Servizo de Farmacia Hospitalaria do CHUP

PRESENTACIÓN DO SERVIZO

O Servizo de Farmacia (SF) é un servizo de soporte asistencial configurado en áreas funcionais que facilitan a prestación da carteira de servizos farmacéuticos para atender os pacientes hospitalarios ingresados, os pacientes de urxencias, os ambulatorios, os externos e aqueles pacientes extrahospitalarios atendidos nos dispositivos asistenciais de atención primaria, saúde mental e atención sociosanitaria.


 

Misión: mellorar o estado de saúde das persoas, prestando atención farmacéutica de calidade, integral e integrada co equipo interdisciplinar dos dispositivos asistenciais da área sanitaria.

Visión: ser unha organización excelente e innovadora na farmacia clínica e terapéutica, con especial dedicación á continuidade asistencial, á eficiencia e ao crecemento profesional e técnico.

Polo anterior, ser un referente na innovación farmacéutica e na práctica farmacéutica clínica e terapéutica e lograr o mellor grao de satisfacción posible dos pacientes, dos profesionais e da contorna social.

Valores: pacientes e profesionais son o principal valor do servizo de farmacia.

Os pacientes, como eixo central da nosa razón de ser, sobre o que viran todas as actuacións do servizo de farmacia e da organización asistencial.

Os profesionais, como principal activo da organización, xa que sen a súa contribución non se poderían levar a cabo as mellores actuacións e resultados no proceso asistencial.

Así mesmo, son valores irrenunciables a equidade e a eficiencia na prestación dos servizos farmacéuticos, o compromiso coa formación continuada, o traballo en equipo e a innovación.


 

A execución da atención farmacéutica leva a cabo cunha orientación centrada no paciente, desenvolvendo e implantando procesos integrados entre niveis asistenciais, con especial dedicación á continuidade asistencial.


 


EQUIPO HUMANO

 

 

Recursos humanos

Categoría profesional

HM

HP

HS

TOTAL

Xefe de servizo

1

1

Xefe de sección

1

1

Adxuntos especialistas de área

9

4

2

15

Especialistas investigadores

3

3

Supervisora de enfermería

1

1

Enfermeiras

3

3

Auxiliares/técnicos en farmacia

18

2

20

Auxiliares administrativos

3

1

4

Celadores

3

3


Relación de persoas (ano 2021):

Xefe de Servizo: Dr. Carlos Crespo Diz

Xefe de Sección: Dra. Rosario Olivera Fernández

Responsable de Calidade: Dra. Beatriz Castro Lareo

Supervisora de Unidade: María Teresa Ricoy Becerra


LOCALIZACIÓN E CONTACTO

  • Hospital Montecelo
  • Hospital Provincial
  • Hospital Público do Salnés
Hospital Montecelo.

Planta -2: Farmacia central. Secretaría e administración
Teléfono: 986 800 149 (288 149)
Fax: 986 800 026 (288 026)
secretaria.farmacia.pontevedra@sergas.es

Horario

Atención presencial: de 8.00 a 22.00 horas

  • Xornada ordinaria: de luns a venres, de 8.00 a 15.00 horas
  • Xornada extraordinaria:
    • Días laborais: de 15.00 a 22.00 horas
    • Domingos e festivos: de 8.00 a 22.00 horas
  • Atención continuada: a atención continuada realízase na farmacia central.
    • Presenza física de persoal facultativo farmacéutico ata as 22.00 horas.
    • De 22.00 a 8.00 horas prestarase atención farmacéutica en garda localizada.

CARTEIRA DE SERVIZOS

Na actualidade, o Servizo de Farmacia préstalles soporte asistencial farmacéutico aos pacientes ingresados e aos pacientes en réxime de hospitalización de día e aos que se atopan a tratamento ambulatorio en todos os dispositivos asistenciais da área sanitaria: Hospital Montecelo, Hospital Provincial, Hospital Público do Salnés, unidades de saúde mental, centros de atención primaria e centros sociosanitarios e de asistencia social.


 

Participación en comités técnico-sanitarios

Comité de Farmacia e Terapéutica:

  • Dr. Carlos Crespo Diz. Presidente
  • Dra. Rosario Oliver Fernández. Secretaria

Comité de Infeccións e Política Antibiótica:

  • Dra. Patricia Iglesias Neiro. Vogal

Comité de Historias Clínicas:

  • Dra. Beatriz Castro Lareo. Vogal

Comité de Ética:

  • Dr. Luciano Martínez Martínez. Vogal

Comité de Tumores:

  • Dra. Francisca Fernández Ribeiro. Vogal
Docencia

Docencia pregrao (alumnos da Facultade de Farmacia da USC):

  • Dr. Carlos Crespo Diz
  • Dra. Beatriz Castro Lareo

Posgrao e formación de especialistas (programa FIR):

  • Dr. Carlos Crespo Diz
  • Dr. Javier García Fernández
  • Dra. Rosario Olivera Fernández

Docencia de técnicos de farmacia e dietética:

  • Dr. Carlos Crespo Diz
  • Dra. Beatriz Castro Lareo
  • Dra. Carmen Dávila Pousa
  • Teresa Ricoy Becerra

Formación continuada: sesións clínicas

Investigación e innovación

Participación en ensaios clínicos:

  • Custodia, dispensación, control e seguimento dos medicamentos en investigación clínica
  • Xestión documental e trazabilidade de mostras
  • Centro elaborador de medicamentos. Administración de medicamentos:
    • Dra. Rosario Olivera Fernández
    • Dra. Lara González Freire
    • Dra. Belén Veiga Villaverde
    • Dra. Francisca Fernández Ribeiro
  • Proxectos e estudos de investigación con medicamentos:
    • Dr. Carlos Crespo Diz
    • Dra. Carmen Dávila Pousa
  • Proxectos de innovación en seguridade clínica e xestión farmacoterapéutica:
    • Dr. Carlos Crespo Diz
    • Dra. Susana Castro Luaces
    • Dr. Borja Franco Sandar
Xestión farmacoeconómica e farmacoterapéutica

Xestión de compras e adquisición de medicamentos, produtos farmacéuticos e dietoterápicos.

Seguimento do consumo dos distintos servizos e unidades do hospital e da área de referencia, que permite:

  • Asignar custos por servizo, unidade e GFH.
  • Realizar unha previsión da súa evolución mensual e/ou acumulada anual.
  • Xerar informes económicos destinados aos órganos de dirección do hospital e á administración sanitaria.

Xestión de utilización de medicamentos, produtos farmacéuticos e dietoterápicos, para:

  • Analizar e garantir a trazabilidade da súa utilización nos distintos dispositivos hospitalarios e extrahospitalarios da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Tomar decisións para conseguir unha farmacoterapia racional, segura e sustentable.
  • Seleccionar medicamentos e produtos sanitarios, xa sexa para a súa inclusión na Guía Farmacoterapéutica (GFT) ou para a autorización de inicio dun tratamento nun paciente concreto.
  • Realizar información farmacoterapéutica sobre a utilización de medicamentos e produtos sanitarios:
    • Dr. Carlos Crespo Diz
    • Dra. Beatriz Castro Lareo
Seguridade: Sistema de alerta de riscos relacionados cos medicamentos

Prevención, identificación, cuantificación e avaliación de riscos relacionados con medicamentos.

Xestión das alertas de calidade e seguridade relacionadas con medicamentos, produtos dietoterápicos e outros produtos farmacéuticos xestionados polo Servizo de Farmacia.

Análise e notificación de reaccións adversas a medicamentos (RAM):

  • Dr. Carlos Crespo Diz
  • Dr. Dra. Beatriz Castro Lareo
  • Dra. Rosario Olivera Fernández
Xestión da calidade. Loxística e distribución de medicamentos

Propostas de mellora e control dos obxectivos anuais de calidade do servizo.

Xestión e seguimento de accións correctivas.

Mantemento de indicadores do sistema de xestión da calidade.

Mantemento do soporte documental para auditorías do sistema de xestión da calidade.

Xestión e mantemento da información dos aplicativos informáticos do Servizo de Farmacia relacionados coa dispensación e distribución de medicamentos e produtos farmacéuticos.

Recepción, almacenamento, custodia e conservación de medicamentos, produtos farmacéuticos e dietoterápicos.

Xestión de stocks e control de caducidades dos medicamentos e produtos farmacéuticos, que permite garantir a súa dispoñibilidade en tempo e forma.

Dispensación de medicamentos e outros produtos farmacéuticos por reposición de stock para todas as unidades de hospitalización, centros de saúde e outros dispositivos asistenciais da área sanitaria.

Dispensación de medicamentos que, polas súas características, requiren circuítos especiais: estupefacientes, medicamentos non comercializados en España, medicamentos en situación de utilización especial e en condicións distintas ás autorizadas.

  • Dra. Beatriz Castro Lareo
  • Teresa Ricoy Becerra
Unidade de Farmacotecnia e Elaboración de Medicamentos (UFEM)

Elaboración, adecuación de dose e acondicionamento de medicamentos:

  • Estériles: preparacións intravenosas, colirios, nutrición parenteral, xiringas precargadas, citotóxicos.
  • Non estériles: fórmulas maxistrais e preparados oficinales. Preparacións de adaptación e reacondicionamento de dose.

Reenvasado de formas farmacéuticas orais sólidas, garantindo a súa correcta identificación para a súa dispensación individualizada (dose unitaria).

Control de calidade de todas as preparacións elaboradas, fraccionadas e reenvasadas/acondicionadas. Verificar o cumprimento das especificacións e que a preparación se realizou de acordo cos principios das boas prácticas de preparación descritas na GBPP e Normas de correcta fabricación (NCF).

Xestión e control de calidade das materias primas necesarias para a elaboración de medicamentos.

Xestión e control de calidade das instalacións de salas brancas, controis preventivos e correctivos dos equipos, control ambiental mediante cumprimento de parámetros de climatización, fluxo do aire e control microbiolóxico.

  • Dra. Carmen Dávila Pousa
  • Dr. Borja Franco Sandar
Monitoraxe farmacocinética e PROA

Asesoramento clínico e recomendación posolóxica para medicamentos de estreita marxe terapéutica, en función da concentración sérica e os principios farmacocinéticos e farmacodinámicos. Elaboración de informes farmacocinéticos para pacientes en atención primaria, hospitalaria e sociosanitaria:

  • Dr. Javier García Fernández

Programa de revisión e optimización de antibioterapia:

  • Dra. Patricia Iglesias Neiro
Atención farmacéutica hospitalaria e extrahospitalaria

Dispensación individualizada de medicamentos a pacientes ingresados mediante o sistema de doses unitarias (SDMDU) para un período de 24 horas.

Dispensación individualizada a pacientes externos mediante consulta presencial ou non presencial e sempre con cita previa para un período dun mes.

Dispensación de produtos de nutrición enteral domiciliaria (NED), de maneira individualizada e con cita previa, tanto presencial como non presencial, para un período dun mes.

Dispensación de medicamentos, dietoterápicos e outros produtos farmacéuticos a persoas institucionalizadas en centros sociosanitarios e de asistencia social (CAS) con frecuencia semanal.

Dispensación individualizada a pacientes no momento da alta para garantir a continuidade farmacoterapéutica.

Conciliación, validación, información e seguimento do tratamento farmacoterapéutico.

Axuste posolóxico, adecuación da dose, monitoraxe farmacoterapéutica.

Farmacoterapia e nutrición artificial parenteral e enteral de pacientes ingresados, sociosanitarios e de asistencia social:

  • Dra. Katia Pérez Fernández (HP)
  • Dra. Paula Vázquez Álvarez (HP)
  • Dra. Patricia Iglesias Neiro (HM)
  • Dr. Javier García Fernández (HM)
  • Dra. Sandra Cal Bouzón (HS)
  • Dra. Eva Punín Crespo (HS)

Farmacoterapia de pacientes críticos e do Servizo de Urxencias:

  • Dra. Lara González Freire

Farmacoterapia de pacientes en Hospital de día polivalente e probas especiais:

  • Dra. Rosario Olivera Fernández
  • Dra. Susana Castro Luaces

Farmacoterapia de pacientes oncohematolóxicos:

  • Hospital de día e consulta externa de oncoloxía médica:
    • Dra. Francisca Fernández Ribeiro
    • Dra. Ana Ballester Viéitez

Hospital de día e consulta externa de hematoloxía:

  • Dra. Rosario Olivera Fernández
  • Dra. Susana Castro Luaces

Farmacoterapia de pacientes con enfermidades inmunomediadas e hepáticas:

  • Hospital de día e consulta externa IMID:
    • Dra. Rosario Olivera Fernández
    • Dra. Belén Veiga Villaverde

Farmacoterapia para pacientes externos:

  • Consulta externa polivalente:
    • Dra. Belén Veiga Villaverde
  • Consulta externa a pacientes con esclerose múltiple e ELA:
    • Dr. Luciano Martínez Martínez
  • Consulta externa a pacientes con patoloxía infecciosa VIH:
    • Dr. Luciano Martínez Martínez
  • Consulta externa dietoterapéutica e nutrición enteral domiciliaria:
    • Dra. Lara González Freire

Farmacoterapia de pacientes pediátricos:

  • Dra. Rosa Giménez Candela

Farmacoterapia de pacientes en centros de saúde, saúde mental e unidades de drogodependentes:

  • Dra. Katia Pérez Fernández

ACTIVIDADE CIENTÍFICA

Persoal investigador:
  1. Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. Fundación Biomédica Galicia Sur:
    • Dr. Carlos Crespo Diz. PhD. PharmD
    • Dra. Susana Castro Luaces. PharmD
    • Dr. Borja Franco Sandar. PharmD
    • Dra. Lara González Freire. PharmD
  2. Grupo Farmacotecnia. Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria:
    • Dra. Carmen Dávila Pousa. PharmD.
Proxectos de investigación:
  1. Impacto económico de las terapias biológicas en patologías reumáticas en el Área Sanitaria de Pontevedra y O Salnés.
    Tipo: EPA-OD. Promotor: CCD-APS-2014-01.
  2. Estudio GHAS. Efecto angiogénico de la GH en pacientes con isquemia crítica de las extremidades inferiores.
    Tipo: Ensaio clínico. EudraCT 2012-002228-34. Promotor: ISCIII.
  3. Estudio PAUSATE. Prevalencia y adecuación del uso hospitalario de antimicrobianos en España.
    Tipo: EPA-OD. Promotor: Grupo AFinf_SEFH AFI-AMO-2019-01.
  4. Experiencia en vida real con el uso de Inhibidores de proproteína convertasa subtilisina/kexina tipo 9 (IPCSK9).
    Tipo: EPA-OD. Promotor código de rexistro: 2019/472.
  5. Protocolo ALCOVID. Ensayo clínico fase II para evaluar la eficacia y seguridad de etanol inhalado en el tratamiento de la COVID-19 en estado inicial.
    Tipo: Ensaio clínico. EudraCT 2020-001760-29. Promotor: SEFH.
  6. Estudio QUINAVID-19. Ensayo clínico para evaluar la eficacia y seguridad de la quimioprofilaxis con hidroxicloroquina en la enfermedad infecciosa por SAR-Cov-2 (COVID-19) en los profesionales sanitarios.
    Tipo: Ensaio clínico. EudraCT 2020-001421-31. Promotor: SEFH.
  7. Impact of a Patient Assintance Program on the Persistence of Treatment with Pirfenidone in Patients wuth idiopatic Pulmonary Fibrosis.
    Tipo: EPA-OD. Código protocolo ML 40261. Promotor: Roche Pharma, S.A.
  8. Estudio MEMOGAL: Estudio observacional, multicéntrico y prospectivo para evaluar los cambios en la función Cognitiva en pacientes tratados con iPCSK9.
    Tipo: EPA-SP/LA/AS. Protocolo JSA-ALI-2019-01. Promotor: CHUS.
  9. Estudio ONCONUTRIDOS: Estudio de la prevalencia de desnutrición relacionada con la enfermedad (DRE) según los criterios GLIM en pacientes oncohematologicos en los hospitales de día en España (onconutridos).
    Tipo: Non EPA. Promotor: GEDEFO_SEFH.
Proxectos de innovación:
  1. Atención farmacéutica non presencial. Dispensación de medicamentos a domicilio.
    Promotor: Fundación Biomédica Galicia Sur.
  2. Unidade centralizada de preparación e control de medicamentos perigosos.
    Promotor: Fundación Biomédica Galicia Sur.
  3. Optimización do proceso asistencial de farmacia oncohematológica.
    Promotor: Fundación Biomédica Galicia Sur.
  4. Preparación gravimétrica de medicamentos listos para o seu uso.
    Promotor: Fundación Biomédica Galicia Sur.
  5. Optimización da preparación e administración de antibioterapia.
    Promotor: Fundación Biomédica Galicia Sur.
Ensaios clínicos:

N.º de ensaios clínicos en curso

57

N.º de dispensacións mostras para EC

353

Visitas monitoraxe

90

N.º de pacientes atendidos

298

Anxioloxía e cirurxía vascular

17

Aparello dixestivo

36

Dermatoloxía

236

Hematoloxía

21

Endocrinoloxía

1

Cirurxía xeral e dixestiva

1

Publicacións:
  1. González Freire, L; Vázquez Blanco, S; Dávila Pousa, MC; Crespo Diz, C. Efectividad y seguridad de un jarabe de isoniazida 50 mg/mL para uso pediátrico. Rev. OFIL·ILAPHAR 2020. First On-line.
  2. Crespo Diz, Carlos. Seguridad y Calidad en los Procesos. Camino de las Buenas Prácticas de Fabricación. Introducción. La Farmacotecnia como valor Estratégico. Regreso al Futuro. Calleja Hernández, MA; Poveda Andrés, JL. Editores. ISBN: 978-84-09-. Grifols-SEFH 2019.
  3. García Mayo ME, González Freire, L; Olivera Fernández, L; Veiga Villaverde, AB; Crespo Diz, C. Anakinra for the treatment of undifferentiated systemic auto-inflamatory disease. Eur J Clin Pharm 2018; 20(6): 337-339.
  4. Vázquez Blanco, S; González Freire, L; Dávila Pousa, MC; Crespo Diz, C. pH determination as a quality standard for the elaboration of oral liquid compounding formula. Farm. Hosp. 2018; 42 (6): 221-227.
  5. Campano Pérez,IL; Olivera Fernández, R; González Freire, L; Crespo Diz, C. Use of plasma exchange as therapeutic tool of clinical practice. Farm. Hosp. 2018; 42(1): 16-19.
  6. González Freire, L; García Mayo, ME; Vázquez Blanco, S; Veiga Villaverde, AB; Crespo Diz, C. Contralateral choroiditis secondary to combination therapy with simeprevir, sofosbuvir and ribavirin. Eur. J. Clin. Pharm. 2017; 19 (4):291-293.
  7. García Mayo, ME; Dávila Pousa, MC; Vázquez Blanco, S; Crespo Diz, C. Microbiological testing of compunded sterile analgesic preparations batch-produced:sampling protocol. Eur J Clin Pharm. 2017; 19 (2): 143-146.
  8. González Freire, L; Dávila Pousa, MC; Crespo Diz, C. Pharmaceutical intervention in the treatment of vernal keratoconjunctivitis with a 0,03% tacrolimus eye drops for a paediatric patient: a case report. Rev. OFIL-ILAPHAR 2017, 27 (2): 201-204.
  9. Fernández Ribeiro, F; Olivera Fernández, R; Crespo Diz, C. Adherence and safety study in patients on treatment with capecitabine. Farm. Hosp. 2017; 41(2):214-221.
  10. Calleja Hernández, MA; Crespo Diz, C; Poveda Andrés, JL. La farmacotecnia como valor estratégico. Quo vadis. Calleja Hernández, MA; Crespo Diz, C; Poveda Andrés, JL. Editores. ISBN: 978-84-697-3007-2. SEFH 2016.
  11. Crespo Diz, C; Martínez Pillado, M; Castro Lareo, B e cols. Efectividad del Desing Thinking para la mejora de la calidad y seguridad en el uso de medicamentos en un área integrada de salud. M-53031-2003. Fundación Signo 2016. pp.71-84. Premio Profesor Barea 2016.
  12. Vázquez Blanco S, García Mayo ME, Veiga Villaverde AB and Crespo Diz, C. DRESS syndrome secondary to simeprevir for the treatment of hepatitis C: a case report. Eur J Clin Pharm. 2016; 18(5):341-344.
  13. García Mayo, ME; Vázquez Blanco, S; Veiga Villaverde, AB; Crespo Diz, C. Treatment of alveolar proteinosis with “of label” inhaled sargraostim. Eur J Clin Pharm. 2016; 18(3):192-194.
  14. García Mayo, ME; González Freire, L; Dávila Pousa, MC; Vázquez Blanco, S; Soneira Chenlo, C; Crespo Diz, C. Desing, phamaceutical validation and microbiological control of a flecainide syrup for paediatric use. Eur J Hosp Pharm. 2016; 23: A211.
  15. Olivera Fernández, R; Fernández Ribeiro, F; Piñeiro Corrales, G; Crespo Diz, C. Adherence to oral antineoplastic tjerapy. Farm. Hosp. 2014; 38(6):475-481.
  16. Baeza ML, Caballero Molina, T; Crespo Diz, C et al. Algorithm for diagnosis and treatment of hereditary angioedema as a tool for management. Farm Hosp. 2013; 37(6):521-529.

LIGAZÓNS RELACIONADAS

Documentos adxuntos:
  • Guía de acollida
  • Memoria da actividade
  • Programa docente FIR
  • Programa docente estudantes ciclo medio FP - técnicos de farmacia
  • Certificado ISO_9001:2015
  • Best In Clas
  • Seguridade do paciente
  • Premios Rovi. PharmaSuite
​​​​

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.