Servizo de Medicina Interna do Hospital Público do Salnés

PRESENTACIÓN DO SERVIZO

A Medicina Interna é a especialidade médica por excelencia. A súa finalidade é a atención global do paciente nun continuo que abarca desde a consulta ou o Servizo de Urxencias ata a hospitalización. Ao médico internista non lle é alleo ningún problema de saúde do paciente, aínda sendo consciente da necesidade de intervención por parte doutros especialistas para alcanzar un correcto diagnóstico e tratamento sobre o seu estado ou a súa enfermidade. O que máis caracteriza a nosa especialidade é a visión de conxunto e síntese dos problemas do paciente. A nosa atención ha de ser, en todo momento, completa, científica e integradora dos aspectos fisiopatolóxicos, diagnósticos e terapéuticos do paciente, mediante o uso adecuado dos recursos médicos dispoñibles ao seu alcance.

O internista debe sumar profundos coñecementos científicos cunha ampla experiencia clínica, un elevado interese de perfeccionamento profesional e un gran sentido da responsabilidade no coidado persoal e continuo dos enfermos baixo a súa atención. Á súa vez, debe integrar as opinións solicitadas a outros especialistas aos que consulta en beneficio do paciente.

Nun hospital comarcal como o Hospital Público do Salnés, onde é o especialista de área médica de referencia, todos estes aspectos cobran especial relevancia, xa que carecemos da presenza continua doutros especialistas e debemos suplir a súa ausencia con maiores coñecementos e dedicación, sen prexuízo da necesidade de derivación ao hospital de referencia que necesitan algúns dos nosos pacientes.

O internista actúa tamén como consultor para outras especialidades do centro: cirurxía, traumatoloxía, uroloxía, xinecoloxía etc., xa que, en xeral, ningún proceso ou problema clínico é alleo ao internista, posto que o seu campo de actuación é practicamente ilimitado.

Actualmente a figura do internista dedícase ao control e tratamento das agudización de pacientes con enfermidades crónicas, idade avanzada e gran carga de comorbilidade. Realiza, ademais, o proceso diagnóstico de enfermos remitidos desde atención primaria ou doutras especialidades, para o estudo de alteracións clínicas, analíticas ou radiolóxicas, así como o diagnóstico e tratamento das enfermidades infecciosas, o manexo das enfermidades autoinmunes sistémicas etc.


EQUIPO HUMANO

O equipo humano habitualmente está composto por 7 facultativos, agora reforzado cun contrato para a planta de paliativos e 2 reforzos COVID.

Responsable da unidade: Dra. María Teresa López Monteagudo

Facultativos do servizo: 7, e 2 adicionais de reforzo COVID

Supervisora: Rosa María Oubiña Betanzos

Enfermería: 14

Técnicos en coidados auxiliares de enfermería: 14


LOCALIZACIÓN E CONTACTO


 

Rúa Hospital do Salnés, n.º 30

36619 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Teléfono: 986 568 000

Localización:

Planta de hospitalización de medicina interna: planta 2

Consultas externas de medicina interna: planta 0


CARTEIRA DE SERVIZOS

A actividade do Servizo de Medicina Interna do Hospital Público do Salnés céntrase fundamentalmente en catro puntos:

  1. Planta de hospitalización: ten asignadas 44 camas. En moitos momentos estas son insuficientes, polo que debemos ter enfermos ingresados noutras unidades de hospitalización. Atendemos de maneira integral o diagnóstico, tratamento, evolución, melloría ou paliación dos síntomas dos nosos pacientes ata o momento da alta ou do seu falecemento. Estes pacientes son ingresados desde urxencias (a gran maioría) ou desde as consultas externas. Nunha porcentaxe de casos recorremos, cando é necesario polos coidados específicos que necesitan, ao seu traslado a especialidades concretas no noso hospital de referencia (Dixestivo, Cardioloxía, Pneumoloxía, Neuroloxía, Nefroloxía, UCI). Danse, se as condicións clínicas do paciente son as adecuadas, altas durante todos os días do ano, xa que o servizo ten un seguimento constante de todos os pacientes ingresados ao seu cargo, o cal permitiu as mellores cifras en canto a estancia media dos últimos anos e así evitar a saturación do servizo en momentos de sobrecarga asistencial.
    A planta de hospitalización conta, ademais, con 3 habitacións de presión negativa para patoloxía respiratoria que o precise, de uso individual.
  2. Consulta externa: cada semana temos citadas 8 axendas de consulta, cunha media de 10 pacientes por consulta: 2 primeiras consultas derivadas desde urxencias, outras especialidades ou atención primaria; 2 revisións poshospitalización e 6 sucesivas ou en seguimento (algunha delas, telefónica). Un facultativo atenderá a e-consulta que se lle poida solicitar ao servizo.
  3. Interconsulta hospitalaria: cada día un facultativo encárgase de contestar as interconsultas xurdidas doutros servizos en horario de mañá ou realiza as valoracións solicitadas desde o Servizo de Urxencias (a través do noso teléfono corporativo de contacto).
  4. Atención continuada: os facultativos do servizo realizan gardas presenciais unipersoais (1 só facultativo). Ofrecen cobertura a todos os pacientes ingresados a cargo do servizo, así como as posibles interconsultas urxentes doutras especialidades e as valoracións de ingreso solicitadas desde o Servizo de Urxencias os 365 días do ano.

Ademais destas tarefas, o servizo realiza:

  • Participacións en comisións hospitalarias.
  • Ecografía clínica en planta.
  • Puncións diagnósticas: paracentese, toracocentese e punción lumbar.
  • Manexo de ventilación mecánica non invasiva en planta.
  • MAPA (monitoraxe arterial ambulatoria de tensión arterial) en consulta externa.
  • Acollida e formación de residentes de medicina familiar e comunitaria da nosa área e residentes de medicina interna doutros hospitais.
  • Sesións clínicas do servizo.
  • Sesións hospitalarias (agora en suspenso).
  • Atención a pacientes de consulta externa citados no Hospital de día.
  • Asistencia a residencias de maiores en momentos de brote en pandemia COVID.
  • Asistencia a pacientes hospitalizados con cargo á Unidade de Coidados Paliativos desde febreiro de 2020.

ACTIVIDADE CIENTÍFICA

Nos anos anteriores, case todos os mércores se levaban a cabo sesións clínicas de revisión dun caso, dun artigo bibliográfico recente, revisión dunha patoloxía ou a posta en común dun novo protocolo. Por mor da epidemia por COVID, limitáronse estas actividades, case quedado en suspenso, co fin de evitar agrupacións excesivas de persoal; de producirse, téntase que sexan en lugares máis amplos ca o noso despacho de maior tamaño.

Participamos activa e pasivamente nas sesións xerais do hospital, que se levan a cabo os terceiros xoves de cada mes, exceptuando as épocas estivais e as vacacións do Nadal. Estas están en suspenso tamén desde marzo de 2020.

Asistimos a reunións e congresos en formato virtual, dada a situación actual, todos eles organizados pola sociedade científica nacional e autonómica da nosa especialidade.

Ao longo do pasado ano, varios membros do servizo completaron a súa formación coa realización de másteres e cursos propios da especialidade e participaron na publicación de varios artigos en revistas de interese científico.

Tamén no marco da epidemia, o servizo participou no rexistro de pacientes COVID, tanto da Sociedade Española de Enfermidades Infecciosas e Microbioloxía Clínica como na Sociedade Española de Medicina Interna. Estes rexistros deron lugar a diversas publicacións.

Tamén todos os facultativos do servizo participan como docentes dos programas de formación MIR (médico interno residente).

  • Prognostic Factors and Analytical Abnormalities in Patients Admitted With the Diagnosis of Influenza in a Third Level Hospital During the 2015–2016 Season.
    Néstor Vázquez-Agra, Vanesa Alende-Castro, Cristina Macía-Rodríguez, Ana-Teresa Marques-Afonso, Martín Vidal-Vázquez, Vanesa Riveiro Blanco, Ignacio Novo-Veleiro.
    Open Respiratory Archives, February 2020.
  • Adult Still's Disease in Spain: Description of New Cases, and Systematic Review.
    Alende-Castro V, Pérez-García C, Sande D, Brea Aparicio R, Baz Lomba A, Fernández Villar J, Valle B, Fernández Morales M, Pérez Fernández S, Velo-García A, Rodríguez García JC.
    International Journal of Medical Science and Health Research (IJMSHR), May 2020.
  • Significance of Anti-centromere Antibodies.
    Vanesa Alende-Castro, Caritina Vázquez-Triñanes, Sergio Rodríguez-Fernández, Pablo Eiras, Arturo González-Quintela, Bernardo Sopeña. International Journal of Medical Science and Health Research (IJMSHR), June 2020.
  • Serum concentrations of interleukin-6 (IL-6) in the general adult population: possible implications for anti-IL-6 therapy in SARS-Cov-2 infection and IL-6-related diseases.
    Alende-Castro V, Alonso-Sampedro M, Gude F, González-Quintela A.
    J Investig Allergol Clin Immunol. (JIACI) 2020 Jun 5:0.
  • 18F-FDG PET/CT as a diagnostic target for a subset of patients with giant cell arteritis.
    Vanesa Alende, JA Díaz Peromingo, Bernardo Sopeña, Arturo González-Quintela.
    International Journal of Medical Science and Health Research (IJMSHR), June 2020.
  • Analysis of predisposing factors for the development of Clostridioides difficil e infection recurrence.
    Marques-Afonso AT, Fernández-Castro I, Vázquez-Agra N, Barrera-López L, Alende-Castro V, Macía-Rodríguez C, Mateo-Mosquera L, Novo-Veleiro I.
    Eur J Clin Microbiol Infect Dis. 2020 Jul 8.
  • Miliary pattern, a classic pulmonary finding of tuberculosis disease.
    Vanesa Alende-Castro, Cristina Macía-Rodríguez, Emilio Páez-Guillán, Alba García-Villafranca.
    J Clin Tuberc Other Mycobact Dis 20 (2020).
  • Five-Year Outcomes of Heart Failure with Preserved Ejection Fraction.
    Cristina Macía-Rodríguez, Emilio Páez-Guillán, Vanesa Alende-Castro, Alba García-Villafranca, Lara María Mateo-Mosquera, Lucía Martínez-Braña, María de los Ángeles Valcárcel García and Francisco Luis Lado Lado.
    The Open Cardiovascular Medicine Journal, 2020, Volume 14.
  • Treatment with tocilizumab of corticosteroids for COVID-19 patients with hyperinflammatory state: a multicenter cohort study (SAM-COVID-19).
    Como miembros del SAM-COVID Study Group.
  • Characteristics and predictors of death among 4035 consecutively hospitalized patients with COVID-19 in Spain.
    Como miembros del COVID-19@Spain Study Group.
  • Características clínicas de los pacientes hospitalizados con COVID-19 en España: resultados del registro SEMI-COVID-19.
    Revista Clínica Española. Como miembros del Grupo de Estudio SEMI-COVID.
  • Association of Hypertension with all-cause mortality among hospitalized patients with COVID-19.
    Journal of Clinical Medicine. Como miembro del Grupo de Estudio SEMI-COVID.
  • Predicting Clinical Outcome with Phenotypic Clusters in COVID-19 Pneumonia: An Analysis of 12,066 Hospitalized Patients from the Spanish Registry SEMI-COVID-19.
    Journal of Clinical Medicine. Como miembro del Grupo de Estudio SEMI-COVID.
  • Admission hyperglycaemia as a predictor of mortality in patients hospitalized with COVID-19 regardless of diabetes status: data from the Spanish SEMI-COVID-19 Registry.
    Journal of Clinical Medicine. Como miembro del Grupo de Estudio SEMI-COVID.

LIGAZÓNS RELACIONADAS

Sociedades científicas:
​​​

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.