Reciba a benvida á páxina web da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pertencente ao Servizo Galego de Saúde.
O noso principal obxectivo é prestar servizos sanitarios de atención primaria e atención especializada a cantas persoas nos elixan, ofrecendo unha prestación de calidade, centrada no paciente e no usuario.
A calidade, baseada na mellora continua, a eficiencia, a amabilidade e a responsabilidade, xunto coa transparencia, son valores que están presentes na nosa actividade como área sanitaria.
Seguir innovando en técnicas e procedementos asistenciais e de xestión, así como seguir impulsando a investigación e a formación entre os profesionais son elementos necesarios para seguir avanzando no desenvolvemento profesional e persoal como vía posible para asumir o noso reto ante a sociedade en Pontevedra e O Salnés.
Unha sociedade e, ende ben, unha poboación que demanda permanentemente un trato máis humano e personalizado, que insta tamén a participar nas decisións que se tomen en materia de saúde e ante a que os profesionais temos que dar respostas que melloren a accesibilidade e as necesidades de información.
A nosa visión como área sanitaria busca afianzarse como referente asistencial, tecnolóxico e docente, onde a cidadanía perciba que a súa saúde e o seu benestar son o primeiro e onde os profesionais se sintan partícipes das metas e dos obxectivos da área.
Grazas ás ferramentas que nos proporcionan as novas tecnoloxías, convidámolos a continuar a súa visita pola nosa web, un espazo de relación e información que facilita o coñecemento sobre a nosa organización e sobre algúns aspectos de interese para a cidadanía, para os profesionais, para as empresas e as institucións.
Grazas
Un cordial saúdo,
Dr. José Flores Arias
Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés