PRESENTACIÓN DO SERVIZO
O Servizo de Análises Clínicas da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é a consecuencia da integración e consolidación dos servizos de análises clínicas do Hospital Público do Salnés, Hospital Provincial e Hospital Montecelo. Atende unha poboación de case 300 000 habitantes e procesa máis de 8 millóns de determinacións ao ano.
Enténdese por laboratorio clínico aquela unidade ou dependencia cuxo obxecto de estudo reside na análise, desde un punto de vista experimental e/ou profesional, das propiedades biolóxicas acaecidas sobre espécimes humanos. A modo formativo e académico, abarca disciplinas tales como a microbioloxía clínica, a parasitoloxía, a inmunoloxía, a bioquímica clínica, a hematoloxía e a citoloxía.
O laboratorio dunha institución sanitaria forma parte da división médica e, como tal servizo central, integra, coordina e desenvolve un papel ineludible no labor asistencial do paciente. As magnitudes bioquímicas utilízanse normalmente para obter un punto de referencia no diagnóstico, evolución ou prognóstico dunha enfermidade. Conforma unha ferramenta de apoio ao diagnóstico e seguimento terapéutico de entidades clínicas prevalentes (cardiopatías, dislipemias, diabetes, nefropatías etc.), polo que contribúe á súa mellora asistencial e garante unha atención, resposta analítica e provisión de servizos rápida, de calidade (que garanta o resultado final) e próxima ao paciente.
O labor do facultativo especialista do laboratorio ten como prioridade a atención do paciente e como obxectivo da súa actividade contribuír a que se tome a mellor das decisións posibles en beneficio deste, incorporando as súas preferencias e dándolles, ao mesmo tempo, o mellor uso posible aos recursos económicos dispoñibles.
O noso laboratorio de análises clínicas dispón da Certificación de Sistemas de Xestión da Calidade AENOR conforme coa Norma ISO 9001-2015 desde o ano 2015.
MISIÓN
Aproximadamente o 70 % das decisións médicas derívanse da dispoñibilidade e interpretación de probas de laboratorio. Prestar un soporte integral de continuidade asistencial desde a prescrición de probas ata a emisión do informe analítico ao médico solicitante, habilitando os mecanismos de xestión precisos para incrementar a rendibilidade en termos de eficiencia e eficacia.
Compromiso coas responsabilidades profesionais. Darlles cobertura e información (competente, actual, baseada na evidencia científica e de utilidade clínica) aos clientes internos, reorganizando áreas de coñecemento, recursos, perfís de probas e tempos de resposta en virtude das necesidades asistenciais do momento.
Promover na práctica clínica os valores ligados á formación e traballo multidisciplinar en equipo, baixo o convencemento de que a coordinación e o consenso son o sistema de traballo mellor para unha utilización máis efectiva, racional e coherente dos recursos, reducindo a heteroxeneidade e a variabilidade interpersoal.
Prestación do servizo atendendo aos principios de confidencialidade, autonomía, seguridade e benestar do paciente. Incorporación á nova cultura sanitaria de continuidade asistencial, xestión por procesos e mellora continua.
VISIÓN
Proporcionar prestacións de calidade a médicos e pacientes, converténdonos en referencia da medicina do laboratorio clínico na nosa área de influencia.
VALORES
Compromiso co sistema sanitario público, coa información e a transparencia.
Concepción do laboratorio clínico como área integral de apoio e asesoría diagnóstica, orientando os seus produtos aos clientes e fomentando a coordinación coas outras áreas de diagnóstico (radiodiagnóstico, anatomía patolóxica etc.).
Respecto polas crenzas do individuo, así como polos principios de intimidade e confidencialidade dos datos analíticos.
Potenciación da docencia e da investigación.
Creación de áreas de traballo con cumprimento das normas de hixiene e seguridade laboral. Respecto polo medio ambiente.
Optimizar o laboratorio, potenciando o uso adecuado dos tests. Potenciar a protocolización asistencial (medicina baseada na evidencia).
PROFESIONAIS DO SERVIZO
Responsable do servizo
|
Dra. Inés Nieto Saavedra, Xefa de
Servizo
|
Persoal facultativo
|
Facultativos especialistas de
área: 12
Médicos internos residentes: 2
|
Persoal técnico e de enfermería
|
Coordinadora técnica: Inmaculada Lodeiro Graña
Atención continuada Hospital Montecelo: 14
Atención continuada Hospital Provincial: 7
Laboratorio central: 12
Laboratorio central de especialidades: 6
Persoal de enfermería: 1
|
LOCALIZACIÓN E CONTACTO
Os laboratorios do Servizo de Análises Clínicas están localizados na planta 1.ª do Hospital Montecelo e na planta 1.ª do Hospital Provincial.
O servizo está estruturado da seguinte forma:
HOSPITAL MONTECELO: |
Laboratorio de atención continuada |
HOSPITAL PROVINCIAL: |
Laboratorio de atención continuada
Laboratorio central
Laboratorio central especialidades |
Teléfonos de contacto |
Xefe de servizo |
986 808 473 |
Coordinador técnico |
986 808 141 |
Secretaría Hospital Montecelo |
986 800 039 |
Secretaría Hospital Provincial |
Información |
986 808 019 |
Cita previa |
986 807 100 |
Laboratorios de atención continuada |
Hospital Montecelo |
986 800 151 |
Hospital Provincial |
986 808 343 |
Caixa de correos para suxestións |
laboratorios.pontevedra@sergas.es |
CARTEIRA DE SERVIZOS
O Servizo de Análises Clínicas está estruturado en diferentes áreas:
- Laboratorio de atención continuada:
- Bioquímica xeral
- Monitorización de fármacos
- Marcadores cardíacos e de inflamación
- Estudo do equilibrio ácido-base
- Análise elemental e sistemática de ouriños
- Estudo de líquidos biolóxicos
- Bioquímica xeral:
- Determinación de metabolitos, enzimas e ións
- Estudo de sobrecarga oral de glicosa
- Estudo dos ouriños e das feces:
- Observación microscópica
- Análises bioquímicas: calprotectina, sangue oculta nas feces
- Hormonas e marcadores óseos:
- Determinación de hormonas
- Probas funcionais
- Estudo de marcadores óseos e vitamina D
- Marcadores tumorais, diagnóstico prenatal e inmunosupresores:
- Estudo de marcadores tumorais
- Screening prenatal e marcadores anxioxénicos
- Monitorización de fármacos inmunosupresores
- Autoinmunidade:
- Determinación de autoanticorpos por técnicas de ELISA e quimioluminiscencia
- Inmunofluorescencia
- Monitorización de fármacos biolóxicos
- Proteínas:
- Proteinograma en soro e ouriños
- Inmunotipado de soro, ouriños, LCR
- Proteínas específicas
- Alerxia:
- IgE específica, IgE total, triptasa
- Estudo de eosinófilos en moco nasal
- Laboratorio de androloxía:
- Estudo de mostra seminal
- Inseminación artificial homóloga
ACTIVIDADE CIENTÍFICA
Actividade docente:
O servizo está acreditado pola Comisión Nacional da Especialidade desde o ano 1984 para a formación de especialistas en análises clínicas e bioquímica clínica MIR, FIR, QIR, BIR.
Realizamos, ademais, actividade docente de formación pregrao a alumnado de Medicina e Ciencias da Saúde.
Colaboramos coa coordinadora técnica do servizo e coa supervisora de docencia do hospital para a actualización do itinerario formativo do alumnado en prácticas (técnicos superiores de laboratorio de diagnóstico clínico) procedente do I.E.S. Frei Martín Sarmiento.
Realizamos sesións clínicas semanais e participamos na sesión xeral do hospital:
- Revisións temáticas
- Revisións bibliográficas
- Casos clínicos
- Formación en sistemas de xestión da calidade e manexo de ferramentas para a análise de riscos
Asistimos e participamos con relatorios en congresos, tanto de forma presencial como en liña.
Actividade investigadora:
Incentivar, promover e estimular a utilización e a vinculación do servizo coa Fundación Biomédica Galicia Sur (IISGS).
Participación en grupos cooperativos e de traballo:
- Representación na Comisión interdisciplinar de tumores de tiroides do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
- Representación no grupo de traballo de CÓDIGO SEPSE do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
- Colaboración na posta en marcha do Proceso asistencial integrado de diagnóstico de alteracións analíticas do perfil hepático.
Participación en ensaios clínicos, rexistros, estudos prospectivos en diferentes patoloxías:
- Colaboración no estudo multicéntrico de avaliación da eficacia do análogo GLP-1 liraglutide no contexto clínico de infectados por COVID-19.
Publicacións:
- LÓPEZ-GÓMEZ V, JIMÉNEZ-FEIJOO S, RODRÍGUEZ-DÍAZ MP, MARTÍNEZ-REGLERO C, MORENO-MARTÍNEZ A. Análisis del patrón de consumo de psicotropos y drogas de abuso en el hospital de Pontevedra durante el año 2016. Revista de Toxicología. 2019; 36, 134-137.
- DOMÍNGUEZ-COMESAÑA E, ESTÉVEZ-FERNÁNDEZ SM, LÓPEZ-GÓMEZ V, BALLINAS-MIRANDA J, DOMÍNGUEZ-FERNÁNDEZ R. Are reactive C Protein and procalcitonin useful for early diagnose of postoperative intraabdominal infection after pancreaticoduodenectomy for pancreatic cancer? Cirurgía y cirujanos. 2019; 87, 662-663.
- LÓPEZ-GÓMEZ V, MORENO-MARTÍNEZ A, VARELA-DURÁN M. Green blood plasma from a patient with breast cancer after sentinel lymph node biopsy. European Journal of Anaesthesiology. 2018; 35, 983-984
- DOMÍNGUEZ-COMESAÑA E; ESTÉVEZ-FERNÁNDEZ SM; LÓPEZ-GÓMEZ V; BALLINAS-MIRANDA J; DOMÍNGUEZ-FERNÁNDEZ R. Procalcitonin and C-Reactive protein as early markers of postoperative intra-abdominal infection in patientes operated on colorectal cancer. International Journal of colorectal disease. 2017; 32, 1771-1774.
- DOMÍNGUEZ-COMESAÑA E, LÓPEZ-GÓMEZ V, ESTÉVEZ-FERNÁNDEZ SM, MARIÑO E, BALLINAS-MIRANDA M, CARRERA-DACOSTA E, PIÑÓN-CIMADEVILA MA, BARREIRO-MORANDEIRA F. Procalcitonina y proteina C reactiva como marcadores precoces de infección intraabdominal postoperatoria en pacientes operados de cáncer gastrointestinal. Cirurgía Española. 2014; 92; 240-246.
- LÓPEZ-GÓMEZ V, GONZÁLEZ-GARCÍA I, APARICIO-CASANS T, MORENO-MARTÍNEZ A. What is your guess? Which count is correct? Clinical Chemistry. 2011; 57, 1465-6.
- ÁLVAREZ GARCÍA E, SELECTA YBERN ML, SERTAL PARCERO R. Función tiroidea en el embarazo. En: Gestación y Hormonas. Comité de Comunicación SEQC. Barcelona; 2016.
Asistencia a congresos:
Comunicacións presentadas no XIV Congreso Nacional do Laboratorio Clínico (congreso virtual LABCLIN 2020):
- EVOLUCIÓN DE LA DEMANDA DE PROCALCITONINA EN EL LABORATORIO DE URGENCIAS
L. Izquierdo Velasco, M. D. Fernández de Córdoba Castosa, R. Sertal Parcero, I. Nieto Saavedra.
- INTOXICACIÓN GRAVE POR DIGOXINA
F.J. Fraíz Álvarez, M. D. Fernández de Córdoba Castosa, L. Izquierdo Velasco, I. Nieto Saavedra.
- ESTUDIO DEL AUMENTO DE LA DEMANDA DE CALPROTECTINA FECAL
F.J. Fraíz Álvarez, L. Izquierdo Velasco, M. D. Fernández de Córdoba Castosa, I. Nieto Saavedra.
- CORRECCIÓN DE HIPONATREMIA POR HIPERGLUCEMIA
L. Izquierdo Velasco, M. D. Fernández de Córdoba Castosa, R. Sertal Parcero, I. Nieto Saavedra.
- ESTUDIO DE LA ELEVACIÓN DE LA PROCALCITONINA EN UNA POBLACIÓN PEDIÁTRICA
M.D. Fernández de Córdoba Castosa, L. Izquierdo Velasco, L. A. Fernández Bao, R. Sertal Parcero, I. Nieto Saavedra, F. J. Fraíz Álvarez.
Comunicacións presentadas no XIII Congreso Nacional do Laboratorio Clínico 2019:
- ¿Se pueden establecer limitaciones a la sobreexposición analítica de la vitamina D? Analizando las evidencias.
Autores: R. Sertal Parcero, L. Izquierdo Velasco, S. Jiménez Feijóo, M. P. Rodríguez Díaz, I. Nieto Saavedra.
- Análisis comparativo de dos métodos para la cuantificación de 17ßESTRADIOL.
Autores: L. Izquierdo Velasco, S. Jiménez Feijóo, R. Sertal Parcero, M. P. Rodríguez Díaz, I. Nieto Saavedra.
- READBACK y RIGHTCARE de la función tiroidea. El obligado equilibrio entre necesidad y pertinencia.
Autores: R. Sertal Parcero, L. Izquierdo Velasco, S. Jiménez Feijóo, M. P. Rodríguez Díaz, I. Nieto Saavedra.
- Estudio de la concordancia entre métodos para la determinación de anticuerpos anticardiolipina IgG e IgM y anticuerpos antiß2glicoproteina I IgG e IgM.
Autores: S. Jiménez Feijóo; L. Izquierdo Velasco; E. del Real Llorente; I. González García; I. Nieto Saavedra.
- Deleción 3p familiar sin expresión fenotípica adversa: asesoramiento genético 30 años después.
Autores: S. Jiménez Feijóo, M. Vello Díaz, C. Méndez Velasco, A. Fernández Suárez, N. García González, L. Izquierdo Velasco, I. Nieto Saavedra.
LIGAZÓNS RELACIONADAS
- Revisión bibliográfica básica:
- Avances en medicina do laboratorio
- Clinical Chemistry
- Clinical Chimica Acta
- NEJM (The new England journal of medicine)
- Sociedades científicas no ámbito do laboratorio clínico:
- Sociedad Española de Medicina de Laboratorio (SEQC): http://www.seqc.es/
- Asociación Española de Biopatología Médica (AEBM): https://www.aebm.org/
- Asociación Española de Farmacéuticos Analistas (AEFA): http://www.aefa.es/
- Guía de consulta de probas de laboratorio: https://labtestsonline.es/