PRESENTACIÓN DO SERVIZO
A cirurxía ortopédica é a especialidade cirúrxica que se ocupa das afeccións, deformidades e lesións do aparello locomotor, o cal comprende principalmente os ósos, articulacións, tendóns e músculos.
MISIÓN
Proporcionarlle atención especializada en cirurxía ortopédica á Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés coa máxima eficacia, eficiencia, rendibilidade e calidade posibles; participar e contribuír cos obxectivos institucionais e de xestión do hospital, así como coas políticas de empresa que este estime oportunas.
Integrarse, asesorar e capacitar os dispositivos de atención primaria do Departamento de Saúde; adoptar un adecuado plan de formación docente, continuo e continuado; potenciar a actividade investigadora nas materias que lle competen.
VISIÓN
Conseguir que o servizo sexa recoñecido como un provedor de servizos de saúde integral, cunha carteira de servizos adecuada ás necesidades da súa poboación de referencia, mediante formas eficientes e innovadoras de provisión de coidados.
O paciente é a razón principal do servizo e todos os esforzos e atencións da organización deben virar ao redor del.
Conseguir un alto nivel de motivación e satisfacción na súa contorna laboral.
Conseguir un alto nivel de recoñecemento profesional e satisfacción dos pacientes.
VALORES
É un servizo público que garante as prestacións e servizos asistenciais con carácter gratuíto e universal, equitativo, que lle proporciona ao cidadán un trato xusto en función só das súas necesidades médicas, respectuoso coa persoa e a súa liberdade, comprometido coa calidade profesional.
PROFESIONAIS DO SERVIZO
Responsable do servizo
|
Dr. Manuel Muiña Domínguez
Xefe de Servizo
|
Xefes de sección
|
Dr. José Ignacio Serantes González
Dr. Pedro Pablo Subirán Martínez
|
Persoal facultativo
|
Facultativos especialistas de área: 18
Médicos internos residentes: 5
|
Persoal de enfermería
|
Supervisora: Beatriz González Cupeiro
|
Enfermeiras: 21
|
Técnicos en coidados auxiliares de enfermería: 7
|
LOCALIZACIÓN E CONTACTO
Localízase na 3.ª planta do Hospital Montecelo, onde ocupa as dúas ás de hospitalización, cun total de 57 camas, das cales 7 son individuais e o resto dobres.
As 5 consultas, a sala de curas e a de xesos sitúanse na planta 0 do dito hospital.
CONTACTO
Secretarías: 3.ª planta. Teléfono: 986 800 109 - 986 800 112 - 986 800 938
CARTEIRA DE SERVIZOS
Asistencia xeral integral en traumatoloxía e cirurxía ortopédica, con división de unidades funcionais por situación anatómica e/ou complexidade técnica.
Modalidades de asistencia:
- Hospitalización especializada, hospitalización a domicilio, atención ambulatoria centralizada en hospital e en centros de especialidades:
- Cirurxía maior convencional con ingreso
- Cirurxía maior sen ingreso (CMA)
- Cirurxía con extensión local, atención especializada continuada de urxencias ininterrompida
- Unidade de Traumatoloxía: tratamento inicial e diferido do politraumatizado
- Tratamento ortopédico, non cirúrxico, de fracturas e luxacións
- Tratamento cirúrxico con osteosíntese de fracturas e as súas accións
- Tratamento cirúrxico de fracturas mediante artroplastia.
- Tratamento de complicacións das fracturas: pseudoartrose, osteomielite
UNIDADE DE CADEIRA
- Cirurxía artroscópica diagnóstica, cirurxía protésica: implantes primarios parciais e totais, rescates, revisións e recambios. Cirurxía de fracturas con osteosínteses especiais. Osteotomías e artrodeses
- Cirurxía de fémur ou acetabular
- Reparación articular: ligamentos e inestabilidades
- Cirurxía de partes brandas
- Reparación de lesións cartilaxinosas
UNIDADE DE XEONLLO
- Cirurxía artroscópica diagnóstica, reparación artroscópica: meniscos, ligamentos, enxertos osteocondrais
- Cirurxía protésica: primaria total, unicondilar, rescates, revisións e recambios protésicos, próteses especiais para grandes deformidades por causas traumatolóxicas ou tumorais. Cirurxía femoropatelar
- Cirurxía das fracturas con osteosínteses especiais
- Osteotomías, artrodeses e alongamentos óseos
- Reparación articular dos ligamentos, inestabilidades
- Cirurxía de partes brandas
- Reparación de lesións cartilaxinosas
UNIDADE DE NOCELLO E PÉ
- Artroscopia de nocello, cirurxía minimamente invasiva do hallux e do resto de dedos, cirurxía traumatolóxica con sínteses especiais
- Cirurxía protésica de nocello e dedos
- Reparación articular: ligamentos, inestabilidades
- Cirurxía de partes brandas
- Reparación de lesións cartilaxinosas
- Cirurxía de malformacións conxénitas
- Cirurxía en deformidades: pé zambo, plano, equino. Cirurxía do pé reumático. Osteotomías, artrodeses e alongamentos óseos
UNIDADE DE OMBREIRO E CÓBADO
- Cirurxía artroscópica: subacromial, reparacións de manguito, inestabilidades e lesións SLAP
- Cirurxía protésica de ombreiro, hemiartroplastias, próteses, próteses invertidas
- Primaria, rescates, revisións e recambios
- Cirurxía protésica do cóbado total, cabeza de radio
- Cirurxía de fracturas, osteosínteses especiais
- Reparación articular: ligamentos, inestabilidades
- Cirurxía de partes brandas
- Reparación de lesións cartilaxinosas. Osteotomías, artrodeses
UNIDADE DE PULSO E MAN
- Cirurxía artroscópica do pulso
- Cirurxía protésica trapeciometacarpiana e dedos
- Cirurxía traumatolóxica con osteosínteses especiais
- Cirurxía tendinosa
- Cirurxía de inestabilidades
- Osteotomías, artrodeses
- Cirurxía da man reumática
- Cirurxía de partes brandas e compresión nerviosa
UNIDADE DE COLUMNA
- Patoloxía dexenerativa de columna lumbar (discectomías e artrodeses)
- Patoloxía traumática de columna lumbar
- Biopsias, infeccións
- Rizolises
- Cifoplastias
- Espazadores interespinosos
- Bloqueos fasciculares
UNIDADE DE INFECCIÓNS PROTÉSICAS (IPAS)
- Fomado por un traumatólogo espacializado en IPAS e un infectólogo do Servizo de Medicina Interna e do de Microbioloxía
- Tratamento antibiótico e cirúrxico das infeccións de próteses articulares
- Desbridamento e limpezas articulares en infeccións agudas
- Substitución articular en dous tempos en infeccións crónicas
ACTIVIDADE CIENTÍFICA
Ofértase anualmente 1 praza de médico interno residente (MIR) de cirurxía ortopédica e traumatolóxica (COT).
Particípase na formación de MIR doutras especialidades como Medicina de Familia, Rehabilitación etc.
Organízanse diferentes congresos e relatorios: SOGACOT 2013 e SEPES 2018.
Realízanse sesións semanais, os venres, dos casos precirúrxicos e de pacientes postoperados e sesións bibliográficas, así como revisión clínica de casos complexos.
LIGAZÓNS RELACIONADAS
Sociedade Galega de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía: SOGACOT.ORG
Sociedad Española de Cirugía Ortopédica y Traumatología: SECOT.ES
Sociedad Europea de Traumatología y Cirugía Ortopédica: EFORT.ORG
Sociedad Americana de Cirugía Ortopédica y Traumatología: AAOS.ORG