PRESENTACIÓN DO SERVIZO
O Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra está especializado na prevención, diagnóstico e tratamento das patoloxías de carácter urxente e das emerxencias médicas.
O equipo de profesionais que constitúe o Servizo de Urxencias diagnostica e trata os procesos urxentes de todas as especialidades médicas e cirúrxicas, tanto de nenos como de adultos e conta co apoio do resto das especialidades.
O Servizo de Urxencias actualmente conta con dúas localizacións: no Hospital Montecelo, para os adultos, e no Hospital Provincial, para os nenos e para a patoloxía xinecolóxica.
Anualmente:
- Realízanse máis de 90 000 atencións por ano, aínda que no 2020 a cifra reduciuse a 70 000, basicamente pola aparición da pandemia de SARS-CoV-2, que motivou, a partir do mes de marzo, unha franca diminución de pacientes que acudían ao servizo. No ano 2021 está a verse de novo un incremento de afluencia, alcanzando cifras similares ás previas á pandemia.
- Atende preto de 60 000 pacientes en Montecelo (adultos) e 30 000 no Hospital Provincial (nenos e adultos).
- Ingresan aproximadamente 11 000 pacientes en urxencias no Hospital Montecelo (18 %) e ao redor de 4000 no Hospital Provincial (11 %).
- Fórman médicos internos residentes (MIR) de todas as especialidades, sobre todo os de medicina familiar e comunitaria.
EQUIPO HUMANO
Responsable do servizo
|
Dr. Francisco Javier García Vega
Coordinador do Servizo
|
Persoal facultativo
|
Médicos de urxencias hospitalarias:
Hospital Montecelo: 31
Hospital Provincial: 8
|
Persoal de enfermería
|
Supervisoras:
María Gago Bravo (Hospital Montecelo)
Sonia Duarte Novo (Hospital Provincial)
|
Enfermeiras:
Hospital Montecelo: 38
Hospital Provincial: 12
|
Técnicos en coidados auxiliares de enfermería:
Hospital Montecelo: 25
Hospital Provincial: 9
|
LOCALIZACIÓN E CONTACTO
Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra - Hospital Montecelo:
- Planta 0
- Camas de observación: planta 1
- Teléfono do Servizo de Admisión de Urxencias: 986 800 185
Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra - Hospital Provincial:
- Planta -1
- Teléfono do Servizo de Admisión de Urxencias: 986 807 027
CARTEIRA DE SERVIZOS
O Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra diagnostica e trata a pacientes con:
- Urxencias cardiovasculares
- Urxencias respiratorias
- Urxencias do aparello dixestivo
- Urxencias neurolóxicas
- Urxencias endocrinometabólicas
- Urxencias nefrourolóxicas
- Urxencias otorrinolaringolóxicas e oftalmolóxicas
- Urxencias traumatolóxicas
- Urxencias pediátricas
Dispón dos equipos máis actuais para realizar:
- Resucitación cardiopulmonar avanzada
- Ventilación invasiva e non invasiva
- Monitoraxe non invasiva
- Ecografía de urxencia
- Outros procedementos
Organización
O Servizo de Urxencias presenta a seguinte estrutura:
- Boxes de críticos
- Boxes de exploración convencionais
- Box de illados e agresivos
- Quirofaniño e box de xesos
- Camas de observación
- Zona de circuíto covid
- Servizo de atención materno-infantil (Hospital Provincial)
ACTIVIDADE CIENTÍFICA
Investigación en:
- Ventilación mecánica non invasiva (VMNI)
- Osixenoterapia de alto fluxo con cánulas nasais (OAFCN)
- Parada cardiorrespiratoria
LIGAZÓNS RELACIONADAS
SEMES-RCP. Sociedad Española de Medicina De Urgencias (SEMES):
Grupo Español de Ventilación Mecánica No Invasiva (VMNI):
Consejo Español de Resucitación Cardiopulmonar (CERCP)
American Heart Association (AHA)
European Resuscitation Council (ERC)