Servizo de Oftalmoloxía do CHUP

PRESENTACIÓN DO SERVIZO

A Oftalmoloxía é a especialidade médico-cirúrxica que se relaciona co diagnóstico e tratamento dos defectos e das enfermidades do aparello da visión. Xunto coa Otorrinolaringoloxía e a Dermatoloxía, constitúe unha das chamadas especialidades de primeira xeración e historicamente foi a primeira que adquiriu acreditación académica e aceptación social como tal especialidade. O fundamento da especialidade radica na especificidade anatómica e funcional do aparello visual e na necesidade da división do traballo, pero non nunha técnica particular ou específica.

O Servizo de Oftalmoloxía da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés xorde tras a fusión dos servizos de Oftalmoloxía dos hospitais Provincial e Montecelo en 2001, e destes co do Hospital Público do Salnés en 2011. A súa misión é coidar da saúde visual e ocular de todas as persoas da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés mediante unha atención efectiva, eficiente, de calidade e afectiva, con todos os medios e coñecementos dispoñibles. Para iso, é necesaria a colaboración cos distintos servizos hospitalarios e coa atención primaria, así como con outras institucións sanitarias e asociacións, co fin de lograr unha atención centrada no paciente e enfocada á mellora continua. Tamén é misión deste servizo aumentar e difundir o coñecemento desta rama da medicina mediante a docencia e investigación, cooperando coa universidade e outras organizacións académicas. Así mesmo, o servizo debe contribuír á sustentabilidade do sistema sanitario a través da adecuada xestión dos recursos.

Para optimizar o manexo de patoloxías complexas, a actividade asistencial organízase en unidades clínicas. Na Unidade de Oftalmoloxía Xeral, localizada no Centro de Especialidades de Mollavao e no Hospital Público do Salnés, aténdese os pacientes que acoden por primeira vez ao servizo, remitidos, fundamentalmente, por atención primaria, pero tamén pacientes que non requiren probas ou tratamentos específicos para o seu seguimento. Os pacientes que si requiren este tipo de probas ou tratamentos son remitidos ás unidades subespecializadas, situadas na área de consultas do Hospital Provincial. Estas unidades son as seguintes:

  • Unidade de Superficie Ocular e Córnea
  • Unidade de Glaucoma
  • Unidade de Retina
  • Unidade de Uveíte
  • Unidade de Estrabismo, Oftalmoloxía Pediátrica e Neuroftalmoloxía
  • Unidade de Oculoplastia e Anexos

A consulta compleméntase cun programa de TELEMEDICINA para a despistaxe da retinopatía diabética como soporte a equipos de atención primaria e con consultas telefónicas para efectuar o seguimento dalgunhas patoloxías, co fin de diminuír a frecuentación hospitalaria na pandemia.

PWS_Oftalmologia_image001.png 

A maior parte da actividade cirúrxica realízase en réxime de cirurxía maior ambulatoria, tanto no Hospital Provincial como no do Salnés. As vantaxes deste tipo de cirurxía son múltiples. En primeiro lugar, supón unha interrupción menor do modo de vida do paciente ca a cirurxía con ingreso, co cal diminúe a ansiedade xerada polo proceso, o risco de infección nosocomial e doutras patoloxías asociadas á inmobilidade. Por outra banda, diminúe os custos e axiliza a lista de espera, ao non depender esta da plétora hospitalaria, senón unicamente da dispoñibilidade de quirófano.

As urxencias xurdidas en horario de mañá, remitidas xeralmente polo facultativo de atención primaria, aténdense no Centro de Especialidades de Mollavao ou no Hospital Público do Salnés. Nas unidades subespecializadas do Hospital Provincial aténdense urxencias remitidas por estes especialistas, cando se requiren probas especiais ou tratamento médico específico, como inxeccións intravítreas de determinados fármacos ou unha abordaxe cirúrxica. Fóra deste horario, os pacientes son atendidos inicialmente no Hospital Montecelo, no Hospital Público do Salnés ou nun PAC (Punto de atención continuada) por un médico de urxencias, que valora a conveniencia de atención especializada.

Os ingresos resérvanse para casos de patoloxías graves, como ataques agudos de glaucoma, traumatismos penetrantes e tamén para pacientes cirúrxicos cando a idade, a comorbilidad ou outros factores desaconsellan a realización de cirurxía ambulatoria.


PROFESIONAIS DO SERVIZO

Responsable do servizo

Dr. Eloy Viso Outeriño

Xefe de Servizo

Xefe de sección

Dr. Francisco Javier Cores González

Persoal facultativo

Facultativos especialistas de área: 20

Médicos internos residentes: 3

Persoal de enfermería

Enfermeiras: 6

Técnicos en coidados auxiliares de enfermería: 7


PWS_Oftalmologia_image002.png 


LOCALIZACIÓN E CONTACTO

O Servizo de Oftalmoloxía da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés está situado en 3 edificios:

  • Hospital Provincial: unidades subespecializadas
    2.ª planta (Área de consultas)
    Teléfono: 986 800 000
  • Centro de Especialidades de Mollavao: oftalmoloxía xeral
    2.ª planta
    Teléfono: 986 800 008
  • Hospital Público do Salnés: oftalmoloxía xeral
    Planta baixa (área de consultas)
    Teléfono: 986 568 000

CARTEIRA DE SERVIZOS

A carteira de servizos constitúe o conxunto de actividades desenvoltas polos profesionais dun servizo destinadas a atender ou previr un problema de saúde ou a satisfacer unha demanda sanitaria, que responde ás necesidades e demandas da poboación e que se sustenta en criterios científico-técnicos e en prioridades de política sanitaria. A carteira de servizos cos procedementos diagnósticos e terapéuticos ofrecidos polo Sergas actualízase periodicamente e atópase recollida no Catálogo de procedementos CAPNOR. Os procedementos realizados polo Servizo de Oftalmoloxía da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés extraídos deste catálogo expóñense nas táboas 1 e 2.

PWS_Oftalmologia_image003.jpg 

Moitas das patoloxías susceptibles de tratamento cirúrxico, como o buraco macular ou as complicacións da retinopatía diabética proliferativa, precisan varios dos procedementos expostos na listaxe, polo que, aínda que se inclúen na carteira de servizos, non se citan explicitamente na táboa. A carteira de servizos tamén abarca exploracións habituais como as da motilidade extrínseca e intrínseca e os tratamentos médicos da maior parte das patoloxías oftálmicas non susceptibles de tratamento cirúrxico, incluíndo o manexo de fármacos inmunosupresores nas uveítes, que se leva a cabo co Servizo de Reumatoloxía. Probas de imaxe non estritamente oftalmolóxicas, como a tomografía axial computarizada (TAC) e a resonancia magnética nuclear (RMN), tamén forman parte da carteira de servizos.

Ademais da carteira de servizos asistenciais, o Servizo de Oftalmoloxía, de acordo coa Lei Xeral de Sanidade, que establece que toda a estrutura asistencial da Seguridade Social está en disposición de ser utilizada para a docencia e formación, ofrece unha carteira de servizos docente que posibilita a formación de especialistas en Oftalmoloxía e a formación continuada dos profesionais; complementa, ademais, a formación de residentes de Medicina Familiar e Comunitaria e de estudantes de medicina, de óptica e optometría e de enfermería. Así mesmo, esta lei defende o fomento da actividade investigadora en todo o sistema sanitario como elemento fundamental para o progreso deste, como soporte para a boa asistencia e como axuda para a planificación e xestión sanitaria. En coherencia con esta norma, o Servizo de Oftalmoloxía ofrece tamén unha carteira de servizos investigadora que, coa Fundación Galicia Sur e outros institutos de investigación sanitaria, facilita a realización de estudos e a participación en ensaios clínicos e proxectos de investigación.

Táboa 1. Carteira de servizos: procedementos terapéuticos (CAPNOR)

GRUPO

ACTIVIDADE

CIRURXÍA PALPEBRAL

BLEFARORRAFIA

OUTRA INCISIÓN PALPEBRAL

BIOPSIA DE PÁLPEBRA

EXCISIÓN OU DESTRUCIÓN DE LESIÓN OU TECIDO PALPEBRAL

REPARACIÓN DE PTOSE PALPEBRAL

IMPLANTE PESA DE OURO (LAGOFTALMOS)

REPARACIÓN DE ECTROPION E ENTROPION

OUTRAS REPARACIÓNS DA POSICIÓN PALPEBRAL (CANTOTOMÍA, BLEFARORRAFIA, CANTOPLASTIA)

REPARACIÓN DE LACERACIÓN PALPEBRAL

DEPILACIÓN ELECTROQUIRÚRXICA DA PÁLPEBRA

CIRURXÍA DO APARELLO LAGRIMAL

EXCISIÓN DE LESIÓN OU TECIDO DE GLÁNDULA LAGRIMAL

LAVADO E DRENAXE DE VÍAS LAGRIMAIS

DESOBSTRUCIÓN DE VÍAS LAGRIMAIS

INCISIÓN E DRENAXE DE SACO E CONDUTOS LAGRIMAIS

DACRIOCISTECTOMÍA EXTERNA

CORRECCIÓN DE PUNTO EVERTIDO

DACRIOCISTORRINOSTOMÍA (DCR)

DACRIOCISTORRINOSTOMÍA ENDONASAL E ENDOCANALICULAR

OBLITERACIÓN PERMANENTE DO PUNTO LAGRIMAL

CIRURXÍA DA CONXUNTIVA

EXTRACCIÓN DE CORPO ESTRAÑO INCRUSTADO MEDIANTE INCISIÓN

OUTRA INCISIÓN DE CONXUNTIVA

BIOPSIA DE CONXUNTIVA

EXCISIÓN OU DESTRUCIÓN DE LESIÓN OU TECIDO DE CONXUNTIVA

CONXUNTIVOPLASTIA

REPARACIÓN DE LACERACIÓN CONXUNTIVAL

EXCISIÓN DE PTERIGION CON ENXERTO CONXUNTIVAL

TRANSPOSICIÓN DE PTERIGION

CIRURXÍA DA CÓRNEA

INCISIÓN DE CÓRNEA (EXTRACCIÓN DE CORPO ESTRAÑO)

RASPADO DA CÓRNEA PARA FROTIS OU CULTIVO

EXTIRPACIÓN MECÁNICA DE EPITELIO CORNEAL

BIOPSIA DE CÓRNEA

EXCISIÓN OU DESTRUCIÓN DE TECIDO OU OUTRA LESIÓN DA CÓRNEA

SUTURA LACERACIÓN CORNEAL

TRANSPLANTE DE CÓRNEA (QUERATOPLASTIA PENETRANTE CON HOMOINXERTO)

CIRURXÍA DO SEGMENTO ANTERIOR E DO GLAUCOMA

EXTRACCIÓN DE CORPO ESTRAÑO DO SEGMENTO ANTERIOR DO OLLO

LISE GONIOSINEQUIA, SINEQUIAS ANTERIORES E POSTERIORES

TRABECULOPLASTIA CON LÁSER

TRABECULECTOMÍA

CICLODIÁLISE

CICLOABLACIÓN CON LÁSER DIODO

INSERCIÓN DE DISPOSITIVOS DE DRENAXE DE HUMOR ACUOSO (IMPLANTE VALVULAR E TÉCNICAS DE MICROIMPLANTES -MIGS)

NEEDLING

IRIDOTOMÍA CON LÁSER YAG

CIRURXÍA DO CRISTALINO

EXTRACCIÓN DE CORPO ESTRAÑO DE CRISTALINO

EXTRACCIÓN INTRACAPSULAR DE CRISTALINO

EXTRACCIÓN EXTRACAPSULAR DE CRISTALINO

FACOEMULSIFICACIÓN E ASPIRACIÓN DE CATARATA

INSERCIÓN DE CRISTALINO PROTÉSICO (PSEUDOCRISTALINO)

INSERCIÓN DE PRÓTESE DE CRISTALINO INTRAOCULAR NO MOMENTO DE EXTRACCIÓN DA CATARATA NUNHA SOA ETAPA

INSERCIÓN SECUNDARIA DE PRÓTESE DE CRISTALINO INTRAOCULAR. IMPLANTE DE LENTE INTRAOCULAR DE CÁMARA ANTERIOR

INSERCIÓN SECUNDARIA DE PRÓTESE DE CRISTALINO INTRAOCULAR. LENTE SUTURADA A SULCUS

INSERCIÓN SECUNDARIA DE PRÓTESE DE CRISTALINO INTRAOCULAR. LENTE INTRAOCULAR DE FIXACIÓN IRIDIANA

EXTRACCIÓN DE CRISTALINO IMPLANTADO (PSEUDOCRISTALINO)

CAPSULOTOMÍA CON LÁSER Nd-YAG

CIRURXÍA DE RETINA, COROIDES, CORPO VÍTREO E CÁMARA POSTERIOR

VITRECTOMÍA

EXTRACCIÓN DE CORPO ESTRAÑO DE SEGMENTO POSTERIOR

EXTRACCIÓN DE MATERIAL IMPLANTADO DO SEGMENTO POSTERIOR

REPARACIÓN DE RACHA RETINIANA POR CRIOTERAPIA

REPARACIÓN DE RACHA RETINIANA POR FOTOCOAGULACIÓN CON LÁSER

REPARACIÓN DO DESPRENDEMENTO DE RETINA

                INDENTACIÓN ESCLERAL CON IMPLANTACIÓN

                VITRECTOMÍA

                EXTRACCIÓN MEMBRANAS PROLIFERATIVAS

                TAMPONADO GASOSO

FOTOCOAGULACIÓN RETINIANA EXTERNA

ENDOFOTOCOAGULACIÓN

EXTRACCIÓN MEMBRANA EPIMACULAR E MEMBRANA LIMITANTE

INXECCIÓN DE SUBSTITUTO VÍTREO

INXECCIÓN INTRAVÍTREA DE FÁRMACOS

CIRURXÍA DOS MÚSCULOS EXTRAOCULARES

BIOPSIA DE MÚSCULO OU TENDÓN EXTRAOCULAR

RECESIÓN DE MÚSCULO EXTRAOCULAR EXCEPTO OBLICUO

AVANCE DUN MÚSCULO EXTRAOCULAR EXCEPTO OBLICUO

RESECCIÓN DUN MÚSCULO EXTRAOCULAR EXCEPTO OBLICUO

INXECCIÓN DE TOXINA BOTULÍNICA

REPARACIÓN DE LESIÓN DE MÚSCULO EXTRAOCULAR

CIRURXÍA DE ÓRBITA E GLOBO OCULAR

EXTRACCIÓN DO CONTIDO DO OLLO CON IMPLANTE DENTRO DE ESCLERÓTICA

OUTRA EVISCERACIÓN DO GLOBO

ENUCLEACIÓN

EXTRACCIÓN DE IMPLANTE OCULAR

REPARACIÓN DE RUPTURA DO GLOBO (ESTALIDO OCULAR)


Táboa 2. Carteira de servizos: procedementos diagnósticos (CAPNOR)

PROCEDEMENTOS DIAGNÓSTICOS

ANXIOGRAFÍA DIXITAL CON FLUORESCEÍNA

BIOMETRÍA ULTRASÓNICA PARA O CÁLCULO DA POTENCIA DE LENTES INTRAOCULARES

BIOMICROSCOPÍA DO SEGMENTO ANTERIOR

BIOMICROSCOPÍA DO SEGMENTO POSTERIOR

CAMPIMETRÍA

DACRIOCISTOGRAFÍA

ECOGRAFÍA OFTÁLMICA

ELECTRORRETINOGRAFÍA

ESTUDO DA AGUDEZA VISUAL

FRONTOFOCOMETRÍA

GONOSCOPIA

OFTALMOSCOPIA DIRECTA E INDIRECTA

POTENCIAIS EVOCADOS VISUAIS

QUERATOMETRÍA

PAQUIMETRÍA

REFRACTOMETRÍA

RETINOGRAFÍA DIXITAL

TEST DE HIRSCHBERG

TEST DE SCHIRMER

TINGUIDURAS VITAIS

TOMOGRAFÍA DE COHERENCIA ÓPTICA (OUT E ANGIO-OUT)

TONOMETRÍA

TOPOGRAFÍA CORNEAL

VALORACIÓN DE RETINOGRAFÍA DIXITAL (TELEMEDICINA)

VISIÓN CROMÁTICA (TEST DE CORES)


ACTIVIDADE CIENTÍFICA

Proxectos de investigación e talleres internacionais
  1. Proxecto: Medicina personalizada para la optimización del tratamiento inmunomodulador en pacientes con uveítis (MedPOTIV)
    Código: PI20/00719
    Entidade financiadora: Instituto de Salud Carlos III
    Axuda concedida: 92 565 /€
  2. Proxecto: Predicción del riesgo de diabetes tipo 2 a partir de los datos obtenidos mediante monitorización continua de la glucosa. Estudio poblacional de seguimiento
    Código: PI16/01395
    Entidade financiadora: Instituto de Salud Carlos III
    Axuda concedida: 108 250 /€
  3. Proxecto: Red de investigación en actividades preventivas y promoción de la salud (redlAPP)
    Código: RD12/0005/0007
    Entidade financiadora: Instituto de Salud Carlos III
    Axuda concedida: 88 934 /€
  4. Proxecto: Red gallega de nanomedicina.
    Código: IN607C-2016/03
    Entidade financiadora: Xunta de Galicia (Axencia Galega de Innovación)
    Axuda concedica: 120 000 /€
  5. Proxecto: Prevalencia del ojo seco en el Área Sanitaria de O Salnés.
    Código: PGIDITO5SAN52PR
    Entidade financiadora: Xunta de Galicia
    Axuda concedida: 10 281 /€
  6. Taller internacional: Epidemiología del ojo seco.
    Tear Film and Ocular Surface Society-Dry Eye Workshop II (TFOS-DEWS II)
    Entidade patrocinadora: Tear Film and Ocular Surface Society (USA)
    Duración: 2015-2017
    Publicación: The Ocular Surface (2017)
Teses doutorais (2019-2020)
  1. Título: Flaps corneales en femto-LASIK miópico: estudio comparativo entre 3 plataformas de láser de femtosegundo
    Data de lectura: 11/01/2019
    Dirección: Prof. MA Teus, Dr. J González Pérez
    Doctorando: Alberto Parafita Fernández
    Cualificación: Sobresaliente cum laude
  2. Título: Estudio de la incidencia del ojo seco en el Área Sanitaria de Pontevedra y O Salnés y factores de riesgo
    Data de lectura: 29/03/2019
    Dirección: Prof. MT Rodríguez-Ares, Dr. F. Gude, Dr. E. Viso
    Doctorando: Alejandro Millán Rodríguez.
    Cualificación: Sobresaliente cum laude
  3. Título: Estudio de la incidencia del desprendimento de retina y de la variación estacional de la variante regmatógena en el Área Sanitaria de Pontevedra y O Salnés
    Dirección: Prof. MJ Blanco, Dr. E Viso
    Doctorando: Carlos Sevillano Torrado
Traballos de fin de grao (2017-2020)
  1. Título: Resultados de la ciclofotocoagulación en las distintas formas y estadios del glaucoma
    Dirección: Prof. PC Fernández-Vila, Dra. L. Valcarce
    Alumno: Benito Hermida Pérez (2017)
    Cualificación: Sobresaliente (9,5)
  2. Título: Bases psicosomáticas del síndrome del ojo seco
    Dirección: Prof. MT Rodríguez-Ares, Dr. E. Viso
    Alumno: Ramón Fernández Varela (2017)
    Cualificación: Matrícula de honor (10)
  3. Título: Impacto del ojo seco en la calidad de vida de pacientes con degeneración macular exudativa asociada a la edad, sometidos a tratamiento antiangiogénico
    Dirección: Prof. MT Rodríguez-Ares, Dr. E. Viso
    Alumna: Andrea Cacabelos Dios (2018)
    Cualificación: Sobresaliente (9,5)
  4. Título: Epidemiología de la disfunción de las glándulas de Meibomio: revisión sistématica
    Dirección: Prof. MT Rodríguez-Ares, Dr. E. Viso
    Alumna: Claudia Arosa Sineiro
    Cualificación: Sobresaliente (9,5)
  5. Título: Uso de dispositivos electrónicos y ojo seco
    Dirección: Prof. MT Rodríguez-Ares, Dr. E. Viso
    Alumna: Patricia Couto Álvarez (2020)
  6. Título: Factores de riesgo del queratocono
    Dirección: Prof. MT Rodríguez-Ares, Dr. E. Dios, Dr. E. Viso
    Alumno: Enrique Magut Romero (2020)
Participación en congresos e reunións científicas
  • Reunión Galega de Cirurxía da Catarata
  • Reunión do Grupo Galego de Superficie Ocular e Córnea
  • Congreso da Sociedade Galega de Oftalmoloxía
  • Congreso da Sociedad Española de Oftalmología
  • Congreso da Sociedad Española de Cirugía Implantorrefractiva
  • Reunión Nacional do SEIETSS
  • Reunión de la Sociedad Española de Uveítis e Inflamación Ocular/Grupo Español Multicentrico de Uveítis (SEDU/GEMU)
  • Congress of the European Society of Cataract and Refractive Surgeons
  • Association for Research in Vison and Ophthalmology (ARVO)
Publicacións (2020-2011)

Sevillano C, Viso E, Moreira S, Blanco MJ, Parafita A, Sampil M, Gude F. Incidence and epidemiological characteristics of rhegmatogenous retinal detachment in northwestern Spain. Eye 2020; DOI: 10.1038/s41433-020-01200-7.

Sevillano C, Viso E, Moreira S, Blanco MJ, Gude F. Rhegmatogenous retinal detachment and solar radiation in northwestern Spain. Ophthalmologica 2020; 243:51-7.

Parafita-Fernández A, García-González M, Gros-Otero J, Álvarez-Rementería Capelo L, Blázquez Sánchez V, Teus, M. Evolution of visual acuity, flap thickness, and optical density after laser in situ keratomileusis performed with a femtosecond laser. Journal of Refractive Surgery 2020; 46:260-6.

Parafita-Fernández A, Gros-Otero J, Villar-Collar C, García-González M, Teus, M. Effect of flap homogeneity on higher-order aberrations induction after femtosecond LASIK for myopia. Journal of Refractive Surgery 2020; 46:1278-83.

Alió del Barrio JL, Parafita-Fernández A, Canto-Cerdan M, Alio JL, Teus M. Evolution of corneal thickness and optical density after laser in situ keratomileusis versus small incision lenticule extraction for myopia correction. British Journal of Ophthalmology 2020 Sep 26. DOI: 10.1136/bjophthalmol-2020-316601.

Arguello Casteleiro M , Des Diz J , Maroto N, Fernández Prieto MJ, Simon Peters S, Wroe C , Sevillano Torrado C, Maseda Fernández D, Stevens R. Semantic deep learning: prior knowledge and a type of four-term embedding analogy to acquire treatments for well-known diseases. JMIR Medical Informatics 2020 Aug 6; 8:e16948.

Gros-Otero J, Ketabi S, Cañones-Zafra R, García-González M, Parafita-Fernández A, Villa-Collar C, Teus M. Analysis of corneal stromal roughness after iFS 150 kHz and LenSx femtosecond LASIK flap creation in porcine eyes. Graefe's Archive for Clinical and Experimental Ophthalmology 2019; 257: 2665-70.

Arguello-Casteleiro M, Stevens R, Des-Diz J, Wroe C, Fernández-Prieto MJ, Maroto N, Maseda-Fernández D, Demetriou G, Peters S, Noble PM, Jones PH, Dukes-McEwan J, Radford AD, Keane J, Nenadic G. Exploring semantic deep learning for building reliable and reusable one health knowledge from PubMed systematic reviews and veterinary clinical notes. Journal of biomedical semantics 2019 Nov 12;10(Suppl 1):22.

Canneti B, Cabo-López I, Puy-Núñez A, García-García JC, Cores FJ, Trigo M, Suárez-Gil AP, Rodríguez-Regal A. Neurological presentations of Bartonella henselae infection. Neurological Science 2019; 40: 261-8.

Moraña N, Sevillano C, Martínez S, Carral ML. Arteritis de células gigantes y uso de calculadora de predictibilidad. Archivos de la Sociedad Española de Oftalmología 2019; 94: 426-9.

Atienza-Mateo B, Martín-Varillas JL, Calvo-Río V, Fernández-Cid C et al. Comparative study of infliximab versus adalimumab in refractory uveitis due to Behcet's disease. National multicenter study of 177 Cases. Arthritis and Rheumatology 2019, 71: 2081-9.

García-González M, Bouza-Miguens C, Parafita-Fernández A, Gros-Otero J, Canones-Zafra R, Villa-Collar C, Teus MA. Comparison of visual outcomes and flap morphology using 2 femtosecond-laser platforms. Journal of Cataract and Refractive Surgery 2018; 44: 78-84.

Anibarro L, Cortés E, Chouza A, Parafita-Fernández A, García JC, Pena A, Fernández-Cid C, González-Fernández A. Early treatment of tuberculous uveitis improves visual outcome: a 10-year cohort study. Infection 2018; 46: 549-54.

Moreno-Montañés J, Antón-López A, Duch-Tuesta S, Corsino Fernández-Vila P, García-Feijoo J, Milla-Grino E, Muñoz-Negrete FJ, Pablo-Júlvez L, Rodríguez-Agirretxe I, Urcelay-Segura JL, Ussa-Herrera F, Villegas-Pérez MP. Guía de estilos de vida y glaucoma (i). Deporte y actividades. Archivos de la Sociedad Española de Oftalmología 2018; 93: 69-75.

Millán A, Viso E, Gude F, Parafita-Fernández A, Moraña N, Rodríguez-Ares MT. Incidence and risk factors of dry eye in a Spanish adult population: 11-year follow-up from the Salnés Eye Study. Cornea 2018; 37:1527-34.

Palmou-Fontana N, Calvo-Río V, Martín-Varillas JL, Fernández-Cid C, Mesquida M, Adán A, Hernández MV, Cordero-Coma M, Maíz Alonso O, Díaz-Valle D, Fernández-Cid C, Ruiz-Moreno O, Hernández JL, González-Gay MA, Blanco R. Golimumab in refractory uveitis associated to juvenile idiopathic arthritis: multicenter study of 7 cases and literature review. Clinical and Experimental Rheumatology 2018; 36: 652-7.

Viso E. Retinal nerve fibre myelination. Postgraduate Medical Journal. 2017; 93:234.

Stapleton F, Alves M, Bunya VY, Jalbert I, Lekhanont K, Malet F, Na KS, Schaumberg D, Uchino M, Vehof J, Viso E, Vitale S, Jones L. TFOS DEWS epidemiology report. Ocular Surface. 2017; 15: 334-65.

Arguello Casteleiro M, Maseda-Fernández D, Demetriou G, Read W, Fernández-Prieto MJ, Des Diz J, Nenadic G, Keane J, Stevens R. A Case study on sepsis using PubMed and deep learning for ontology learning. Studies in Health Technology and Informatics 2017; 235:516-20.

Sevillano C, Parafita-Fernández A, Rodríguez-López V, Sampil M, Moraña N, Viso E, Cores FJ. Curiosidad: reflejo de estornudo fótico. Síndrome helio-oftálmico de estornudos compulsivos autosómico dominante. Archivos Sociedad Española de Oftalmología 2016; 91: 305-9.

Puga M, Carpio D, Sampil M, Zamora MJ, Fernández-Salgado E. Ocular toxoplasmosis reactivation in a patient with inflammatory bowel disease under treatment with azathioprine. Journal of Clinical Gastroenterology 2016; 50: 610.

Sevillano C, Moraña MN, Estévez S. Implicación visual en perforaciones intestinales por cuerpo extraño. Archivos Sociedad Española de Oftalmología 2016; 91:20-2.

Parafita-Fernández A, Sampil-González M, Cores-Bartolomé C, Cores-González FJ, Viso E. Foster Kennedy Syndrome: an atypical presentation. Optometry and Vision Science 2015; 92: 425-30.

Parafita-Fernández A, Escalona-Fermín MM, Sampil M, Moraña N, Viso E, Fernández-Vila PC. Acquired night blindness due to bad eating patterns. European Journal of Clinical Nutitionr 2015; 69: 752-4.

Parafita-Fernández A, Parafita MA. Bilateral iritis after vaccine for bladder cancer. Optometry and Vision Science 2015; 92: e368-70.

Viso E, Millán AC, Rodríguez-Ares MT. Rosacea-associated meibomian gland dysfunction: an epidemiological perspective. European Ophthalmic Review 2014; 8: 13-6.

Viso E, Rodríguez-Ares MT, Bóveda FJ, Touriño R, Gude F. Prevalence of conjunctival shrinkage and its association with dry eye disease: results from a population-based study in Spain. Cornea 2014; 33: 442-7.

Calvo-Río V, Blanco R, Beltrán E, Sánchez-Bursón J, Fernández-Cid C et al. Anti-TNF-alpha therapy in patients with refractory uveitis due to Behcet's disease: a 1-year follow-up study of 124 patients. Rheumatology 2014; 53: 2223-31.

Méndez-Cepeda P, Viso E, Sevillano C, Lugo E. Microhemangiomas iridianos: a propósito de un caso. Archivos Sociedad Española de Oftalmología 2014; 89: 74-6.

Sevillano Torrado C, Lugo Adán E, Viso Outeiriño E. Pseudofuchs farmacológico. Archivos Sociedad Española de Oftalmología 2013; 88: 283-5.

Viso E. Asymptomatic meibomian gland dysfunction more common than symptomatic. Ophthalmology Times Europe 2012; 8(9).

Millán-Rodríguez AC, Fernández-Cid C, García-Campello M, Sevillano C, Fernández-Vila PC. Uveítis intermedia por virus linfotropo humano de células T Tipo 1. Archivos Sociedad Española de Oftalmología 2012; 87: 44-6.

Díaz-Llopis M, Salom D, García-de-Vicuna C, Cordero-Coma M, Ortega G, Ortego N, Suárez-de-Figueroa M, Río-Pardo MJ, Fernández-Cid C, Fonollosa A, Blanco R, García-Aparicio AM, Benítez-del-Castillo JM, Olea JL, Arévalo JF. Treatment of refractory uveitis with adalimumab: a prospective multicenter study of 131 patients. Ophthalmology 2012; 119: 1575-81.

Viso E, Rodríguez-Ares MT, Abelenda D, Oubiña B, Gude F. Prevalence of asymptomatic and symptomatic meibomian gland dysfunction in the general population of Spain. Investigative Ophthalmology and Visual Science 2012; 53: 2601-6.

Viso E, Rodríguez-Ares MT, Gude F. Prevalence and associations of external punctal stenosis in a general population in Spain. Cornea 2012; 31: 1240-5.

Méndez-Cepeda P, Millán-Rodríguez AC, Dios E, Álvarez C, Sevillano C. Sarcoma granulocítico conjuntival en leucemia mieloblástica aguda-M1. Archivos Sociedad Española de Oftalmología 2012; 87: 79-81.

Sevillano C, Dios E, Rodríguez V, Lázaro V. Corneal deposits associated with oral isotretinoin. Journal of Clinical Case Reports 2012; 2:2. http://dx.doi.org/10.4172/jccr.1000106

Millán Rodríguez AC, Dios Castro E, Fernández Cid C. Escleritis sifilítica. Studium Ophthalmologicum Vol XXX. N.º 1-2012-Anexos.

Sevillano C, Dios E, Lázaro V. Linfoma conjuntival tratado con interferón alfa2b intralesional. Studium Ophthalmologicum Vol XXX. N.º 1-2012-Anexos.

Sevillano C, Gómez A, Viso E, Lugo E. Spiradenocarcinoma of the eyelid: a case report. Orbit 2011; 30: 189-91.

Viso E, Rodríguez-Ares MT, Gude F. Prevalence of pinguecula and pterygium in a general population in Spain. Eye 2011; 25: 350-7.

Viso E, Gude F, Rodríguez-Ares MT. The association of meibomian gland dysfunction and other common ocular diseases with dry eye: a population-based study in Spain. Cornea 2011; 30: 1-6.

Pompei O, Blanco R, Díaz-llopis M, Salom D, García-Vicuna C, Cordero-Coma M, Ortega-Larrocea G, Ortego-Centeno N, Suárez de Figueroa M, Fernández-Cid JC, Fomnollosa A, García-Aparicio AM, Benítez del Castillo JM, Olea JL, Arévalo JF. Adalimumab in 107 refractory uveitis: A multicenter study. Arthritis and Rheumatism 2011; 63: S408.


LIGAZÓNS RELACIONADAS

Sociedad Gallega de Oftalmología

Sociedad Española de Oftalmología

Sociedad de Baja Visión y Prevención de la Ceguera

Asociación Galega para a Prevención do Glaucoma

Organización Nacional de Ciegos Españoles (ONCE)​​​

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.