Servizo de Rehabilitación e Medicina Física do CHUP

PRESENTACIÓN DO SERVIZO

O Servizo de Rehabilitación e Medicina Física é un servizo especializado, constituído por un equipo multidisciplinar de profesionais, coordinado por médicos especialistas en rehabilitación, cuxa finalidade é mellorar o funcionamento a través do diagnóstico e o tratamento daquelas patoloxías que condicionan a limitación funcional, reducindo o déficit e actuando na prevención e o tratamento da discapacidade, para lograr que as persoas afectas alcancen a máxima independencia e a reintegración no seu medio familiar, social e laboral.

A principal actividade do servizo desenvólvese ao redor de oito unidades altamente especializadas:

  • Unidade de Patoloxía Musculoesquelética,
  • Unidade de Rehabilitación Intervencionista,
  • Unidade de Desviacións da Raque,
  • Unidade de Atención Temperá e Rehabilitación Infantil,
  • Unidade de Rehabilitación Neurolóxica,
  • Unidade de Linfedema,
  • Unidade de Prótese e Ortese,
  • Unidade de Hospitalización.

EQUIPO HUMANO

  • Xefa de Servizo: Dra. M.ª Teresa Jorge Mora
  • Xefa de Sección: Dra. Teresa Santamaría Solís
  • Facultativos: 9
  • Médicos internos residentes: 4
  • Supervisora da Área de Fisioterapia: Sara Rey Veiga
  • Coordinador da Área de Fisioterapia: Alfonso Frieiro Nóvoa
  • Fisioterapeutas: 26
  • Terapeutas ocupacionais: 3
  • Logopedas: 3
  • Técnicos en coidados auxiliares de enfermería: 8
  • Celadores: 3
  • Auxiliares administrativos: 2

LOCALIZACIÓN E CONTACTO

  • Hospital Montecelo: planta -1. Teléfono da segretaría: 986 800 027
  • Hospital Provincial: planta -1. Teléfono da secretaría: 986 807 041
  • Hospital Público do Salnés: planta 0. Teléfono da centraliña: 986 568 000

CARTEIRA DE SERVIZOS

  • Rehabilitación do sistema musculoesquelético:
    • Atención a procesos dolorosos do aparello locomotor, procesos traumatolóxicos, ortopédicos e poscirúrxicos do aparello locomotor e procesos reumatolóxicos.
    • Participación na unidade multidisciplinar de alxias musculoesqueléticas.
  • Rehabilitación das desalineacións da raque e da dor de costas en pacientes pediátricos.
  • Rehabilitación neurolóxica no adulto:
    • Atención ao dano cerebral adquirido, patoloxías neurodexenerativas, procesos poscirúrxicos do SNC, patoloxías inflamatorias que afectan o sistema nervioso, encefalopatías e enfermidades infecciosas do SNC, lesión medular en fase subaguda e crónica, patoloxías conxénitas do sistema nervioso, mono e polineuropatías, miopatías, atención a pacientes con secuelas de polio e síndrome pospolio.
    • Tratamento integral da espasticidade.
    • Unidade de hospitalización para a rehabilitación de pacientes con secuelas neurolóxicas severas.
    • Protocolo asistencial integrado da ELA.
  • Rehabilitación infantil e atención temperá.
  • Rehabilitación respiratoria.
    • Inclúe o protocolo de rehabilitación pre e poscirúrxica en cirurxía bariátrica.
  • Rehabilitación do paciente amputado:
    • Manexo da fase preprotésica e do tratamento do toco.
    • Prescrición, adaptación, recoñecemento, rehabilitación e adestramento funcional.
  • Rehabilitación vascular e do linfedema:
    • Valoración e tratamento de linfedemas primarios e secundarios.
    • Programa de prevención e detección precoz do linfedema secundario a cirurxía oncolóxica de mama. Escola de linfedema.
  • Rehabilitación dos trastornos da linguaxe e da comunicación.
  • Rehabilitación da disfaxia orofarínxea.
  • Rehabilitación do paciente con inmobilidade prolongada e sarcopenia.

ACTIVIDADE CIENTÍFICA

Publicacións científicas máis recentes:
  • Estudio retrospectivo sobre un programa de escuela de espalda en lumbalgia crónica. Comunicación 58.º Congreso de la Sociedad Española de Rehabilitación y Medicina Física 2020.
  • Escoliosis idiopática. Parámetros de corrección inicial en las primeras cuatro semanas de tratamiento mediante corsé de Rigó-Cheau. XXXVII Xornadas da Sociedade Galega de Rehabilitación. 2019.
  • The sonographic relationship between cross-sectional áreas of the median nerve and carpal tunnel as diagnostic tool for carpal tunnel sindrome. A literature review. World Congress of the Intenational Society of Physical and Rehabilitation Medicine. 2018.
  • Abordaje Médico del Dolor en Rehabilitación. Capítulo 9: "Síndromes dolorosos generales". ISBN: 978-84-697-6908-9.
  • Proposal for a new trajectory for subaxial cervical lateral mass. European Spine Journal. 2018. Jun 20. PMID: 29926212.
  • Disfunción vesical e intestinal en la lesión medular. Capítulo 2: "Anatomía funcional del aparato urinario inferior e intestino grueso". 2019. ISBN: 978-84-15351-19-1.
  • Tecnicas básicas de rehabilitación intervencionista ecoguiadas. SOGARMEF. Capítulo 5: "Técnicas básicas en codo". Capítulo 6: "Técnicas básicas en muñeca y mano". Capítulo 7: "Técnicas básicas en cadera". ISBN: 978-84-16813-90-2. Año 2018.
  • Tratamientos con ondas de choque en úlceras refractarias del muñón de amputación. Comunicación oral. Xornadas da SOGARMEF. Pontevedra, outubro 2018.
  • Estudio retrospectivo de pacientes con lumbalgia tratados en escuela de espalda. Comunicación oral. Xornadas da SOGARMEF. Pontevedra, outubro 2018. Premio Científico á Mellor Comunicación.
  • Os lacrimale, variations in terminology. Heliyon 2018.
  • Arrancamiento de cresta ilíaca en un deportista. A propósito de un caso. Comunicación científica. XII Congreso Bienal de la Sociedad Española de Traumatología del Deporte, Pontevedra. 18 de maio de 2017.
  • Osteocondroma escapular: causa infrecuente de escápula alada. Póster científico. Jornada científica de la Sogarmef 2017. Premio científico.
  • EMF radiation at 2450 MHz triggers changes in the morphology and expression of heat shock proteins and glucocorticoid receptor in rat thymus. Life Science 2015 Apr 15;127:1-11. PMID: 25731700.
Proxectos de investigación en marcha:
  • Estudio CARPOGA: Estudio de parámetros morfométricos en el síndrome del túnel del carpo mediante ecografía y su implicación como valor diagnóstico-pronóstico en la toma de decisiones terapéuticas.
  • Participación en proyectos de investigación del Grupo de Patología Musculoesquelética (PME) del Instituto IDIS.
​​​​

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.