PRESENTACIÓN DO SERVIZO
O Hospital Público do Salnés presta a súa asistencia á poboación dos concellos de Vilagarcía de Arousa, Catoira, Vilanova, Cambados, A Illa de Arousa e Ribadumia, o que supón unha poboación de entre 75 000 e 80 000 habitantes. Coa integración da área, a asistencia pode estenderse a pacientes doutros concellos.
O Servizo de Obstetricia e Xinecoloxía comezou a súa actividade no ano 2000. Desde o principio tivo especial coidado na asistencia obstétrica, mellorando a calidade asistencial das súas pacientes ata o momento actual: é un dos poucos servizos de obstetricia en España que conta coa acreditación IHAN de hospital amigo dos nenos.
É referencia para profesionais da área de obstetricia que acoden ao noso servizo para completar a súa formación na asistencia ao parto humanizado, o uso da auga no parto ou as técnicas alternativas para control da analxesia ou a walking epidural (epidural móbil). Todo isto pode levarse a cabo grazas á colaboración dos xinecólogos, matronas e persoal auxiliar e administrativo do servizo.
A asistencia xinecolóxica non está por detrás da obstétrica, pois dáselle prioridade á cirurxía ambulatoria e á realización de técnicas fóra do quirófano como as histeroscopias para a extracción de pólipos ou miomas co uso dos morceladores histeroscópicos ou a cirurxía da incontinencia urinaria, que permiten unha máis rápida incorporación á vida normal das pacientes, sen os inconvenientes da vía convencional en quirófano. Todo isto lévase a cabo sen minguar a calidade e a seguridade, aproveitando os recursos do hospital de día.
As pacientes tamén contan coa posibilidade de cirurxías avanzadas en chan pélvico, cirurxía laparoscópica en todas as súas vertentes e o uso das tecnoloxías máis innovadoras; o último avance é a cirurxía V-Notes.
Todo isto é froito do compromiso de todos os profesionais implicados nas dúas vertentes do servizo: xinecólogos, matronas, persoal auxiliar, persoal administrativo e de xestión, envorcados en conseguir a mellor atención das pacientes.
EQUIPO HUMANO
Responsable do servizo: |
Dr. Emilio Salvador Cabo Silva |
Persoal facultativo |
Equipo de obstetricia - facultativos especialistas de área: 2
Equipo de xinecoloxía- facultativos especialistas de área:6 |
Persoal de enfermería |
Supervisora: Yolanda García Freijeiro |
Matronas: 14 |
LOCALIZACIÓN E CONTACTO
Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Hospital Público do Salnés
Rúa Hospital do Salnés, 30
36619 Vilagarcía de Arousa
Pontevedra
Teléfono: 986 568 000
CARTEIRA DE SERVIZOS
Carteira de servizos de obstetricia:
ACTIVIDADE CIENTÍFICA
A actividade científica foi bloqueada pola COVID.
LIGAZÓNS RELACIONADAS
https://sego.es
https://www.ihan.es/
http://www.sgox.org/es/
https://matronasgalegas.org/