PRESENTACIÓN DO SERVIZO
A misión dun servizo de traumatoloxía e cirurxía ortopédica (COT) debe contribuír a mellorar a saúde e promover a máxima efectividade, calidade, seguridade, equidade e satisfacción na provisión de servizos sanitarios, garantindo a sustentabilidade do sistema sanitario e sendo un referente da área xeral de xestión clínica, en consonancia coa estratexia integradora e con vocación decidida de innovación, para proporcionar servizos personalizados e de alto nivel científico técnico a través do noso principal activo, os profesionais.
A misión do xefe do servizo-COT é organizar e ter a punto a operativa necesaria para que se desenvolvan os procesos asistenciais de forma adecuada e cos máximos niveis de calidade, tendo como base a satisfacción do paciente.
PROFESIONAIS DO SERVIZO
Responsable do servizo |
Dr. Raimundo Dobarro Buitrago
Xefe de Servizo
|
Persoal facultativo |
Facultativos especialistas de área: 5
Médicos internos residentes:
|
Persoal de enfermería |
Supervisor:
|
Enfermeiras: |
Técnicos en coidados auxiliares de enfermería: |
LOCALIZACIÓN E CONTACTO
Hospital Público do Salnés
Rúa Hospital do Salnés, n.º 30
36619 Vilagarcía de Arousa
Pontevedra
Teléfono da centraliña: 986 568 000
Teléfono do Servizo de Urxencias: 986 562 000
CARTEIRA DE SERVIZOS
Carteira de servizos de cirurxía maior ambulatoria (CMA)
Neste apartado, e seguindo as directrices da Instrución 3/12, do 21 de marzo de 2012. Catálogo de CMA e normalización da información nos centros hospitalarios do Sergas, detállanse as patoloxías clasificadas en función dos seguintes criterios:
- CMA tipo A: procedementos cirúrxicos nos que a CMA debe ser considera como norma e primeira alternativa.
- CMA Tipo B: procedementos cirúrxicos nos que se recomenda a súa inclusión progresiva na modalidade de CMA.
Na seguinte táboa descríbense os procedementos que se realizan en réxime de CMA no noso centro:
Procedemento |
Tipo A |
Tipo B |
Aliñación metatarsal |
xx |
|
Amputación dedos man |
x |
|
Amputación dedos pé |
x |
|
Artrodese interfalánxica |
x |
|
Artrografía en idade pediátrica |
x |
|
Artroplastia reparación de man/boneca |
x |
|
Artroscopia de nocello |
x |
|
Artroscopia de ombreiro |
|
x |
Artroscopia de boneca |
x |
|
Artroscopia de xeonllo |
x |
|
Bursectomía |
x |
|
Escisión local de lesión ósea |
x |
|
Escisión/corrección HV |
x |
|
Exérese tumoración partes brandas mans e pés |
x |
|
Extracción de material de osteosíntese |
x |
|
Fasciectomía/Fasciotomía (Dupuytren) |
x |
|
Liberación canle epitrocleo-olecraniano |
x |
|
Liberación de túnel carpiano |
x |
|
Meniscectomía endoscópica |
x |
|
Patelectomía |
x |
|
Reparación dedo pé en garra |
x |
|
Reparación dedo martelo |
x |
|
Reparación endoscópica de ligamentos cruzados |
|
x |
Sinovectomía man, dedo man e boneca |
x |
|
Sinovectomía endoscópica do xeonllo |
|
x |
Sutura tendón de Aquiles |
|
x |
Sutura ou transposición de nervio |
x |
|
Tenotomía percutánea en idade pediátrica |
x |
|
Xeso pelvipédico en idade pediátrica |
x |
|
ACTIVIDADE CIENTÍFICA
Sesións clínicas
- Diariamente, ás 8.15 horas, está programada unha sesión clínica, onde se discuten os casos ingresados o día anterior e se realiza unha revisión dos ingresos, facendo fincapé nos casos máis complexos.
- Semanalmente deséñase a programación cirúrxica da semana seguinte e realízanse sesións clínicas de especial interese todos os xoves de 8.30 a 9.30 horas; os relatores son todos os membros do servizo.
- Anualmente realízase unha sesión xeral dentro do programa docente do hospital.
Docencia pregrao
A docencia pregrao realízase de acordo co plan de estudos de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Nos meses de verán, asígnase un estudante de 2.º ciclo para realizar unha estancia de 1 mes, participando na actividade do servizo (consultas, quirófano e urxencias). Ao final da rotación deberá presentar unha memoria para a súa avaliación polo titor de docencia (Dr. Dobarro).
Docencia posgrao
O ensino posgrao comprende a formación de futuros especialistas en medicina de familia e de médicos xerais que desexen ampliar os seus coñecementos en COT.
Os residentes de Medicina de Familia rotan durante un mes; participan en todas as actividades asistenciais e de docencia do servizo. Así mesmo, o titor de docencia (Dr. Dobarro), ao finalizar a rotación de todos os residentes do mesmo ano, imparte unha sesión clínica sobre patoloxía dexenerativa do ombreiro e sobre as indicacións de derivación de pacientes afectos de gonartrosis desde atención primaria.
Política de calidade
- No último trimestre do ano 2017 comezouse coa implantación do protocolo de inclusión na lista de espera para artroplastias de cadeira e xeonllo, co obxectivo de axudar a controlar as entradas na lista de espera con criterios profesionais e de xestión (diminución da variabilidade na práctica clínica).
- Membro da comisión cirúrxica do hospital. Reunión todos os martes ás 8.15 horas (Dr. Dobarro).
- Membro do Comité de Infección, Profilaxe e Política Antimicrobiana. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (Dr. Dobarro). Reunión mensual os mércores a partir das 8.15 horas, no Hospital Montecelo.
- Coautor da Guía de profilaxe antimicrobiana da área sanitaria (Dr. Dobarro).
- Elaboración dun protocolo de referencia da Síndrome de túnel carpiano e de hallus valgus para o seu manexo terapéutico e indicacións de derivación de atención primaria a atención hospitalaria. Foi realizado por todos os membros do servizo e supervisado polo xefe de servizo.
No servizo de COT veñen aplicando de forma interna os seguintes protocolos:
- Protocolo para a aplicación de acido hialurónico na artrose de xeonllo
- Protocolo de profilaxe da enfermidade tromboembólica
- Protocolo de profilaxe antibiótica perioperatoria
- Protocolo para enfermería do procedemento da artroscopia de xeonllo
- Protocolo de proxeccións radiolóxicas básicas en COT: dirixido a atención primaria
- Protocolo de diagnóstico, tratamento e inclusión en lista de espera sobre hallus valgus
Así mesmo, están a aplicarse a nivel da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés os seguintes protocolos:
- Protocolo sobre lumbalxia
- Protocolo sobre manexo das infeccións de próteses articulares
- Protocolo sobre indicacións de petición de RNM en xeonllo
- Protocolo de inclusión en lista de espera para artroplastia total de cadeira e xeonllo
- Protocolo de profilaxe antibiótica
Asistencia a cursos e congresos:
Asístese de forma anual a congresos e cursos (online/presencial), tanto autonómicos como nacionais, para unha posta ao día dos coñecementos da nosa especialidade.
LIGAZÓNS RELACIONADAS
Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
Sociedade Galega de Ciruxía Ortopédica Traumatoloxía (SOGACOT)
Sociedad Españona de Cirugía Ortopédica y Traumatología (SECOT)
Asociacion Española de Artroscopia (AEA)