Dirección de Recursos Humanos

A área de Recursos Humanos da Área Sanitaria de Pontevedra e o Salnés está centrada nas persoas e na xestión de procesos que estes poidan requirir tanto no ámbito de atención primaria como hospitalaria. Supera, deste xeito, a estrutura tradicional para a solución de solicitudes e/ou problemas que lles poidan xurdir aos traballadores ao longo da súa vida profesional. Convértese así nunha Dirección orientada á consecución dun contorno laboral vinculado á xestión do coñecemento e dun clima laboral cun elevado sentimento de pertenza.

A Dirección de Recursos Humanos encárgase tamén das relacións laborais, así como da resolución de reclamacións e conflitos e da saúde laboral.

Para lograr estes obxectivos, a Dirección de Recursos Humanos, sita no Hospital Provincial, r/ Loureiro Crespo, n.º 2. 36002 Pontevedra, conta coa seguinte estrutura (ver "Enlaces"):

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha institución sanitaria, dependente do Servizo Galego de Saúde. Ofrece servizos sanitarios á poboación da zona de Pontevedra e do distrito sanitario do Salnés. Integra o Hospital Provincial de Pontevedra, o Hospital Montecelo, o Hospital do Salnés, o Centro de Especialidades Mollabao e os centros de atención primaria na área de influencia.