PRESENTACIÓN DO SERVIZO
O noso obxectivo principal é velar pola saúde integral dos nenos e parécenos importante establecer vías de comunicación que, como esta páxina web, permitan que os nosos pacientes e os seus coidadores nos coñezan e se lles facile participar cos seus comentarios e achegas no noso afán de mellora continua.
Esta web, ademais de ser unha fonte de información para a poboación en xeral, pretende tamén potenciar o contacto cos diferentes profesionais que traballamos no ámbito da pediatría hospitalaria e/ou ambulatoria.
EQUIPO HUMANO
Xefe de Servizo:
Couceiro Gianzo, José Antonio
Neonatoloxía
- Martínez Fernández, María Ángeles
- Crespo Suárez, Pilar Adelaida
- Martínez Lorenzo, Raquel
- Espiño Lorenzo, Pilar
Plantas de hospitalización
- Pavón Freire, Aurora de Fátima
- Bao do Corral, Alfonso Luis
- Martín Morales, Manuel
- González Alonso, Natalia
- Busto Cuiña, María de las Mercedes
- Alonso García, Laura
Hospital de día pediátrico
- Muñiz Lorenzo, María Isabel
- García Barreiro, María del Carmen
Consultas externas
- Cardioloxía Pediátrica
- Neonatoloxía
- Martínez Fernández, María Ángeles
- Crespo Suárez, Pilar
- Martínez Lorenzo, Raquel
- Neuroloxía Pediátrica
LOCALIZACIÓN E CONTACTO
O Servizo de Pediatría está situado no edificio do Hospital Provincial de Pontevedra. Desenvolve o seu labor en estreita colaboración con practicamente todas as especialidades médicas do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e especialmente cos servizos de Obstetricia e Xinecoloxía e Urxencias. Contribúe, ademais, á atención pediátrica da poboación de referencia do Hospital Público do Salnés e o seu servizo correspondente.
Pode contactar co servizo a través da enderezo electrónico pediatriapontevedra@gmail.com
CARTEIRA DE SERVIZOS
A nosa carteira de servizos céntrase en diferentes áreas asistenciais: Salas de Partos, Maternidade/Perinatoloxía, Unidade de Neonatoloxía e Coidados Intensivos Neonatais, plantas de hospitalización, Hospital de día pediátrico e consultas externas.
Nas consultas externas desenvólvese a atención de 10 áreas específicas ou subespecialidades pediátricas: Alergoloxía, Cardioloxía, Endocrinoloxía e Diabetes, Gastroenteroloxía e Nutrición, Xeral/Crónico Complexos, Infectoloxía e Inmunodeficiencias, Nefroloxía, Neonatoloxía, Neuroloxía e Reumatoloxía.
ACTIVIDADE CIENTÍFICA
Ademais dunha descrición da actividade asistencial, achéganse links á actividade científica e docente que leva a cabo, tanto no período de pre e posgrao como na formación de médicos internos residentes da especialidade de Pediatría e as súas áreas específicas (MIR) en formación.
Os médicos que planean vir formarse connosco na especialidade de Pediatría e as súas áreas específicas teñen á súa disposición a Guía do residente, que lles permitirá coñecer o que ofrecemos.