Servizo de Nefroloxía do CHUP

PRESENTACIÓN DO SERVIZO

O Servizo de Nefroloxía ten como obxectivo coidar da saúde das persoas e especialmente previr e tratar as enfermidades renais mediante unha atención efectiva, eficiente e de calidade. Queremos procurar a mellora da saúde da poboación a través da prestación de asistencia e o fomento da docencia e da investigación. Todo isto tentamos facelo cun trato personalizado, profesional e de respecto aos usuarios, ofrecéndolles información de calidade, adaptada ás súas necesidades e valores. Somos coñecedores de que a atención que proporcionamos ha de ser equitativa, segura e sempre orientada a lograr a excelencia na atención sanitaria. Orientamos a nosa actividade ao traballo en equipo e á actualización continua das competencias de todos os profesionais que formamos parte deste equipo. Queremos ser un servizo centrado no paciente, queremos ser un servizo apreciado e valorado pola poboación, fiable para a nosa rede sanitaria e atractivo e motivo de orgullo para os traballadores que o conformamos.


PROFESIONAIS DO SERVIZO

Responsable do servizo

Dra. Luz María Cuiña Barja

Xefa de Servizo

Persoal facultativo

Facultativos especialistas de área: 7

Persoal de enfermería

Supervisora: Fabiola Piñeiro Pérez

Enfermeiras: 20

Técnicos en coidados auxiliares de enfermería: 9


LOCALIZACIÓN E CONTACTO

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra - Hospital Provincial

Localización

Teléfono

Secretaría

2.ª planta

986 807 040

Hospitalización

1.ª planta

Sala de reunións - Despacho de hospitalización

1.ª planta

986 807 124

Despacho do xefe de servizo

1.ª planta

986 808 188

Consulta de transplante renal

1.ª planta

986 807 094

Consulta ERCA - Diálise peritoneal

2.ª planta

986 808 159

Consulta de enfermería ERCA-Diálise peritoneal

2.ª planta

986 807 120

Hospital de día de nefroloxía

2.ª planta

986 807 120

Despacho médico de hemodiálise

2.ª planta

986 807 045

Despacho da supervisora de enfermería

2.ª planta

986 808 329

Salas de hemodiálise: Sala A

Sala B

Sala C

Sala de illados

Covid

2.ª planta

986 807 084

2.ª planta

2.ª planta

2.ª planta

2.ª planta

Consulta de nefroloxía xeral

Edificio de consultas externas

2.ª planta

Porta 37

986 808 499


Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra - Hospital Montecelo

Sala de hemodiálise

2.ª planta

FAX Servizo de Nefroloxía

2.ª planta

986 807 092


CARTEIRA DE SERVIZOS

Diálise
  • Hemodiálise online
  • Hemodiálise convencional
  • Hemodiálise estendida
  • Hemodiálise de agudos
  • Diálise peritoneal continua ambulatoria
  • Diálise peritoneal automática con cicladora
  • Diálise peritoneal para insuficiencia cardíaca
  • Hemodiálise domiciliaria
Nefroloxía xeral.

Diagnóstico e tratamento das seguintes patoloxías:

  • Nefropatías primarias
  • Nefropatías secundarias a enfermidades sistémicas
  • Enfermidades hereditarias con afectación renal
  • Hipertensión arterial esencial de difícil contro.
  • Hipertensión arterial secundaria
  • Infeccións urinarias de repetición
  • Tubulopatías e litiase renal
  • Alteracións do equilibrio ácido-base e hidroelectrolítico
  • Fracaso renal agudo
  • Enfermidade renal crónica
Enfermidade renal crónica avanzada (ERC).

Seguimento e tratamento dos pacientes con ERC estadio 4-5 e as complicacións asociadas á progresión da enfermidade renal:

  • Control da anemia
  • Control do metabolismo calcio-fósforo
  • Control do equilibro ácido-base e alteracións hidroelectrolíticas
  • Control de risco vascular e prevención secundaria de eventos
  • Control da nutrición e dieta
  • Información das alternativas de tratamento sustitutivo renal
  • Preparación para a opción escollida de tratamento sustitutivo renal: hemodiálise, diálise peritoneal, transplante renal, tratamento conservador
  • Lista de espera de transplante renal
  • Estudo de doante vivo para transplante renal
Teleconsulta

Con esta ferramenta garántese a continuidade asistencial mediante a coordinación con atención primaria no seguimento e control dos pacientes con enfermidade renal.

Transplante renal

Seguimento e tratamento dos pacientes transplantados renais, desde unha perspectiva integrada e en coordinación cos centros trasplantadores de referencia (CHUAC e CHUS).

Área de Hospitalización:
  • Hospitalización
  • Interconsultas: o Servizo de Nefroloxía ten unha demanda de soporte nefrolóxico moi importante por outros servizos do hospital, tanto para a asesoría clínica relativa a problemas nefrolóxicos como para soporte dialítico de pacientes con fracaso renal agudo.

Procedementos:

  • Implantación / retirada de catéteres
  • Implantación de catéter venoso transitorio para as diferentes técnicas de depuración extrarrenal
  • Retirada de catéteres tunelizados para hemodiálise
  • Retirada de catéteres temporais

Outras técnicas:

  • Bioimpedancia
  • MAPA: control ambulatorio continuo de presión arterial
  • Biopsia de graxa subcutánea
  • Biopsia renal percutánea ecodirixida en ril nativo
  • Biopsia renal ecodirixida en ril transplantado
  • Ecografía renal
  • Ecografía de acceso vascular

ACTIVIDADE CIENTÍFICA

A docencia, tanto pregrao como posgrao, é un obxectivo primordial para os membros do Servizo de Nefroloxía.

Este servizo é colaborador docente na formación de alumnos da Facultade de Medicina e da Escola Universitaria de Enfermería da Universidade de Santiago de Compostela.

Participamos na formación de médicos internos residentes (MIR) doutras especialidades: medicina familiar e comunitaria, hematoloxía, medicina interna, cardioloxía, reumatoloxía, con rotacións específicas no noso servizo.

Colaboramos de forma regular na formación continuada de profesionais doutras especialidades e categorías.

O servizo participa no momento actual en dous proxectos de investigación:

  • Proxecto FIS Expediente PI15/01467. Título do proxecto: Acción estratéxica en Galicia para a poliquistose renal: establecemento dun rexistro galego e diagnóstico xenético, como unha medida de prevención custo/eficente.
  • Proxecto: PI18/00378. Título do proxecto: Acción estratéxica en Galicia_2.0 para a enfermidade renal hereditaria: diagnóstico xenético e establecemento dun rexistro galego de pacientes, unha medida de prevención custo/eficiente.

LIGAZÓNS RELACIONADAS

Para profesionais
  1. Sociedades científicas:
  2. Guías clínicas e grandes rexistros:
  3. Revistas de nefroloxía:
Para pacientes:

Apps para pacientes:

Nefrodiet: ferramenta de axuda para a correcta alimentación dos enfermos renais.



PuKono: ferramenta para mellorar a alimentación dos pacientes con HTA e/ou enfermidade renal crónica. Inclúe guía de alimentos, receitas e menús validados.



Apps para profesionais:

Nefroconsultor: ferramenta de axuda para a toma de decisións sobre enfermidade renal crónica a médicos de atención primaria e doutras especialidades.​​​​

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.