Colaboración entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes de Pontevedra
Este proxecto encádrase no marco de colaboración entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes de Pontevedra, que consistiu na realización do proxecto de fin de carreira, dunha alumna de Belas Artes, mediante a intervención artística no espazo físico do Hospital de Día de Psiquiatría e a interacción e traballo creativo con persoal e pacientes.
Como obxectivo a inmersión nas terapias coñecidas como Arte Terapia e Terapia polo ambiente que promoven, o funcionamento psicosocial óptimo, así como lograr un espazo físico mais cálido, agradable e harmónico.
Proxecto que abarcou tres fases entre as que se atopaban a posta en marcha dun taller de "origami" no que os pacientes aprenderon as técnicas de papiroflexia logrando facer mil "grullas", atendendo á lenda oriental que di que quen consiga dobrar mil grullas de papel poderá facer realidade o desexo do seu corazón, e unha intervención no espazo físico coa creación dunhas urnas de policarbonato, para colocar as grullas e cambios de cor de portas e paredes dalgunhas estancias.