PRESENTACIÓN DO SERVIZO
O Servizo de Anxioloxía e Cirurxía Vascular do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) ocúpase da prevención, diagnóstico e tratamento das enfermidades vasculares. Nas súas orixes, a nosa especialidade era eminentemente cirúrxica, pero hoxe en día a atención ao paciente vascular require unha visión máis global incluíndo a prevención, o diagnóstico, o tratamento e o seguimento das enfermidades vasculares.
Os obxectivos e o campo de acción abarcan as enfermidades orgánicas e funcionais do sistema arterial, venoso (fleboloxía) e linfático (linfoloxía). Exclúense o corazón e as arterias intracraneais.
PROFESIONAIS DO SERVIZO
Responsable do servizo
|
Xefe de Servizo: Dr. Raúl García Casas
|
Persoal facultativo
|
Facultativos especialistas de área: 5
Médicos internos residentes: 2
|
Persoal de enfermería
|
Supervisora: M.ª del Pilar González Rodríguez
|
Enfermeiras:
|
Técnicos en coidados auxiliares de enfermería:
|
LOCALIZACIÓN E CONTACTO
Secretaría: Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra
Hospital Montecelo, planta 6.ª
Teléfono: 986 800 134
Área de hospitalización: planta 6.ª impar
Sala de consulta e curas: consulta n.º 5, planta 0
Sala de laboratorio vascular: consulta n.º 6, planta 0
CARTEIRA DE SERVIZOS
No noso servizo empréganse as seguintes técnicas para o tratamento da patoloxía vascular:
Endovasculares: xunto coas técnicas cirúrxicas clásicas, desenvolvéronse dunha forma espectacular as técnicas endovasculares dirixidas a un tratamento menos invasivo do paciente. Isto leva consigo a actualización permanente dos nosos coñecementos, tendo unha especial importancia na nosa especialidade a formación continuada. Mediante guías e catéteres, trátanse lesións a distancia. Inclúen: fibrinólise, anxioplastia con ou sen stent de enfermidade arterial oclusiva, exclusión de aneurismas, embolización, filtros, láser endovascular.
Cirúrxicas: ligadura de vasos e suturas vasculares, técnicas de oclusión vascular e exérese, anastomoses vasculares, cirurxía arterial directa (embolectomías, endarterectomías, bypass, parches vasculares), simpatectomías, amputacións, cirurxía venosa (flebectomías, bypass, filtros), transplante de órganos, derivacións vasculares na hipertensión portal, accesos vasculares para hemodiálise.
As técnicas de imaxe non invasivas, fundamentadas na ecografía Doppler, requiren unha adecuada formación para diagnosticar de maneira fiable, pero supoñen un menor risco para o paciente e un menor custo para o sistema sanitario. Polo tanto, outro dos aspectos da nosa especialidade é o LABORATORIO VASCULAR, que ten como obxecto:
- Diagnóstico incruento de lesións arteriais subsidiarias de seren tratadas cirúrxicamente (cartografía arterial)
- Control evolutivo dos pacientes tratados, cunha especial dedicación aos tratamentos endovasculares
- Seguimento dos accesos vasculares para hemodiálise
- Valoración hemodinámica e topográfica da insuficiencia venosa (cartografía venosa)
O campo de acción da nosa espacialidade implica o tratamento das seguintes entidades patolóxicas:
- Isquemia aguda dos membros por embolia ou tromboses
- Isquemia crónica das extremidades
- Aneurismas e arteriopatías ectasiantes
- Arteriopatías inflamatorias e vasculites
- Traumatismos vasculares
- Fístulas arteriovenosas
- Síndromes vasomotoras
- Enfermidades ectasiantes das veas
- Malformacións conxénitas vasculares
- Trombose venosa e síndrome postrombótica
- Insuficiencia venosa crónica. Varices
- Úlceras de orixe vascular
- Insuficiencia vascular cerebral de orixe extracraneal
- Isquemia mesentérica aguda e crónica
- Hipertensión arterial vasculorenal
- Síndrome neurovascular do estreito torácico
- Enfermidades dos vasos linfáticos
- Tumores vasculares. Quemodectomas
- Enfermidades vasoespásticas
PROCESOS E PROCEDEMENTOS ACTIVOS
- Protocolo de isquemia crónica de membros inferiores
- Protocolo de isquemia aguda de membros inferiores
- Protocolo de aneurismas de aorta
- Protocolo de estenose carotídea
- Protocolo de pé diabético
- Protocolo de isquemia mesentérica
- Protocolo de disección de aorta
- Protocolo de síndrome aórtica aguda
- Protocolo de cirurxía ambulatoria de varices
FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN
A formación continuada de todos os profesionais do Servizo de Anxioloxía e Cirurxía Vascular é fundamental para unha especialidade que tivo unha expansión espectacular nos últimos 10 anos co desenvolvemento das técnicas endovasculares. Por todo iso, no noso servizo promóvese a asistir a cursos e congresos internacionais, así como dispoñer de acceso ás revistas de maior índice de impacto da nosa especialidade.
Desde hai máis de 10 anos o noso servizo ten acreditación docente para a formación de médicos residentes. Por este motivo de forma continuada realízáronse achegas a congresos e revistas. Realizáronse dúas teses doutorais sobre as técnicas empregadas no servizo, participouse en estudos multicéntricos e obtívose unha bolsa FISS.
Así mesmo, somos colaboradores coa Universidade de Santiago de Compostela, polo que acollemos alumnado de 5.º e 6.º curso da Facultade de Medicina.
LIGAZÓNS RELACIONADAS
Sociedad Española de Angiología y Cirugía Vascular (SEACV)
Sociedade Galega de Anxioloxía e Cirurxía Vascular (SGACV)
Capítulo Cirugía Endovascular (Facebook)
Capítulo Cirugía Endovascular (World Wide Web)
Capítulo Español de Flebología y Linfología