Servizo de Admisión do Hospital Público do Salnés

PRESENTACIÓN DO SERVIZO

O Servizo de Admisión do Hospital Público do Salnés é un sevizo central cuxa misión é o apoio, rexistro e facilitación de todas as xestións que melloren a atención adecuada dos pacientes.

Engloba a admisión de urxencias, a lista de espera, as consultas externas e probas, a farmacia, o laboratorio, a hospitalización no propio centro e/ou a derivación a outros centros sanitarios, a xestión de probas/consultas a outros centros, a xestión do transporte sanitario, a resolución de reclamacións escritas e presenciais, o rexistro correcto da actividade do centro, a xestión da documentación clínica e a secretaría de hospitalización, de farmacia e de laboratorio.


EQUIPO HUMANO

Responsable do servizo

Dra. Belén Sánchez Rodríguez

(Coordinadora médica)


Persoal administrativo

Xefe de equipo: 1

Auxiliar administrativo de atención ao paciente: 1

Auxiliares administrativos de admisión central: 5

Auxiliares administrativos de cita previa: 7

Auxiliares administrativos de admisión de urxencias: 7

Auxiliares administrativos da lista de espera-CMA: 2

Secretaria de planta: 1

Secretaria de laboratorio: 1

Secretario de farmacia: 1


LOCALIZACIÓN E CONTACTO

Enderezo: Rúa Hospital do Salnés, n.º 30
     36619 Vilagarcía de Arousa
     Pontevedra.

Atópase na planta 0 do Hospital do Salnés, en varias unidades:

  • Teléfono: 986 568 000
  • Admisión central: extensión 248 042
  • Cita previa: extensión 248 122
  • Lista de espera: extensión 248 045
  • Atención ao paciente: extensión 248 064
  • Admisión de urxencias: extensións 248 020 e 248 163
  • Laboratorio: extensión 248 047
  • Farmacia: extensión 248 039
  • Secretaría de planta: extensión 248 142

CARTEIRA DE SERVIZOS

  • Xestión de hospitalización, traslados a outros centros, xestión de probas no noso centro ou noutro centro.
  • Xestión de lista de espera cirúrxica, salas especiais, preoperatorios, xestión de PCR precirúrxicas.
  • Xestión de consultas externas no noso centro ou noutros centros. Implantación de QUERES.
  • Xestión de vías rápidas de mama, colon, melanoma, vexiga, próstata.
  • Xestión de vía rápida de pulmón (derivación a CHUP).
  • Xestión de documentación clínica solicitada por pacientes ou por outros organismos (xulgado...).
  • Xestión de consentimentos informados.
  • Xestión de reclamacións tanto escritas, como persoais.
  • Xestión de administrativos de planta, laboratorio, farmacia.
  • Xestión de radioloxía, solicitude de probas.
  • Xestión dos cribados do persoal para petición de PCR.

ACTIVIDADE CIENTÍFICA

Formación aos traballadores que se incorporan ao servizo. Información básica sobre protección ante a pandemia.

Formación continuada de todo o persoal.​​​​​​

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.