Programa "ponte guapa, sentiraste mellor"

20210618_ponteguapa_image003.jpg 

Programa da Fundación STANPA, destinado a axudar a pacientes con cancro a recuperar a súa imaxe posiblemente alterada polos efectos secundarios do tratamento, mediante talleres de beleza impartidos por profesionais de estética voluntarios e profesionais da saúde en colaboración coa AECC. Preténdese que as pacientes reforcen a súa confianza e autoestima.

20210618_ponteguapa_image002.jpg

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.