Servizo de Radioloxía do CHUP

PRESENTACIÓN DO SERVIZO


 


Actualmente a Radioloxía Médica é unha especialidade altamente ligada aos sistemas de información, á informática e ás TIC, que nos permiten xestionar todo o proceso radiolóxico do paciente, desde o diagnóstico, emisión do informe, arquivo de imaxes, control de actividade, xestión informática de citas e integración con outros sistemas de información hospitalarios.

Todo isto leva consigo unha modificación no papel do radiólogo, actualmente con maior peso no proceso asistencial do paciente, no diagnóstico, seguimento e determinación evolutiva da resposta terapéutica.


 


Cunha poboación de 308 609 habitantes na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, o Servizo de Radioloxía de Pontevedra divídese na súa localización en Hospital Montecelo e Hospital Provincial, que se percibe como servizo único desde o ano 2004. Integra a asistencia do Salnés e é referencia en determinadas exploracións específicas.

A radioloxía de atención primaria conta con centro de radioloxía no Ambulatorio Virxe Peregrina, no Centro de Saúde de Marín e no Centro de Saúde de Baltar.

No Hospital Público do Salnés inclúese igualmente a área de radioloxía de atención primaria para os centros de saúde de referencia.


 



PROFESIONAIS DO SERVIZO

Responsable do servizo

Dra. M.ª Dolores Durán Vila

Xefa de Servizo

Xefa de Sección

Hospital Público do Salnés

Dra. M.ª Luisa Martínez Campos

Persoal facultativo

Facultativos especialistas de área: 29

Médicos internos residentes:

Persoal de enfermería:

Supervisoras:

· Adela Sánchez Núñez

Supervisora do Servizo de Radioloxía do Hospital Montecelo

· Francisco Rey Fraile

Supervisor do Servizo de Radioloxía do Hospital Provincial

· Rosa Arcos Esperón

Supervisora do Servizo de Radioloxía de atención primaria

Enfermeiras: 11

Técnicos especialistas de radiodiagnóstico: 48

Técnicos en coidados auxiliares de enfermería: 2


LOCALIZACIÓN E CONTACTO

Están localizados no Hospital Montecelo, Hospital Provincial e Hospital Público do Salnés.

Teléfonos:

  • Secretaría do Hospital Montecelo: 986 800 028 / 986 800 586 / 986 800 491
  • Secretaría do Hospital Provincial: 986 808 227
  • Secretaría do Hospital Público do Salnés: 986 800 000 extensión 248 185

A radioloxía de atención primaria na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés sitúase maioritariamente no Ambulatorio Virxe Peregrina.

Secretaría do Servizo de Radioloxía do Ambulatorio Virxe Peregrina: 986 800 000, extensión 283 004.


CARTEIRA DE SERVIZOS

A nosa carteira de servizos inclúe actividade asistencial, docente e investigadora.
Dentro da actividade asistencial, todos os procedementos diagnósticos e terapéuticos engloban o catálogo de procedementos elaborado pola SERAM.

Actualmente, na nosa carteira de servizos non se dispón de neurorradioloxía intervencionista.


 


A nosa participación en comités multidisciplinares cambia a visión do proceso radiolóxico e é fundamental a elaboración consensuada de protocolos e guías clínicas.


 


Dentro da nosa carteira de servizo asistencial, cabe mencionar procesos integrados que fan referencia aos procesos intervencionistas diagnósticos e terapéuticos.


 


O proceso asistencial de Vía rápida de mama e cancro de mama, dentro da Unidade de Mama, actualmente, é unha das Unidades que participan no cribado do cancro de mama.


 



ACTIVIDADE CIENTÍFICA

Relatorios
  • Red Multicéntrica de Excelencia en la Patología Inflamatoria Intestinal
     Taller teórico-práctico: RM en la enfermedad perianal
     Dra. Romero Areste, Gisele. Maio e novembro 2019
  • Simposio. Actualización en el manejo onco-quirúrgico de la enfermedad metastásica hepática y el hepatocarcinoma
     Diagnóstico por imagen de las lesiones metastásicas hepáticas
     Dra. Romero Areste, Gisele
     Maio 2019
  • Congreso conxunto SOGACOT-GERPES
     Tumores óseos de células gigantes. Cristina García Durán. Setembro 2019
  • XIV Xornada da Sociedade Galega de Radioloxía
     Ecografía Doppler: tipos de ondas e o seu significado
     Iria Couto Rodríguez
  • XIII Congreso Galego de Radioloxía. Definición
     Protocolos e sistemático de estudo do paciente politraumatizado. Miguel Sineiro Galiñanes

Comunicacións en congresos
  • Carcinoma de células de Merkel metastásico con regresión espontánea y recurrencia posterior durante tratamiento con vismodegib.
     C. Couselo-Rodríguez, C. Feal-Cortizas, C. Álvarez-Álvarez, C. Gómez-Varela, Á. Iglesias-Puzas, Q. Rodríguez-Jato, M. Oro-Ayude, Á. Flórez.
     47 CONGRESO NACIONAL DE DERMATOLOGÍA Y VENEREOLOGÍA DE LA AEDV (Barcelona, xuño 2019).
  • MRI perfusion techniques in brain tumors: a primer for the radiologist.
     Gómez Varela C., Couto Rodríguez I., Durán Vila M.D. 105th Scientific Assembly and Annual Meeting of the Radiological Society of North America (Chicago, USA. December 2019).
Publicacións en revistas
  • Penile Doppler Ultrasound for Erectile Dysfunction: Technique and Interpretation. AJR Am J Roentgenol. Gómez Varela C et al. 2020 Jan 28:1-10. DOI: 10.2214/AJR.19.22141. PMID: 31990215.

ACTIVIDADE INVESTIGADORA

Proxectos de investigación actual con participación por parte do Servizo de Radioloxía:

  • Título: Estudo fase II con aleatorización 2:1 para comparar a eficacia e seguridade do tratamento con quimioterapia estándar máis quizartinib fronte a quimioterapia estándar máis placebo en pacientes adultos con LMA de novo diagnóstico co xene FLT3 non mutado.
  • Estudo de extensión de upadacitinib fase IIIb aberto para o tratamento de pacientes adultos con dermatitis atópica de moderada a grave que completasen o tratamento no estudo M16-046”, co código de protocolo M19-850 e EudraCT 2019-001227-12. M-14745-42.
  • Estudo clínico de fase IV internacional, multicéntrico, aberto e intervencionista para investigar a eficacia e a seguridade de tildrakizumab 100 mg en pacientes con psoriase en placas crónica moderada ou grave e o seu impacto na calidade de vida.
  • Título: Estudo de fase IIb/III, dobre cego, multicéntrico, aleatorizado, de dobre simulación, controlado con placebo e fármaco activo, con grupos paralelos e ininterrompido de 52 semanas de duración para avaliar a eficacia e a seguridade de brazikumab en participantes con enfermidade de Crohn activa de moderada a grave. Código: DARVADSTROCEL-3003.
  • Título: Seguimento dun estudo en fase III para avaliar a eficacia e a seguridade a longo prazo de darvadstrocel no tratamento de fístulas perianais complexas, en pacientes con enfermidade de Crohn que participaron no estudo ADMIRE II. Título do protocolo: Estudo de fase 3, aleatorizado, en dobre cego, controlado con placebo e multicéntrico, para avaliar a eficacia e a seguridade de bimekizumab en suxeitos con hidrosadenite supurativa moderada ou severa.
​​​

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.