Servizo de Microbioloxía do CHUP

PRESENTACIÓN DO SERVIZO

 

O Servizo de Microbioloxía é unha unidade especializada multidisciplinar que combina o coñecemento sobre a etioloxía e patoloxía das enfermidades infecciosas co coñecemento técnico, que permite a utilización dos medios diagnósticos máis eficientes para a identificación rápida dos microorganismos que causan infeccións. Achega, ademais, orientación terapéutica e asesoramento no seguimento e actuacións preventivas das enfermidades infecciosas, todo iso dunha maneira eficiente e de calidade, garantindo que o resultado estea dispoñible a tempo para o seu uso no proceso asistencial.

O Servizo de Microbioloxía exerce un labor docente, coa incorporación dun residente anual ao servizo.

O servizo atópase certificado desde o ano 2009 segundo a Norma UNE-EN-ISO 9001.

O Servizo de Microbioloxía está estruturado en diferentes áreas:

  • Preanalítica e bacterioloxía xeral:
    • Sementeira de mostras
    • Detección rápida de antíxenos
    • Cultivo de mostras cuantitativas e cualitativas
    • Observación microscópica
    • Optimización dos sistemas de información do laboratorio
  • Bacterioloxía:
    • Espectrometría de masas (MALDI-TOF) aplicada á identificación de microorganismos
    • Diagnóstico das infeccións de trasmisión sexual (ITS)
    • Identificación rápida de hemocultivos positivos
    • Detección de portadores de bacterias multirresistentes
    • Vixilancia epidemiolóxica das bacterias multirresistentes
    • Técnicas de estudo de sensibilidade antibiótica por disco-difusión, por difusión cuantitativa e por microdilución
    • Caracterización fenotípica dos mecanismos de resistencia antibiótica
    • Información periódica da evolución da sensibilidade antibiótica por microorganismos
    • Participación activa nos programas asistenciais de optimización do uso de antimicrobianos (PROA)
    • Crioconservación de bacterias de interese
  • Seroloxía:
    • Tecnoloxía de quimioluminiscencia automatizada
    • Seroteca
  • Viroloxía e DM:
    • Detección de patóxenos por PCR: patóxenos relacionados con ITS; respiratorios: gripe, Covid, cargas virais de HIV, hepatites C e B; CMV, EBV; axentes virais e bacterianos responsables de meninxite e encefalite
    • Xenotipificación do virus da hepatite C
    • Micobacterias tuberculosas e outras:
      • Diagnóstico rápido de tuberculose e detección da resistencia antibiótica por PCR en tempo real
      • Diagnóstico da infección tuberculosa por detección da produción de interferón gamma (IGRA)
      • Estudo da sensibilidade aos tuberculostáticos de primeira liña
      • Crioconservación de bacterias de interese

PROFESIONAIS DO SERVIZO

Responsable do servizo

Dra. Marta García Campello

Xefa de Servizo

Persoal facultativo

Facultativos especialistas de área: 6

Médicos internos residentes:

Persoal de enfermería

Coordinadora técnica: Isabel Gregorio Fontán

Técnicos especialistas en laboratorio: 33


LOCALIZACIÓN E CONTACTO

O laboratorio de microbioloxía está situado na segunda e terceira planta do Hospital Provincial e na 1.ª planta do Hospital Montecelo, seguindo o seguinte esquema organizativo:

ESQUEMA ORGANIZATIVO FACULTATIVO

BACTERIOLOXÍA XERAL - HOSPITAL PROVINCIAL - 2.ª planta

  • Recepción.
    Responsable: Dra. David Guzmán Figueroa
  • Procesamento de mostras.
    Responsable: Dra. Victoria Pulian Morais
  • Cribado de urina.
    Responsable: Dra. Ángeles Gómez Rial
  • Bacterioloxía xeral: hemocultivos, LCR, control de portadores e ambientais.
    Responsable: Dra. Victoria Pulian Morais
  • Bacterioloxía xeral: ouriños.
    Responsable: Dra. Ángeles Gómez Rial
  • Bacterioloxía xeral: respiratorio.
    Responsable: Dra. Ana Sáez López
  • Bacterioloxía xeral: xenitourinario.
    Responsable: Dra. Guzmán Figueroa
  • Bacterioloxía xeral: coprocultivos.
    Responsable: Dra. Pallarés González
  • Bacterioloxía xeral: exudados xerais (feridas, abscesos, líquidos orgánicos) / anaerobios.
    Responsable: Dra. Patricia Álvarez García

ÁREAS ESPECÍFICAS - HOSPITAL PROVINCIAL - 3.ª planta

  • Micoloxía / vixilancia epidemiolóxica.
    Responsable: Dra. Victoria Pulian Morais
  • Microbioloxía molecular e seroloxía
    Responsable: Dra. Matilde Trigo Daporta
  • Área COVID. Responsables:
    • Dra. Matilde Trigo Daporta
    • Dra. Ana Sáez López
  • Micobacterias.
    Responsable: Dra. Ana Sáez López
  • Responsable de calidade. Interconsultas infecciosas.
    Responsable: Dra. Patricia Álvarez García
  • Parasitoloxía.
    Responsable: Dra. Ángeles Gómez Rial
  • Atención continuada.
    Responsable: Dra. Ángeles Pallarés González

ÁREAS DE TRABALLO: CONTACTO

HOSPITAL PROVINCIAL - 2.ª planta
  • Screening urina
  • Coordinadora técnica
  • Recepción / procesamento
  • Parásitos / técnicas rápidas
  • Bacterioloxía xeral:
    • Hemocultivos / líquidos
    • Respiratorio
    • Urina
    • Antibióticos
    • Coprocultivos / xenitourinarios
    • Feridas / anaerobios / fungos
HOSPITAL PROVINCIAL - 3.ª planta
  • Área COVID
  • Seroloxía / bioloxía molecular:
    • Recepción
    • Seroloxía automática
    • Seroloxía semiautomática
    • Bioloxía molecular
  • Micobacterias:
    • Sementeira
    • Sondas / PCR
    • Tinguiduras
HOSPITAL MONTECELO
  • Área COVID
  • Técnicas rápidas

HORARIOS DE FUNCIONAMENTO

ACTIVIDADE ASISTENCIAL ORDINARIA (PROVINCIAL)

Luns a venres: 8.00 a 15.00 horas

Sábados (Bacterioloxía xeral/ resposta rápida urxente procedencia HOSPITAL PROVINCIAL): 8.00 a 15.00 horas

ACTIVIDADE CONTINXENCIA COVID / GRIPE (PROVINCIAL)

Todos os días, incluídos sábados, domingos e festivos: 8.00 a 12.00 horas

Teléfono de soporte no Hospital Provincial: 22.00 a 8.00 horas

ACTIVIDADE CONTINXENCIA COVID / GRIPE (MONTECELO)

Todos os días, incluídos sábados, domingos e festivos: 8.00 a 8.00 horas

RESPOSTA RÁPIDA URXENTE (MONTECELO)

Mostras procedencia HOSPITAL MONTECELO:

Todos os días, incluídos sábados, domingos e festivos: 8.00 a 8.00 horas

Mostras procedencia HOSPITAL PROVINCIAL:

Todos os días, incluídos sábados, domingos e festivos: 22.00 a 8.00 horas

PROCESAMENTO DE MOSTRAS DE BACTERIOLOXÍA XERAL (MONTECELO)

Mostras procedencia HOSPITAL MONTECELO:

Luns a venres: 15.00 a 8.00 horas

Sábados: 15.00 a 8.00 horas

Domingos e festivos: 8.00 a 8.00 horas


CARTEIRA DE SERVIZOS

O Servizo de Microbioloxía dispón dun amplo catálogo de probas para o diagnóstico das infeccións bacterianas, fúnxicas, víricas e parasitarias. Preséntase de modo que dea resposta ás necesidades sanitarias da poboación e á demanda de servizos, garantindo a accesibilidade, a equidade e a calidade na súa utilización. Todo o proceso está orientado á satisfacción do usuario, contribuíndo ao establecemento dun diagnóstico correcto.

Na páxina web da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés disponse para todo o persoal dunha carteira de servizos con todas as probas diagnósticas dispoñibles. Nela especifícase convenientemente detallado: mostra, estudos, procesos, contedor apropiado, área de procesamento, tempo de resposta e observacións naquelas probas que o requirisen. Preséntase ademais nesta páxina o Manual de recollida e transporte de mostras, que posúe un anexo no que se mostran os diferentes contedores que se utilizan.

ASPECTOS RELEVANTES QUE HAI QUE DESTACAR DA CARTEIRA DE SERVIZOS

O Servizo de Microbioloxía da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés incorpora as tecnoloxías no campo do diagnóstico microbiolóxico, entre as que destacan:

  • Caracterización fenotípica e molecular de bacterias de interese epidemiolóxico
  • Vixilancia epidemiolóxica de bacterias multirresistentes (Acinetobacter baumanii, MRSA, Pseudomonas aeruginosa, enterobacterias produtoras de Blee)
  • Diagnóstico de PCR en tempo real das ITS: Chlamydia trachomatis (CT), Neisseria gonorrhoeae (NG), Trichomonas vaginalis (TV), Mycoplasma hominis (MH), Mycoplasma genitalium(MG), Ureaplasma urealyticum (UU) e Ureaplasma parvum
  • Diagnóstico rápido de Mycobacterium tuberculose mediante PCR en tempo real
  • Diagnóstico da infección tuberculosa mediante a detección da produción de interferón gamma (IGRA)
  • Estudo de sensibilidade aos fármacos de primeira liña Mycobacterium tuberculose
  • Cuantificación de carga viral no virus da inmunodeficiencia humana, virus das hepatites B, C e citomegalovirus
  • PCR en tempo real BK/JC
  • Detección HSV/VVZ → PCR
  • Detección por PCR de patóxenos bacterianos e virais responsables de meninxites e encefalites
CARTEIRA DE SERVIZOS DE RESPOSTA RÁPIDA

ESTUDO

MOSTRA

OBSERVACIÓNS

Tinguidura Gram

LCR

Sospeita de meninxite bacteriana aguda

PCR patóxenos

meninxite e encefalite

LCR

LCR tras petición expresa, en nenos menores de 3 meses con ou sen pleocitose ou maiores de 3 meses e adultos con ≥ 10 leucocitos/mm3

Baciloscopia urxente

ESPUTO

Sospeita de tuberculose

Antíxeno legionela

OURIÑOS

Pacientes hospitalizados con sospeita de pneumonía ou con petición expresa motivada

Antíxeno pneumococo

OURIÑOS

Sospeita de pneunomía (paciente ambulatorio ou hospitalizado)

Antíxeno VRS

NASOFARÍNXEO

Pacientes pediátricos

Antíxeno estreptococo grupo A

EXUDADO FARÍNXEO

Antíxeno Plasmodium

SANGUE COMPLETO

Sospeita de malaria

PCR gripe/VRS

NASOFARÍNXEO

Criterios do PLAN DE CONTINXENCIA DA ÁREA SANITARIA DE PONTEVEDRA E O SALNES

PCR SARS-CoV-2

NASOFARÍNXEO/ ESPUTO/ ASPIRADO BRONQUIAL / LAVADO BRONCOALVEOLAR

Criterios do PLAN DE CONTINXENCIA DA ÁREA SANITARIA DE PONTEVEDRA E O SALNES

Noutras mostras, non incluídas na anterior relación e que a xuízo do clínico requiran atención urxente, hase de contactar previamente co Servizo de Microbioloxía, para valorar a posibilidade ou non da súa realización.


ACTIVIDADE CIENTÍFICA

ACTIVIDADE DOCENTE

Realízanse semanalmente sesións nas que se abordan diferentes temas, seguindo o seguinte esquema de organización mensual:

  • Revisións temáticas.
  • Control de calidade externo: nestas sesións analízanse os resultados dos controis de calidade nos que participa o servizo.
  • Revisión de casos clínicos: nesta sesión comentaranse resultados do laboratorio referidos a microorganismos inusuais, patróns de resistencia especiais, brotes, etc.
  • Bibliográfica.
LABOR DOCENTE
  • Alumnos de 3.º / 4.º de biolóxicas / 6.º de medicina.
  • Rotacións por cada unha das áreas do laboratorio, tutelados por cada facultativo responsable.
  • Posgraduados.
FORMACIÓN PROGRAMADA DE RESIDENTES

Segue o esquema formativo da especialidade.

OUTRAS ACTIVIDADES

Actividade relacionada coa Área de Calidade

O Servizo de Microbioloxía, co apoio da Unidade de Calidade e a Dirección da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, renovou o Certificado de Calidade conforme á Norma 9001:2015, con data de 18 de xullo de 2019.

PARTICIPACIÓN EN COMISIÓNS
  • Comité de infeccións e política antibiótica: Dra. Marta García Campello.
  • Comité de investigación: Dra. Patricia Álvarez García.
  • Colaboración de facultativos na elaboración de diferentes protocolos interservicios.
PARTICIPACIÓN EN ESTUDOS INTERNACIONAIS
  • Grupo español da Europeaen Antimicrobial Resistance Surveillance network. Dra. Victoria Pulian, Dra. Marta García.
    Esta participación inclúe a participación no control de calidade UK NEQAS Microbiology.

 

PUBLICACIÓNS ANO 2019
  1. HIGH-RESOLUTION QUANTITATIVE PROTEOMICS APPLIED TO THE STUDY OF THE SPECIFIC PROTEIN SIGNATURE IN THE SPUTUM AND SALIVA OF ACTIVE TUBERCULOSIS PATIENTS AND THEIR INFECTED AND UNINFECTED CONTACTS. Jesús Mateos; Olivia Estévez; África González-Fernández; Luis Anibarro; Ángeles Pallarés; Rajko Reljic; José M Gallardo; Isabel Medina; Mónica Carrera. Journal of Proteomics Marzo 2019; Vol 195 Pag 41-52 https://doi.org/10.1016/j.jprot.2019.01.010
  2. NEUROLOGICAL PRESENTATIONS OF BARTONELLA HENSELAE INFECTION. Canneti B1, Cabo-López I2, Puy-Núñez A2, García García JC3, Cores FJ4, Trigo M5, Suárez-Gil AP2, Rodríguez-Regal A2. Neurol Sci. 2019 Feb;40(2):261-268. DOI: 10.1007/s10072-018-3618-5. Epub 2018 Oct 27.
  3. SPANISH NATIONWIDE SURVEY ON PSEUDOMONAS AERUGINOSA ANTIMICROBIAL RESISTANCE MECHANISMS AND EPIDEMIOLOGY. Del Barrio et al and GEMARA-SEIMC/REIPI study group. J. Antimicrob Chemother 2019 JUL 1:74(7):1825-1835.
  4. HTLV-1 INFECTION IN SOLID ORGAN TRANSPLANT DONORS AND RECIPIENTS IN SPAIN. BMC INFECTIOUS DISEASES. de Mendoza C, Roc L, Benito R, Reina G, Ramos JM, Gómez C, Aguilera A, Rodríguez-Iglesias M, García-Costa J, Fernández-Alonso M, Soriano V; Spanish HTLV Network. BMC Infect Dis. 2019 Aug 9;19(1):706. DOI: 10.1186/s12879-019-4346-z.
  5. CLINICAL EXPERIENCE WITH INTEGRASE INHIBITORS IN HIV-2-INFECTED INDIVIDUALS IN SPAIN. THE JOURNAL OF ANTIMICROBIAL CHEMOTHERAPY. Requena, Lozano AB, Caballero E, García F, Nieto MC, Téllez R, Fernández JM, Trigo M, Rodríguez-Avial I, Martín-Carbonero L, Miralles P, Soriano V, de Mendoza ; HIV-2 Spanish Study Group. J Antimicrob Chemother. 2019 May 1;74(5):1357-1362. DOI: 10.1093/jac/dkz007.
  6. DEEP-SEQUENCING REVEALS BROAD SUBTYPE-SPECIFIC HCV RESISTANCE MUTATIONS ASSOCIATED WITH TREATMENT. Antiviral Res. 2019 Dec 16;174:104694. DOI: 10.1016/j.antiviral.2019.104694.
  7. DIVERSE LARGE HIV-1 NON-SUBTYPE B CLUSTERS ARE SPREADING AMONG MEN WHO HAVE SEX WITH MEN IN SPAIN. Delgado E, Benito S, Montero V, Cuevas MT, Fernández-García A, Sánchez-Martínez M, García-Bodas E, Díez-Fuertes F, Gil H, Cañada J, Carrera C, Martínez-López J, Sintes M, Pérez-Álvarez L, Thomson MM>, Spanish Group for the Study of New HIV Diagnoses. Front Microbiol. 2019 Apr 3;10:655. DOI: 10.3389/fmicb.
PUBLICACIÓNS ANO 2020
  1. An RNA-seq Based Machine Learning Approach Identifies Latent Tuberculosis Patients With an Active Tuberculosis Profile. Estévez O, Anibarro L, Garet E, Pallarés Á, Barcia L, Calviño L, Maueia C, Mussá T, Fernández-Riverola F, González-Peña D, Reboiro-Jato M, López-Fernández H, Fonseca NA, Reljic R and González-Fernández Á. Front. Immunol. 11:1470. DOI: 10.3389/fimmu.2020.01470.
  2. Identification of candidate host serum and saliva biomarkers for a better diagnosis of active and latent tuberculosis infection. Estévez O, Anibarro L, Garet E, Pallarés Á, Pena A, Villaverde C et al. (2020) PLoS ONE 15(7): e0235859. https://doi.org/10.1371/journal.pone.0235859
  3. Serum proteomics of active tuberculosis patients and contacts reveals unique processes activated during Mycobacterium tuberculosis infection. Mateos J, Estévez O, González-Fernández Á, Anibarro L, Pallarés Á, Reljic R, Mussá T, Gomes-Maueia C, Nguilichane A, Gallardo JM, Medina I, Carrera M. Sci Rep. 2020 Mar 2;10(1):3844. PMID: 32123229. PMCID: PMC7052228 DOI: 10.1038/s41598-020-60753-5.
  4. Sample pooling for SARS-CoV-2 RT-PCR screening. de Salazar A, Aguilera A, Trastoy R, Fuentes A, Alados JC, Causse M, Galán JC, Moreno A, Trigo M, Pérez-Ruiz M, Roldán C, Pena MJ, Bernal S, Serrano-Conde E, Barbeito G, Torres E, Riazzo C, Cortes-Cuevas JL, Chueca N, Coira A, Sánchez-Calvo JM, Marfil E, Becerra F, Gude MJ, Pallarés Á, Pérez del Molino ML, García F. de Salazar A et al. Among authors: Pallarés Á. Clin Microbiol Infect. 2020 Dec;26(12):1687.e1-1687.e5. DOI: 10.1016/j.cmi.2020.09.008. Epub 2020 Sep 10. Clin Microbiol Infect. 2020. PMID: 32919074.
CONGRESOS ANO 2019/2020
  1. Surveillance of prioritary resistances in Galicia (Spain): 2015/2017 period. Isabel Losada, José Andrés Agulla, Patricia Álvarez, Pedro Miguel Juiz, Fernando García , María González, Gema Barbeito, Marta Serrano, María Begoña Fernández, Francisco Vasallo, María Isabel Paz Vidal, Irene Rodríguez Conde, Alberto Malvar Pintos, Xurxo Hervada Vidal. 29th European Congress of Clinical Microbiology and Infectious Diseases (ECCMID).
  2. Caracterización clínica y microbiológica de los aislamientos de actinomices spp en el Área Sanitaria de Pontevedra y O Salnés. Luis Canoura Fernández,Isaac Alonso García, Ángeles Pallarés González, Marta García Campello. Congreso Congreso Nacional Seimc. Maio 2019. Madrid.
  3. Despliegue por equipos expertos para la adaptación a la Norma ISO 2001. Álvarez García P, García Campello M, Fernández Casas S, Trigo Daporta M, Pallarés González A, Pulian Morais V. 21 Congreso Nacional de Hospitales y Gestión Sanitaria. Maio 2019. Santiago de Compostela.
  4. El aumento de resistencia a cefotaxima e imipenem en aislados invasivos de K. pneumoniae se asocian al aumento del consumo de carbapenemicos y colistina, respectivamente. Belén Aracil, María Teresa Alonso, María Pérez Vázquez et al. and Grupo EARS-NET España. XXXIII Congreso Nacional SEIMC. Maio 2019. Madrid.
  5. Aspectos microbiológicos en pacientes tratados con ceftazidima/avibactam en un hospital de segundo nivel. Begoña Nogueira Ramos, Claudia Barca Díez, Isaac Alonso García, Pablo Camacho Zamora, Laura Barcia Sixto, Nuria Vázquez Temprano, Patricia Álvarez García, Patricia Iglesias Neiro, Julio Diz Arén, Jose Ignacio Cenoz Osinaga, Ángeles Gómez Rial, María Victoria Pulián Morais, Marta García Campello. SEIMC 2020. ISBN 978-84-09-22864-5.
  6. Evaluación de una técnica de quimioluminiscencia en el diagnóstico microbiológico de la infección tuberculosa latente. Isaac Alonso García, Pablo Camacho Zamora, Begoña Nogueira Ramos, Matilde Trigo Daporta, Marta García Campello. SEIMC 2020. ISBN 978-84-09-22864-5.
  7. Klebsiella pneumoniae BLEE en muestra urinaria de atención primaria del Área Sanitaria de Pontevedra y O Salnés (2015- 2019). Pablo Camacho Zamora, Isaac Alonso García, Begoña Nogueira Ramos, María Ángeles Gómez Rial, Marta García Campello. SEIMC 2020. ISBN 978-84-09-22864-5.

PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN

  1. Epidemiología genómica y monitorización en tiempo real del SARS-CoV-2 en Galicia (EPICOVIGAL). Investigador principal: David Posada González, Universidad de Vigo. Colaboradores CHUP: Marta García Campello, Matilde Trigo Daporta, Ángeles Pallarés González, David Guzmán Figueroa. ACIS CT850A-2. Fondo SUPERA COVID19. Duración: 2020-2021.
  2. Proyecto de investigación PI18/01068 Infecciones por micobacterias no tuberculosas (MNT) en España: Estudio clínico-epidemiológico, microbiológico y de patogenicidad. Investigador principal: Fernando Alcaide. Colaboradora: Ana Sáez. Duración 2018-2021.
  3. Proyecto de investigación PI18CIII-00017 Investigación de las infecciones neurológicas graves en niños causadas por enterovirus emergentes en España: EV-A71 Y EV-D68. Investigadora principal: María Cabrerizo. Colaboradora: Matilde Trigo. Duración 2018-2021.
  4. Proyecto de investigación PI18/00423 de la AES 2018; Ref.: PI18/00423 de Acciones estratégicas de salud 2018 del ISCIII. Estudio de las reversiones de una prueba de liberación de interferón-γ (QuantiFERON-TB Gold Plus) para la optimización del estudio de contactos de tuberculosis. Investigador principal Miguel Santín. Colaboradora: Matilde Trigo. 2018-2021.

LIGAZÓNS RELACIONADAS

https://www.isciii.es/QuienesSomos/CentrosPropios/CNM/Paginas/default.aspx

https://www.seimc.org/

http://sogamic.es/

https://www.ecdc.europa.eu/en

https://www.cdc.gov/​​​​

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.