PRESENTACIÓN DO SERVIZO
O Servizo de Nefroloxía ten como obxectivo coidar da saúde das persoas e especialmente previr e tratar as enfermidades renais mediante unha atención efectiva, eficiente e de calidade. Queremos procurar a mellora da saúde da poboación a través da prestación de asistencia e o fomento da docencia e da investigación. Todo isto tentamos facelo cun trato personalizado, profesional e de respecto aos usuarios, ofrecéndolles información de calidade, adaptada ás súas necesidades e valores. Somos coñecedores de que a atención que proporcionamos ha de ser equitativa, segura e sempre orientada a lograr a excelencia na atención sanitaria. Orientamos a nosa actividade ao traballo en equipo e á actualización continua das competencias de todos os profesionais que formamos parte deste equipo. Queremos ser un servizo centrado no paciente, queremos ser un servizo apreciado e valorado pola poboación, fiable para a nosa rede sanitaria e atractivo e motivo de orgullo para os traballadores que o conformamos.
PROFESIONAIS DO SERVIZO
Responsable do servizo |
Dra. Luz María Cuiña Barja
Xefa de Servizo |
Persoal facultativo |
Facultativos especialistas de área: 7 |
Persoal de enfermería |
Supervisora: Fabiola Piñeiro Pérez |
Enfermeiras: 20 |
Técnicos en coidados auxiliares de enfermería: 9 |
LOCALIZACIÓN E CONTACTO
Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra - Hospital Provincial
|
Localización |
Teléfono |
Secretaría |
2.ª planta |
986 807 040 |
Hospitalización |
1.ª planta |
|
Sala de reunións - Despacho de hospitalización |
1.ª planta |
986 807 124 |
Despacho do xefe de servizo |
1.ª planta |
986 808 188 |
Consulta de transplante renal |
1.ª planta |
986 807 094 |
Consulta ERCA - Diálise peritoneal |
2.ª planta |
986 808 159 |
Consulta de enfermería ERCA-Diálise peritoneal |
2.ª planta |
986 807 120 |
Hospital de día de nefroloxía |
2.ª planta |
986 807 120 |
Despacho médico de hemodiálise |
2.ª planta |
986 807 045 |
Despacho da supervisora de enfermería |
2.ª planta |
986 808 329 |
Salas de hemodiálise: Sala A
Sala B
Sala C
Sala de illados
Covid |
2.ª planta |
986 807 084 |
2.ª planta |
|
2.ª planta |
|
2.ª planta |
|
2.ª planta |
|
Consulta de nefroloxía xeral |
Edificio de consultas externas
2.ª planta
Porta 37 |
986 808 499 |
Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra - Hospital Montecelo
Sala de hemodiálise |
2.ª planta |
|
FAX Servizo de Nefroloxía |
2.ª planta |
986 807 092 |
CARTEIRA DE SERVIZOS
Diálise
- Hemodiálise online
- Hemodiálise convencional
- Hemodiálise estendida
- Hemodiálise de agudos
- Diálise peritoneal continua ambulatoria
- Diálise peritoneal automática con cicladora
- Diálise peritoneal para insuficiencia cardíaca
- Hemodiálise domiciliaria
Nefroloxía xeral.
Diagnóstico e tratamento das seguintes patoloxías:
- Nefropatías primarias
- Nefropatías secundarias a enfermidades sistémicas
- Enfermidades hereditarias con afectación renal
- Hipertensión arterial esencial de difícil contro.
- Hipertensión arterial secundaria
- Infeccións urinarias de repetición
- Tubulopatías e litiase renal
- Alteracións do equilibrio ácido-base e hidroelectrolítico
- Fracaso renal agudo
- Enfermidade renal crónica
Enfermidade renal crónica avanzada (ERC).
Seguimento e tratamento dos pacientes con ERC estadio 4-5 e as complicacións asociadas á progresión da enfermidade renal:
- Control da anemia
- Control do metabolismo calcio-fósforo
- Control do equilibro ácido-base e alteracións hidroelectrolíticas
- Control de risco vascular e prevención secundaria de eventos
- Control da nutrición e dieta
- Información das alternativas de tratamento sustitutivo renal
- Preparación para a opción escollida de tratamento sustitutivo renal: hemodiálise, diálise peritoneal, transplante renal, tratamento conservador
- Lista de espera de transplante renal
- Estudo de doante vivo para transplante renal
Teleconsulta
Con esta ferramenta garántese a continuidade asistencial mediante a coordinación con atención primaria no seguimento e control dos pacientes con enfermidade renal.
Transplante renal
Seguimento e tratamento dos pacientes transplantados renais, desde unha perspectiva integrada e en coordinación cos centros trasplantadores de referencia (CHUAC e CHUS).
Área de Hospitalización:
- Hospitalización
- Interconsultas: o Servizo de Nefroloxía ten unha demanda de soporte nefrolóxico moi importante por outros servizos do hospital, tanto para a asesoría clínica relativa a problemas nefrolóxicos como para soporte dialítico de pacientes con fracaso renal agudo.
Procedementos:
- Implantación / retirada de catéteres
- Implantación de catéter venoso transitorio para as diferentes técnicas de depuración extrarrenal
- Retirada de catéteres tunelizados para hemodiálise
- Retirada de catéteres temporais
Outras técnicas:
- Bioimpedancia
- MAPA: control ambulatorio continuo de presión arterial
- Biopsia de graxa subcutánea
- Biopsia renal percutánea ecodirixida en ril nativo
- Biopsia renal ecodirixida en ril transplantado
- Ecografía renal
- Ecografía de acceso vascular
ACTIVIDADE CIENTÍFICA
A docencia, tanto pregrao como posgrao, é un obxectivo primordial para os membros do Servizo de Nefroloxía.
Este servizo é colaborador docente na formación de alumnos da Facultade de Medicina e da Escola Universitaria de Enfermería da Universidade de Santiago de Compostela.
Participamos na formación de médicos internos residentes (MIR) doutras especialidades: medicina familiar e comunitaria, hematoloxía, medicina interna, cardioloxía, reumatoloxía, con rotacións específicas no noso servizo.
Colaboramos de forma regular na formación continuada de profesionais doutras especialidades e categorías.
O servizo participa no momento actual en dous proxectos de investigación:
- Proxecto FIS Expediente PI15/01467. Título do proxecto: Acción estratéxica en Galicia para a poliquistose renal: establecemento dun rexistro galego e diagnóstico xenético, como unha medida de prevención custo/eficente.
- Proxecto: PI18/00378. Título do proxecto: Acción estratéxica en Galicia_2.0 para a enfermidade renal hereditaria: diagnóstico xenético e establecemento dun rexistro galego de pacientes, unha medida de prevención custo/eficiente.
LIGAZÓNS RELACIONADAS
Para profesionais
- Sociedades científicas:
- Guías clínicas e grandes rexistros:
- Revistas de nefroloxía:
Para pacientes:
Apps para pacientes:
Nefrodiet: ferramenta de axuda para a correcta alimentación dos enfermos renais.
PuKono: ferramenta para mellorar a alimentación dos pacientes con HTA e/ou enfermidade renal crónica. Inclúe guía de alimentos, receitas e menús validados.
Apps para profesionais:
Nefroconsultor: ferramenta de axuda para a toma de decisións sobre enfermidade renal crónica a médicos de atención primaria e doutras especialidades.