spanish Society of Medical Oncology.
    Autores: Grávalos C, Sanmartín O, Gúrpide A, España A, Majem M, Suh Oh HJ, Aragón I, Segura S, Beato C, Botella R.
    Clin Transl Oncol. 2019 May;21(5):556-571.
  12. Systemic rituximab in the treatment of indolent primary cutaneous B-cell lymphomas.
    Autores: C. Muniesa, E. Domingo, R. Fornons, Y. Peñate, T. Estrach, D. Ramón, S. Medina, A. Flórez, P. Ortiz, P. Sánchez, I. Torres, E. Acebo, I. Yanguas, R. Fernández de Misa, M. Blanes, A. Zayas, MA. Descalzo, I. García-Doval, O. Servitje. Spanish Cutaneous Lymphoma Group.
    Eur J Cancer. 2019, 119, 1, S-36.
  13. Multiple pilomatricomas: A retrospective study and literature review.
    Autores: Mesa-Álvarez L, Batalla A, Iglesias-Puzas Á, Álvarez C, Flórez A.
    Am J Dermatopathol. 2019 Apr;41(4):293-295.
  14. Skin dimpling due to traumatic amniocentesis.
    Autores: Mesa-Álvarez L, Batalla A, De la Torre C.
    An Pediatr (Barc). 2019 Mar;90(3):197-198.

Artigos científicos 2018

  1. An 18 months follow-up of digital myxoid cysts after therapy with percutaneous sclerotherapy with polidocanol.
    Autores: Mesa-Álvarez L, Salgado-Boquete L, Flórez-Menéndez Á.
    Dermatologic Surgery. 2018;44(1):140-142.
  2. Enfermedad boca-mano-pie atípica vesículo-ampollosa en dos adultos.
    Autores: Iglesias-Puzas Á, Batalla A, Trigo M, Flórez Á.
    Actas Dermosifiliogr. 2018;109(6):567-569.
  3. La investigación clínica en las secciones territoriales de la Academia Española de Dermatología y Venereología (AEDV).
    Autores: Iglesias Puzas Á, Batalla Á, Flórez Á.
    Actas Dermosifiliogr. 2018;109(2):148-154.
  4. The first year of the AEDV primary cutaneous lymphoma registry.
    Autores: Peñate Y, Servitje O, Machan S, Fernández-de-Misa R, Estrach MT, Acebo E, Mitxelena J, Ramón MD, Flórez A, Blanes M, Morillo M, Medina S, Bassas J, Zayas A, Espinosa P, Pérez A, Gónzalez-Romero N, Domínguez JD, Muniesa C, López Robles J, Combalia A, Yanguas I, Suh H, Polo-Rodríguez I, Bielsa I, Mateu A, Ferrer B, Descalzo MA, García-Doval I, Ortiz-Romero PL.
    Actas Dermosifiliogr. 2018;109(7):610-616.
  5. Plantar reconstruction using a dermal substitute: description of 2 cases.
    Autores: Iglesias-Puzas Á, González-Sixto B, Feal-Cortizas JC, Abalde-Pintos MT, Flórez Á.
    Int J Low Extrem Wounds. 2018 Jun;17(2):120-124.
  6. Normolipemic eruptive xanthoma in a patient with monoclonal gammopathy of undetermined significance.
    Autores: Iglesias-Puzas Á, Suh-Oh HJ, Flórez Á.
    Med Clin (Barc). 2018 Dec 21;151(12):507-508.
  7. Alternativas terapéuticas tópicas y sistémicas para el tratamiento de las ictiosis.
    Autores: A. Batalla, C. Dávila Pousa, A. Flórez.
    Piel. 2018;33:526-534.
  8. Image Gallery: Trichomycosis axillaris: dermoscopic, Wood's lamp and methylene blue imaging.
    Autores: Rodríguez-Jato Q, Canoura-Fernández L, Flórez A.
    Br J Dermatol. 2018 Aug;179(2):e89.
  9. Actinic Cheilitis Prevalence and Risk Factors: A Cross-sectional, Multicentre Study in a Population Aged 45 Years and Over in North-west Spain.
    Autores: Rodríguez-Blanco I, Flórez Á, Paredes-Suárez C, Rodríguez-Lojo R, González-Vilas D, Ramírez-Santos A, Paradela S, Suárez Conde I, Pereiro-Ferreirós M.
    Acta Derm Venereol. 2018 Nov 5;98(10):970-974.
  10. Topical carbocysteine: A new option for the treatment of ichthyosis.
    Autores: Batalla A, Dávila-Pousa C, Feal C, Flórez Á.
    Pediatr Dermatol. 2018 Nov;35(6):e357-e359.
  11. Genotype-phenotype correlation in type 1 neurofibromatosis: pMet992del mutation and milder disease.
    Autores: Batalla A, Iglesias-Puzas Á, Freire-Bruno J, Herrero-Hermida J, Flórez Á.
    Pediatr Dermatol. 2018 Sep;35(5):e268-e271.
  12. Systemic Treatment of Moderate to Severe Psoriasis in Pediatric Patients in Galicia, Spain: A Descriptive Study.
    Autores: Batalla A, Fernández-Torres R, Rodríguez-Pazos L, Monteagudo B, Pardavila Riveiro R, Rodríguez-Lojo R, Zulaica Á, Cabanillas M, Fonseca E, León Á, Fernández-Díaz L, Abalde T, Salgado-Boquete L, Valdés F, Seoane-Pose MJ, Vázquez-Veiga H, Suárez-Conde I, Álvarez-López J, Flórez Á.
    Actas Dermosifiliogr. 2018 Oct;109(8):722-732.
  13. Síndrome de Frey.
    Autores: Suárez-Magdalena O, Suárez-Amor O, Fernández-Jorge B, Batalla A.
    Piel. 2018:33:184-8.
  14. Anetoderma and Systemic Lupus Erythematosus: Case Report and Literature Review.
    Autores: Iglesias-Puzas Á, Batalla A, Peón G, Álvarez C, Flórez Á.
    Acta Derm Venereol. 2019 Mar 1;99(3):335-336.
  15. Acné severo publicaciones científicas. Comentario al artículo: Spring LK, Krakowski AC, Alam M, Bhatia A, Brauer J, Cohen J, et al. Isotretinoin and Timing of Procedural Interventions: A Systematic Review with Consensus Recommendations.
    JAMA Dermatol. 2017;153:802-9. Disponible en: http://www.acnesevero.es/profesionales/publicaciones/isotretinoina-y-tiempo-
  16. Trichomycosis axillaris: clinical, dermoscopic and methylene blue imaging.
    Autores: Rodríguez-Jato, Queila, Canoura-Fernández, Luis, Flórez, Ángeles.
    Br J Dermatol. 2018 Aug;179(2):e89.
  17. An 18 months follow-up of digital myxoid cysts after therapy with percutaneous sclerotherapy with polidocanol.
    Autores: Mesa-Álvarez L, Salgado-Boquete L, Flórez-Menéndez A.
    Dermatologic Surgery. Dermatologic Surgery. 2018;44(1):140-142.

Artigos científicos 2017

  1. Síndrome del cabello en anagen suelto, descripción de 5 casos.
    Autores: Iglesias-Puzas A, Batalla A, Mesa-Álvarez L, Suh-Oh HJ, De la Torre C.
    Piel. 2017:32:66.
  2. Management of actinic cheilitis using ingenol mebutate gel: A report of seven cases.
    Autores: Flórez A, Batalla A, De la Torre C.
    J Dermatolog Treat. 2017 Mar;28(2):149-151.
  3. Wells' syndrome successfully treated with colchicine.
    Autores: Iglesias Puzas A, Mesa Álvarez L, Flórez Menéndez A, Romero Yuste S, Prieto Gómez O.
    Case Rep Dermatol. 2017 Jul 13;9(2):65-69.
  4. Ectima gangrenoso primario como primera manifestación de leucemia aguda.
    Autores: Iglesias Puzas A, Batalla Cebey A, Flórez Menéndez A.
    Medicina Clínica (Barc). 2017 Jul 20. pii: S0025-7753(17)30504-3.
  5. Dermatoscopia del aparato ungueal.
    Autores: Á. Iglesias Puzas, L. Mesa Álvarez, A. Batalla Cebey, H.J. Suh Oh, Á. Flórez Menéndez.
    Monografías en Dermatología. Editorial Aula Médica, 2017. ISBN: 0214-4735.
  6. Miocardiopatía en pacientes con epidermólisis ampollosa hereditaria.
    Autores: Batalla A, Vicente A, Bartrons J, Prada F, Fortuny C, González-Enseñat MA.
    Actas Dermosifiliogr. 2017;108:544-549.
  7. NFKBIZ in Psoriasis: assessing the association with gene polymorphisms and report of a new transcript variant.
    Autores: Coto-Segura P, González-Lara L, Gómez J, Eiris N, Batalla A, Gómez C, Requena S, Queiro R, Alonso B, Iglesias S, Coto E.
    Hum Immunol. 2017 May - Jun;78(5-6):435-440.
  8. SQUIZ your knowledge: Brown macules over spinous process of the back.
    Autores: Iglesias-Puzas Á, Mesa-Álvarez L, Suh-Oh HJ.
    Eur J Dermatol. 2017 Oct 1;27(5):568-569.

Teses doutorais

  • Evaluación del impacto de los eventos adversos cutáneos en la calidad de vida de los pacientes oncológicos que reciben tratamiento antineoplásico.
    Autora: Hae Jin Suh Oh.
    Directores: Manuel Pereiro Ferreirós, Ángeles Flórez Menéndez. Santiago de Compostela, 11 de diciembre de 2020.

Sesións:

  • Sesión de revisión del cuerpo doctrinal de la especialidad a cargo de los residentes rotantes en el servicio.
    Elabórase con anterioridade un calendario supervisado polo titor de residentes. Conexión en directo a programas formativos de índole nacional.
    Martes, de 8.15-9.00 h.
  • Sesión de revisión bibliográfica, revisión iconográfica y actualización científica a cargo rotatorio de todos los facultativos del servicio, colaboradores (Servicio de Alergología, Servicio de Anatomía Patológica) e invitados.
    Elabórase con anterioridade un calendario supervisado e consensuado.
    Mércores, de 8.15-9.30 h.
  • Sesión de revisión de casos clínicos complejos, debido a su rareza y/o dificultades diagnósticas y/o dificultades terapéuticas, con presencia del paciente.
    Elabórase semanalmente unha lista de problemas dos casos que hai que tratar, que se envía para estudo previo a todos os facultativos do servizo.
    Venres, de 8.15-9.30 h.

LIGAZÓNS RELACIONADAS

O Grupo de Investigación en Dermatoloxía Inflamatoria, Pediátrica e Oncolóxica (Grupo DIPO) do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra é un equipo de investigación translacional formado por dermatólogos, patólogos, alergólogos, enfermeiros e xestores de investigación que se integra no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, co compromiso de ofrecer unha asistencia de calidade baseada na evidencia científica.


ESCOLAS DE PACIENTES

A Escola de Psoriase da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha iniciativa que xorde con dous obxectivos principais:

  1. O primeiro, poder abordar os aspectos da psoriase que preocupan e interesan desde a perspectiva do paciente e por petición dos pacientes. Para iso, habilitáronse canles de comunicación por medio dos cales os pacientes lle fan chegar á Unidade de Psoriase as súas dúbidas e intereses específicos, que se tratan nun formato taller con grupos reducidos de 12 a 15 pacientes, cos seus acompañantes.
  2. O segundo, axudarlles aos participantes para adquirir un mellor coñecemento das emocións e a ampliar a aprendizaxe de habilidades, para previr os efectos prexudiciais da tensión como factor psicolóxico que inflúe na psoriase. Para iso, todas as sesións inclúen o taller "O papel das emocións na psoriase".

As xornadas da Escola de Psoriase desenvólvense en 3 sesións consecutivas:

  1. FAQ en psoriase.
    • Pacientes e acompañantes.
    • Facultativos dermatólogos e enfermería da Unidade de Psoriase.
  2. O papel das emocións na psoriase.
    • Psicóloga.
    • Pacientes e acompañantes.
    • Facultativos dermatólogos e enfermería da Unidade de Psoriase.
  3. Mesa redonda.
    • Destacamos a participación de todos os asistentes.

As actividades da Escola de Psoriase teñen lugar en tres sesións anuais na área de docencia do Hospital Montecelo. Todos os pacientes que desexen inscribirse ou enviar suxestións dos temas nos que teñan interese en tratar poden facelo a través da dirección de correo escuela.psoriasis.pontevedra@gmail.com ou depositalas no espazo habilitado no Servizo de Dermatoloxía.

O calendario das sesións e os medios de inscrición publicítanse nos diferentes taboleiros de anuncios do complexo hospitalario, páxina web e redes sociais dispoñibles. Respéctase a cota por rigorosa orden de inscrición.


ESCOLA DE ATOPIA

As xornadas da Escola da Atopia desenvólvense en tres sesións paralelas:

  • Unha destinada aos adultos, fundamentalmente pais e coidadores de nenos con dermatite atópica.
  • Unha destinada a nenos máis pequenos, a partir dos 4 anos e ata os 8 ou 9 anos.
  • Unha destinada a nenos de maior idade, entre 9 e 12-13 anos.

O modo de organizar os grupos dos talleres infantís depende das idades dos asistentes en cada sesión.

Actividades en cada unha das seccións:
  • Grupo de adultos:
    • Catro charlas prácticas de aproximadamente 15-20 minutos de duración, impartidas por dermatólogos e pediatras, nas que se abordan conceptos básicos en relación coa dermatite atópica.
    • Coloquio-rolda de preguntas, nas que cabe destacar a participación activa de todos os asistentes.
  • Grupo de nenos máis pequenos: guiados pola enfermería e colaboradoras (educadora infantil e psicóloga):
    • Conto instrutivo ao comezo da sesión.
    • Actividade tipo manualidade relacionada co conto, con finalidade reiterativa da mensaxe dada a través do conto.
    • Xogo con murais e materiais adhesivos para traballar as emocións producidas pola dermatite atópica.
    • Ensino de aplicación de emolientes de modo práctico, participando os propios nenos.
    • Ensino de mecanismos de evitación do rascado.
    • Relaxación.
  • Grupo de nenos máis maiores: guiados pola enfermeira e colaboradoras (educadora infantil e psicóloga):
    • Conto instrutivo ao comezo da sesión.
    • Traballo das emocións producidas pola dermatite atópica con diálogos/entrevistas persoais.
    • Ensino da aplicación de emolientes de modo práctico, participando os propios nenos.
    • Ensino de mecanismos de evitación do rascado.
    • Reforzo co xogo da oca.
    • Relaxación.

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

  • Premio outorgado a favor do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Mellor Unidade de Psoriase en Atención ao Paciente.
    XI Premios BestinClass. 2016.
  • Mención de Honra a favor do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Mellor Servizo de Dermatoloxía en Atención ao Paciente. XII Premios BestinClass. 2017.
  • Premio á Mellor Comunicación en Cirurxía ao traballo titulado: Reconstrucción plantar usando una matriz dérmica artificial: descripción de dos casos.
    Autores: Álvaro Iglesias-Puzas, Beatriz González-Sixto, Carlos Feal Cortizas, M.ª Teresa Abalde Pintos, Ángeles Flórez.
    XXX Reunión do Grupo Español de Dermatología Quirúrgica, Láser y Oncología Cutánea da AEDV. San Sebastián, 24 e 25 de novembro de 2017.
  • Primeiro premio á mellor comunicación oral ao traballo titulado: Aplicación informática para la clasificación y recuperación de imágenes dermatológicas: HIPATIA.
    Autores: L. Mesa-Álvarez, L. Fiel Paz, M. García Fernández, F.J. Aquino García, B. González-Sixto, Á. Iglesias Puzas, Q. Rodríguez-Jato, M. Ouro-Axude, Á. Flórez.
    Outorgado pola Sección Galega da Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxía, en maio de 2018.
  • Segundo premio ao mellor traballo publicado durante o ano 2017 ao traballo titulado: An 18 months follow-up of dixital myxoid cysts after therapy with percutaneous sclerotherapy with polidocanol.
    Autores: Mesa-Álvarez L, Salgado-Boquete L, Flórez-Menéndez A. Dermatologic Surgery. 2017 Mar 17.
    Outorgado pola sección galega da Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxía, en maio de 2018.
  • Premio outorgado a favor do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Mellor Unidade de Psoriase en Atención ao Paciente. XIII Premios BestinClass. 2018.
  • Segundo premio ao mellor traballo publicado durante o ano 2018 ao traballo titulado: Actinic Cheilitis Prevalence and Risk Factors: A Cros-sectional, Multicentre Study in a Population Aged 45 Years and Over in North-west Spain.
    Autores: Rodríguez-Blanco I, Flórez Á, Paredes-Suárez C, Rodríguez-Lojo R, González-Vilas D, Ramírez-Santos A, Paradela S, Suárez Conde I, Pereiro-Ferreirós M.
    Acta Dermato-Venereolóxica. 2018;98:970-974.
    Outorgado pola sección galega da Academia Española de Dermatología y Venereología, en maio de 2019.
  • Premio outorgado a favor do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Mellor Unidade de Psoriase en Atención ao Paciente e Diploma Excelencia Cinco Estrelas. XIV Premios BestinClass. 2019.
  • Finalista Mellor Servizo de Dermatoloxía en Atención ao Paciente. XIV Premios BestinClass. 2019.
​​​​​​​

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.